Ciencias

Enerxías renovables, bioloxía, ciencias, política, historia, opinións…

Archive for the ‘youtube’ tag

Teatro Clandestino – Persoas sen fogar

without comments

Actuación do grupo Teatro Clandestino po las rúas de Vigo durante o Día Internacional das Persoas Sen Fogar no 2005. Colaboración con Cruz Vermella Vigo. Simone Negrin, Xoque Crbajal, Pablo Alvarado.

Written by ar

Outubro 13th, 2010 at 10:22 p.m.

Banco de Sardiñas no Aquarium da Coruña

without comments

O seguinte vídeo mostra o proceso seguido polos responsables do Aquarium da Coruña, para poder manter na Sala de Maremagnum, un banco de sardiñas, un peixe de complicada captura para que siga vivo e con condicións de vida determinadas como a súa elevada velocidade de movimentos e a posibilidade de estres.

El mayor problema es la alta estresabilidad de dicha especie, y un claro ejemplo es que un solo golpe en el tanque de estabulación provocaría la muerte instantánea de más de un 20 o 30% de los ejemplares. El estrés además tiene efectos inmunodepresores, de tal manera que los individuos son más propensos a infecciones secundarias y muerte.

No todas las especies marinas reaccionan de la misma manera al estrés. Las sardinas y otros animales pelágicos, como bocarte y caballa, son especialmente sensibles. Por ello y para minimizar el estrés del cardumen, el trabajo diario se multiplica; se alimenta de manera muy rigurosa incluyendo productos inmunoestimulantes, se controlan posibles caídas de oxígeno en el tanque (muy comunes en este tipo de cardúmenes) y se controla varias veces al día la paramétrica de calidad de agua. Además, otro factor limitante es el manejo de los individuos para lo que el personal del acuario está muy bien formado.

Acuario de Gijón


Written by ar

Outubro 7th, 2010 at 7:44 p.m.

KORUÑO, legado de Hércules

without comments

El falso documental ha estado en boga en los últimos años gracias a las películas de artistas como Sacha Baron Cohen o Christopher Guest. Las posibilidades cómicas y narrativas de este género están siendo aprovechadas por el director Daniel López para intentar explicar el origen de las expresiones y palabras que conforman el ‘koruño’, la jerga propia de la ciudad. En la pieza, que se estrenará en el mes de julio, participan actores de reconocida trayectoria teatral y televisiva como Isabel Risco y David Perdomo

La Opinión Coruña

Nadie sabe de dónde surgió hace ya más de dos décadas. Ni el secreto de su arraigo. Pero lo cierto es que el koruño, la jerga urbana que brotó entre los más jóvenes de los barrios populares, acabó por formar parte del patrimonio y seña de identidad de A Coruña. Incluso los puriles (personas mayores, progenitores) lo entienden y a veces lo practican sin tan siquiera saberlo. Pasado el puente de A Pasaxe, carece de significado para cualquiera pedir una truja (cigarillo), pasear al chukel (perro), preguntar por un kel (vivienda) o irse con la já.

Nadie sabe porque jicho o jicha, de uso tan frecuente en Vigo para designar a un tío o tía, es en A Coruña un macarrilla. O por qué “achantar”, que en castellano significa “detenerse, parar”, se utiliza en koruño para decir todo lo contrario: “achanta de ahí” es “apártate”, “quítate de en medio”.

El País

Written by ar

Xuño 25th, 2010 at 11:43 p.m.

O cultivo do polbo en vídeo

without comments

O Instituto Español de Oceanografía (IEO) difundiu en Youtube o primeiro vídeo dos avances realizados nos últimos 15 anos por varios investigadores do centro costeiro de Vigo sobre a domesticación do polbo. Durante os últimos tres lustros, o IEO de Vigo investigou a viabilidade do cultivo comercial do polbo común Octopus vulgaris. Ao longo desa etapa desenvolvéronse, conxuntamente con confrarías e asociacións de mariñeiros, tecnoloxías que permitiron o establecemento de pequenas explotacións de engorde de polbo en gaiolas flotantes.

Vía  MadridMas e LVG

Vía MadridMas y LVG

Written by ar

Maio 1st, 2010 at 10:13 a.m.

Arraianos

without comments

Documental sobre o contrabando que se produciu na raia que separa Galicia e Portugal durante a posguerra. Os testemuños están recollidos nos concellos de Vilardevós e Monterrei (Ourense). Este documental foi realizado polos alumnos de 3º de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela.

Written by ar

Marzo 24th, 2010 at 10:08 p.m.

O sexo dos polbos

without comments

Estes días coñeceuse a noticia de que biólogos da USC, descubriran que o polbo ten paternidade múltiple. Con todo, non é o único dato destes cefalópodos, porque o sexo dos polbos, é unha das maiores marabillas dos invertebrados cunha calidade e espectacularidade tal, que nalgúns casos podería lembrar ao cortexo sexual das aves.

pulpo - aquarium de seattle

Fotografía de oshkar

Os cefalópodos, en especial os polbos, son dos invertebrados non artrópodos, os máis evolucionados de todos en todos os sentidos:

– Posúen un sistema circulatorio cuasipechado, o que lles permite manter unha elevada actividade metabólica con respecto a outros invertebrados.

– Unhas branquias altamente evolucionadas con corazóns accesorios para aumentar o fluxo de sangue e o intercambio de gases.

– Un “cerebro” que domina cada brazo ou a capacidade de diferenciar obxectos de 0,5 cm a 1 metro de distancia, podendo axustar a súa visión aos cambios de luz do ambiente polo cambio de tamaño da pupila ou a migración das súas pigmentos visuais. Os seus centros nerviosos conteñen uns 160 millóns de células.

Entre outras cousas, considérase que os polbos, son os individuos máis evolucionados de todos os invertebrados debido á capacidade de resolver problemas, sortear obstáculos ou memorizar patróns.

Pero o mellor de todo, é o seu proceso reprodutivo cun brazo hectocotíleo e un espectacular cortexo sexual.

O Sexo


O acto de cortexo sexual, considérase ao comportamento animal específico que ten como finalidade obter parella e exhortala ao apareamiento e nos polbos é unha marabilla.

Os polbos non seleccionan á primeira femia que lles pasa por diante, senón que a elección de parella, é un proceso extremadamente coidadoso cun cortexo e unha sedución, coa capacidade de “porse celosos”, como en humanos, o que lles obriga a loitar cos seus rivais “polo amor dunha femia”, podendo ser loitas de até media hora e case sempre, levando a morte do rival.

Durante o cortexo, os polbos teñen produción de iridiscencia para atraer ás femias, grazas a que presentan uns órganos cromatóforos realmente complexos que están controlados por músculos.

Para cambiar de color, el individuo deforma el tamaño o la forma del sacculus por medio de contracciones musculares, logrando así variar el estado de translucidez, reflexión u opacidad de los pigmentos. Este mecanismo difiere del utilizado por los peces, anfibios y reptiles, donde lo que ocurre es una translocación de pigmentos en el interior de la célula.

Al igual que los camaleones, los cefalópodos utilizan el cambio fisiológico de color como medio de interacción social. Además, se encuentran entre los que poseen una mayor habilidad en la adaptación al fondo, presentando la capacidad de asemejar su aspecto tanto al color como a la textura del ambiente en el que se encuentren de forma excepcionalmente precisa.

Wikipedia

Cando seleccionan á femia, os polbos alargan un brazo modificado, denominado brazo hectocotíleo (terceiro pola dereita) e fan que o brazo toque á femia. O brazo hectocotíleo, recolle os espermatófotos que salguen polo sifón e son conducidos por un rego profundo entre as dúas ventosas, para acabar nunha especie de culler, na que retén os espermatóforos.

1941994_brazo-pulpo.png
Brazo hectocotíleo

Cando os ten preparados, introduce o brazo hectoctíleo na cavidade paleal da femia, nunha situación próxima aos oviductos da femia. Despois de que o macho de polbo ha fecundado os ovos na cavidade paleal da femia esta busca unha pequena cova na roca.

Cando atopa o lugar apropiado, producen unha especie de gelatina para adherir unha serie de ovos na cova, podendo albergar nese espazo uns 1.000 ovos duns 6 mm. de lonxitude. Desta forma, en determinadas ocasións, unha femia podería pór até 180.000 ovos nunhas dúas semanas.

Mentres tanto, o macho monta garda fose da cova para que ninguén veña, ao mesmo tempo, que a femia os vai lavando con chorros de auga a presión (grazas ao sifón que teñen) e vixiándoos sen descanso ata que eclosionan.

En realidade o seu brazo hectocotíleo lembra ao pene dos humanos, xa que ademais de lembrar as semellanzas no mecanismo de posta, recentemente descubriuse que contiña tecido eréctil (unha innovación dentro dos invertebrados) podendo inflalo durante a cópula.

Co descubrimento dos biólogos que participaron no proxecto coordinado por Manuel Rei:

Además, “los dos sexos tienen múltiples compañeros de cópula, siendo probable que exista algún tipo de competencia con el fin de que el último macho en aparearse deje su huella genética en la descendencia, tratando de eliminar el esperma del anterior con su brazo, cuya punta parece estar diseñada para este fin” -señala el experto-.

Sinc

Sen dúbida, o descubrimento pode ser de vital importancia para a acuicultura de polbos, xa que debido ao seu comportamento, son individuos que neste momento, non é posible crialos en catividade en piscifactorías como se fai cos rodaballos.

O peor de todo, é que unha vez que os pequenos polbos salguen á vida libre, a vida dos proxenitores finaliza.

Desde el punto de vista de su cultivo, es importante el conocimiento reproductivo de esta especie para ver cómo se deben mezclar machos y hembras. Tal como explica el investigador de la USC, el pulpo tiene una vida corta, de entre un año y medio y dos años. Y las hembras mueren al no alimentarse después del largo período que va desde la puesta hasta la eclosión de los huevos.

“Cuando se pesca un pulpo hembra de un kilo, que es el tamaño mínimo legal establecido, esto indica que ese ejemplar nunca se reprodujo, ya que en cuanto pone los huevos muere en el proceso de mantenimiento de los mismos, lo que representa una importante pérdida económica para las instalaciones acuícolas” -señala el investigador-.

Sinc

O brazo hectocotíleo en acción, gravado polos científicos da Universidade de Berkeley

O show do polbo

Máis información

Octopus vulgaris

Cortejo sexual

La sofisticada sexualidad del pulpo

Biólogos de la USC descubren que el pulpo tiene paternidad múltiple

Octopus sex more sophisticated than arm-wrestling

El show del pulpo

Cromatóforo

Pulpo enamorado

CEBOS MOLUSCOS CEFALOPODOS

Bacterias en reproducción

without comments

As células procariotas, reprodúcense por fisión binaria, dividindo o seu material hereditario e rompendo pola metade o seu “corpo”. Fisión Binaria tipo a velocidade acelerada

Fisión binaria de Lesquereusia spiralis

Written by ar

Febreiro 12th, 2010 at 10:22 p.m.

Ten algún perigo para a saúde a construción do ATC?

without comments

Coa polémica que se formou coa elección dos lugares que aspiran á construción do ATC (Almacén Temporal Centralizado), diferentes grupos ecoloxistas esgrimiron entre os seus argumentos un suposto perigo que levaría o ATC para a saúde humana. Existe perigo para a saúde humana? NON. En realidade o único perigo existente é a ignorancia e o medo que se inculca aos cidadáns para rexeitalo, pero tampouco é a panacea.

Borssele

Almacén temporal de residuos de Borssele (Holanda) – Fotografía de Radio Nederland Wereldomroep

O pasado 23 de xuño, o Consello de Ministros aprobou o VI Plan Xeral de Residuos Radioactivos (PGRR), no que se destaca a prioridade da construción dun Almacén Temporal Centralizado (ATC), para albergar o combustible gastado das centrais nucleares e outros materiais procedentes do desmantelamento das mesmas.

Na actualidade unha parte gárdanse nas propias centrais e outra parte é enviada a Francia cun custo de preto de 40.000 euros diarios, pero chegará un momento onde non se poida albergar máis residuos nas centrais. Estímase que para 2013 a central de Ascó non poida albergar máis residuos nas súas piscinas.

Para a construción abriuse un prazo de solicitudes para ser sedes nas que pór o ATC, coa consecuente contrapartida económica algo clave para pobos pequenos e que perden poboación a un ritmo constante.

A construción do ATC supón un investimento total de 700 millóns de euros e, ademais, o municipio que o albergue recibiría 2,4 millóns de euros anuais do Estado, xa que a Empresa Nacional de Residuos Radioactivos (Enresa) entregará un total de 6 millóns de euros anuais que se dividirán da seguinte forma: un 40 por cento para o municipio (2,4 millóns) e un 60 por cento (3,6 millóns de euros) para o resto de municipios da contorna, é dicir, aqueles que se atopen na área nuclear que comprende doce quilómetros á redonda da localización final do ATC.

Na elección do emprazamento, participa, unha Comisión Interministerial que está encargada de remitir ao Goberno a proposta de emprazamento do ATC, tendo presente na selección do municipio elixido múltiples factores loxísticos, socioeconómicos e ambientais, así como os estudos xeolóxicos e hidroxeolóxicos dos terreos, que aseguren a estabilidade estrutural da instalación e a estanquidade hidroxeolóxica dos residuos.

O ATC español estará deseñado para un período máximo de 100 anos, espazo de tempo en que se deben implementar os estudos xeolóxicos e radiolóxicos necesarios para abordar o Almacén Xeolóxico Profundo (AGP), autentica solución definitiva para a xestión dos residuos nucleares de alta actividade.

Na actualidade xa funciona un AGP en México, no que se albergan os residuos de Estados Unidos, pero en España desde hai tempo están a analizarse diferentes emprazamentos.

O modelo de ATC español, será igual ao existente na poboación de Borssele (Holanda), aínda que cunha capacidade 10 veces maior.

HABOG, siglas que en holandés se corresponden a las españolas ATC, ha sido diseñado a prueba de terremotos de grado 6, inundaciones, explosiones de gas licuado, huracanes o al choque de un avión F-16.

El impacto radiológico “sería nulo” en caso de que ocurrieran cualquiera de esos fenómenos, ha asegurado el responsable de COVRA, quien ha explicado que los muros exteriores de hormigón armado tienen 1,70 metros de espesor.
El almacén, que está en funcionamiento desde 2003, está ubicado en Borsselle, una localidad de unos 20.000 habitantes, que alberga también la única central nuclear en funcionamiento de Holanda, además de una central térmica, otra de carbón, una fábrica de aluminio y una planta de fosfatos.

Habog tiene capacidad para albergar entre 600 y 700 toneladas de residuos radiactivos y está dividido en tres secciones: la recepción, donde son recibidos los residuos que llegan en ferrocarril o en camión; el área de tratamiento y el almacén propiamente dicho, en el que permanecerán los residuos durante un periodo de cien años.

El MundoEuropa Press

Perigos para a saúde?

Nun principio, debemos de dicir que NON existe ningún perigo para a saúde humana pola instalación do ATC, a diferenza dunha central nuclear que si representa un perigo debido a posibles accidentes (a URSS ten un bo historial de accidentes en centrais) e por danos ao ecosistema, mentres que co ATC os perigos son mínimos.

Non hai ningún estudo que demostre o perigo para a saúde do ATC e en realidade son moitísimo máis perigosos os residuos que existen na fosa Atlántica, que durante os anos 80 foron lanzados ao mar polos holandeses e ingleses.

La primera expedición contra los vertidos nucleares en la fosa atlántica se realizó en 1981 en el “Xurelo” con 14 personas a bordo. X. Castro – Faro de Vigo


Os residuos foron lanzados en bidóns metálicos con cemento e en diferentes estudos a mediados dos 90 demostrouse que o substrato da costa galega estaba contaminada pola radioactividade procedente dos residuos.

E se alguén pensa que eran 4 bidóns está equivocado porque eran preto de 140.000 toneladas de residuos nucleares que se atopan desde hai 27 anos a 300 millas de Fisterra, na “Fosa Atlántica”, que son unha auténtica bomba de reloxaría que nos pode explotar en nada e os galegos non tivemos a oportunidade de dicir non.

Aínda que con todo, tamén debemos de dicir que pode representar algún problema o transporte até o lugar onde se poña o ATC, pero é un risco similar ao que existe na actualidade co traslado dos residuos a Francia.

Estamos de acordo que a Enerxía nuclear ten os seus riscos e a longo prazo é mala, pero iso é outro tema. Que facemos cos residuos que se xeran na actualidade? Mandámolos ao fondo do Atlántico como os holandeses?

Iso é algo que nunca din as organizacións ecoloxistas e neste momento o ATC é a única medida posible, porque a alternativa é mandalo a Francia (pasámoslle o marrón a outro)

O único perigo que ten o ATC, é o medo da poboación inducido por organizacións contrarias á enerxía nuclear e que non valoran consecuentemente todas as alternativas.

PD: Se alguén pensa que son un pronuclear, nada diso xa que me parece unha enerxía daniña para os ecosistemas e con problemas a longo prazo, pero con todo, estou concienciado que o ATC é algo que non queda máis remedio que facelo.

Máis información en 123456 7 89 – 10 – 11

O Pai do Vento

without comments

Se Carl Lewis, era coñecido co apodo de “o fillo do vento”, logo do vivido hoxe en Berlín nos mundiais de atletismo, Usain Bolt, debería chamarse “o pai do vento” logo de rebaixar o récord do mundo dos 100 metros lisos a 9,58 segundos.

E ademais esta vez, correu os 100 metros; bueno en realidade 95, pero non os 70 metros como lle pasou o ano pasado en Beijing, onde entrou pavoneándose da sua superiorida.

Mención aparte, hai que destacar a Gay e a Powell, que fan que esta sexa unha das mellores finais do mundo, ao estar varios corredores por baixo de 10 segundo e ata Gay, hoxe logrou a terceira mellor marca de toda a historia, con 9,71; pero non lle bastou para superar ao pai do vento.

Máis información, sobre a carreira 1

Written by ar

Agosto 17th, 2009 at 12:23 a.m.

Cerimonia da apertura da fronteira entre India e Pakistán

without comments

Todos os días, xusto antes do solpor, as forzas de seguridade da fronteira indo-pakistani de Attari/Wagah reúnense para realizar unha cerimonia duns 20 minutos.

O teatro militar da pechadura de fronteira, converteuse nunha autentica tradición patriótica, ata o punto que se construíron gradas para recibir aos centos de asistentes que a diario desprázanse á fronteira, a 30 km de Amritsar. O show é tal, que na porta hai todo tipo de tinglados con palomitas, refrescos, recordos do evento, etc.

Cerimonia da apertura da fronteira entre India e Pakistán, narrada por Michael Palin para a BBC. (En Inglés)

Written by ar

Agosto 15th, 2009 at 12:16 a.m.