Ciencias

Enerxías renovables, bioloxía, ciencias, política, historia, opinións…

Archive for the ‘xunta’ tag

Milleiros de persoas na marcha pola sanidade pública galega

without comments

Menor asistencia da agardada na marcha pola sanidade pública galega na cidade de Vigo na que se pediu a berros a dimisión da conselleira Pilar Farjas pola “política de privatizacións” que realiza a Xunta. Segundo a Policía Local e organizadores coinciden con case 10.000 persoas participaron na marcha, nada que ver coas máis de 40.000 da manifestación en Marzo do 2010. (Faro de Vigo fala de 3.000 persoas unha cifra moito máis aproximada á realidade)

A marcha partiu ás 20.00 horas da rúa Pizarro, fronte ao hospital Xeral, e tras percorrer a praza de España, Gran Vía, Urzáiz e Colón, culminou ante a sede administrativa da Xunta, na praza da Estrela. Encabezada por unha pancarta coa lema “SOS Sanidade Pública en Perigo, non á privatización'”, na manifestación participaron algúns líderes políticos como o alcalde vigués, Abel Caballero, ou o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez.

Tamén os sindicatos representados nos comités dos diferentes centros sanitarios de Vigo; agás o sindicato Médico que decidiu absterse e diferentes coletivos da defensa da sanidade pública galega en especial os da ría viguesa.

Privatización do Novo Hospital.

Os manifestantes, reclamaban a non privatización do novo hospital vigués, que se comeza a construir en Beade, ademáis da recuperación do proxeto do hospital oncolóxico do Meixueiro e os módulos de investigación clínica do novo hospital.

O novo hospital de Vigo, inicialmente planificado durante o bipartito supuña un custe de pouco máis de 450 Millóns de Euros e case 1.500 camas.

O novo proxecto do governo Feijóo, supón a replanificación do proxecto, ó só ter 900 camas e un custe de 1.800 millóns de euros; no que se inclúe a concesión durante 30 anos dos servizos de lavandería, cociña e limpeza a empresas privadas, ademáis do peche dos hospitais Xeral, Nicolás Peña e Cíes.

Vídeo do BNG na Manifestación

Written by ar

Outubro 27th, 2011 at 9:50 p.m.

Seguimento dos lumes en Galicia (2011)

without comments

Neste mapa de Google Maps, pódese facer un seguimento los lumes existentes en Galicia neste 2011. A fonte de datos tentará ser sempre pública e contrastada, sendo fundamentalmente medios de comunicación, información oficial e datos do FIRMS Web Fire Mapper. Recordemos que o ano pasado, a Xunta non informaba dos lumes inferiores a 20 hectáreas, polo que este seguimento online feito por usuarios é clave para ter unha información completa sobre os lumes


View Incendios Forestais – Galicia 2011 in a larger map

Nesta ligazón a Xunta informa do risco de Incendio diario e no seguinte PDF sobre os medios dispoñibles para a extinción dos lumes

Written by ar

Xuño 30th, 2011 at 6:10 p.m.

Conxeladas as axudas á Investigación en Galicia

without comments

Seguindo a política redución de Gasto que leva aplicando a Xunta de Galicia, acábase de anunciar a conxelación de novas axudas á investigación en Galicia e a redución dos programas de investigación actuais.

O pasado martes 14 de Xuño, na Secretaría Xeral de Universidades da Xunta de Galicia, explicouse aos vicerreitores das tres universidades galegas, que xa se atopan transferidas as competencias en materia de Investigación desde a Consellería de Industria e desde a Consellería de Educación (Secretaria Xeral de Universidades).

Ao mesmo tempo, nesa mesma reunión, informouse aos vicerreitores de investigación sobre as previsións da Xunta no referido ás convocatorias que se esperan realizar ao longo de 2011.

Estas previsións resúmense en cinco puntos segundo o comunicado a Vicerreitoría de Investigación da USC; sendo o punto cinco o clave:

1 – Consolidación de grupos. Estase a resolver a recente convocatoria de grupos, e esperan sacar unha nova convocatoria de grupos este ano para ‘grupos preconsolidados’.

2 – Sairá unha convocatoria de contratos predoutorais (posiblemente a principios de Xullo), dentro do plan I2C, que substitúe ao antigo plan INCITE.

3 – Sairá unha nova convocatoria para estancias, pero só para os contratados María Barbeito e Anxeles Alvariño.

4 -Sairán as prórrogas dos programas Parga Pondal, Isabel Barreto e María Barbeito correspondentes ao anterior plan INCITE 2006-2010.

En concreto, a Consellería de Educación comprometeuse onte ao financiamento da consolidación, durante tres anos, de todos os investigadores do programa Parga Pondal contratados polas tres universidades galegas.

Segundo o comunicado da Xunta

“A Consellería de Educación anunciou que financiará durante tres ano a aqueles investigadores procedentes do programa Parga Pondal, e que estean contratados de xeito estable polas universidades galegas. Vázquez Abad sinalou que estas axudas supoñen un investimento de 1.118.000 non ano 2011 para a consolidación de 26 investigadores que levan contratados desde ou 1 de xaneiro de 2010 ata ou 1 de xuño do presente ano. Cómpre destacar que 4 destes están contratados pola Universidade dá Coruña; 6 pola de Vigo; e 16 pola de Santiago de Compostela.”

5 – Non se convocarán novas axudas para proxectos de investigación, nin axudas para agrupacións estratéxicas, nin contratos posdoutorais, nin de tecnólogos.

É este último punto, o que máis ou menos se esperaba pero non desta forma, cunha conxelación total ás novas axudas á investigación, xa que había a esperanza de que se convocase algunhas novas axudas.

Algo parecido ocorreu co programa Manuel Colmeiro, creado polo Bipartito e no que se anunciou recentemente que só se manterían un total de 15 prazas, moitas menos das que existían. A argumentación da Dirección Xeral de I D, é que o anterior goberno bipartito sobredimensionou os seus programas de recursos humanos.

Xa no mes de Decembro, os investigadores das Universidades galegas concentráronse ante todas as sedes da Xunta en Galicia para protestar por devandita situación

Written by ar

Xuño 21st, 2011 at 6:59 p.m.

Borrador da Nova Lei de Montes de Galicia

without comments

A Xunta acaba de dispoñer a disposición pública o borrador da Nova Lei de Montes de Galicia. Pódese descargar dende esta ligazón ou vendo o arquivo a continuación.

Borrador_Lei_de_Montes_de_Galicia

Written by ar

Xuño 17th, 2011 at 2:18 p.m.

A Xunta anuncia sen data a ampliación da Rede Natura (outra vez)

without comments

O director Xeral de Conservación da Natureza, Ricardo García-Borregón, anunciou onte que a Xunta vai a ampliar a superficie da Rede Natura nun 40%.

Segundo adiantou na comisión parlamentaria, antes de fin de ano vanse iniciar os trámites para a ampliación. Ricardo García-Borregón, anunciou que Galicia engadirá 22 novos Lugares de Interese Comunitario e ampliaranse un total de 26.

A Oposición recordoulle a que o prazo que lle dera a CE para a ampliación, remata neste mes de decembro. De non ampliar a superficie, pode enfrontarse a sancións da UE, ó ser unha das comunidades con menor superficie incorporada no conxunto do Estado á Rede Natura cun 11,6%.

Carmen Gallego do PSdG, instoulle ó alto cargo a que anunciase a data na que vai saír á exposición pública a ampliación, xa que o propio Director Xeral, anunciou en Xuño de 2010 que íase abrir o prazo de información.

Máis info

A Xunta anuncia sen data a ampliación da Rede Natura

A Xunta promete aumentar a Rede Natura un 40%

A Xunta volve adiar a mellora da Rede Natura con risco de sanción

Written by ar

Novembro 18th, 2010 at 11:45 p.m.

A Xunta segue coa súa política de escurantismo informativo en materia contra incendios

without comments

A Xunta de Galicia segue coa ocultación de datos, na súa política contra incendios. O último caso, foi o incendio que está a afectar a Laza, que comezou o domingo. Ese día, o incendio “non existía”, o luns oficialmente había 15 hectáreas calcinadas e onte de súpeto, xa había 900. Os medios desprazados sobre o terreo, falan de que son moitas máis hectáreas das que fala a Xunta. Todo un exemplo da nefasta política en materia antiincendios con recorte de fondos (8,7 millóns en 2010) e unha televisión pública que até hai unha semana non informaba os incendios menores de 80 Ha

O incendio que se orixinou sobre as 16 horas do Domingo pasado, na parroquia de Camba, en Laza (Ourense); segue activo debido a unha Xunta totalmente desbordada, nunha zona de alto valor ecolóxico, xa que se atopa moi próximo do Parque Natural do Invernadoiro, que forma parte da Rede Natura e declarado lugar de Interese Comunitario (LIC É1130002 – pdf), e do que a Xunta está obrigada a informar de toda incidencia e de actuar con maior medida que no resto de lugares. Nesta ocasión, o incendio afectou a parte do LIC.

Características

Formaciones herbosas de Nardus, brezales secos y pastos pioneros sobre superficie rocosa. Prados ibéricos silíceos de Festuca indigesta. Robledales de Quercus robur y pyrenaica. Pinares de Pinus sylvestris.

En el extremo oriental de la LIC encontramos las Gargantas del río Bibei, con fuertes pendientes, viñedos aterrazados, encinas y olivares que denotan un enclave de marcada influencia mediterránea.

Calidad

Zona de alto interés botánico que en la actualidad se recupera de los efectos de un incendio en 1985; presenta intrusiones de especies mediterráneas y amplias zonas de regeneración natural del bosque autóctono (Parque Natural do Invernadeiro).

Poblaciones estables de Lobo (Canis lupus).

No existe ningún núcleo habitado en la zona central de O Invernadeiro- Serra de Queixa (5000 Has).

Muy buena representación del hábitat 6230 (Formaciones herbosas con Nardus) conteniendo el 97% de lo existente en Galicia-atl, lo que representa el 90% de lo existente en la región atlántica.

También es destacable la presencia de prados ibéricos silíceos de Festuca indigesta (6160).

Vulnerabilidad

Zona de alto riesgo de incendios por quemas incontroladas. Alto riesgo de mortandad de fauna por uso de veneno.

MARM – PDF

Grazas á nova política en materia contra incendios posta en funcionamento o ano pasado, para a Xunta os incendios non son incendios, ata que levan 20 hectáreas calcinadas.

O Domingo, o incendio non existía e o luns, como “oficialmente” non excedía as 15 hectáreas tampouco se informou. Onte, a Consellería de Medio Rural, informou de que o incendio xa levaba 900 hectáreas, aínda que medios desprazados sobre o terreo, xa están a falar de que levan entre 1.500 e 2.000 hectáreas.

Os propios militares da Unidade Militar de Emerxencias, que tiveron que regresar a Galicia onte (despois de que a Xunta dixéselles que non os necesitaban debido aos poucos incendios que había), xa falaban de máis de 1.000 hectáreas, cando a Xunta aínda non sacara a nota na que informaba das 900 hectáreas oficiais.

Para escusarse, a Xunta afirma que a zona é de moi complicado acceso, así como dos fortes refachos de vento. Aínda que eses factores non provocan que oficialmente se pasen de 15 a 900 hectáreas.

Por su parte, distintos alcaldes de ayuntamientos limítrofes con Laza han asegurado a Europa Press que las llamas no han afectado a sus municipios. Así, tanto el regidor de Castrelo do Val, Vicente Gómez, como el de Cualedro, Luciano Rivero, y el de Vilariño de Conso, Ventura Sierra, han confirmado que el fuego se extendió hacia el Norte y, en concreto, hacia la vecina localidad de Chandrexa de Queixa.

En todo caso, Gómez ha resaltado que el fuego “lleva ardiendo varios días” y que el frente es “bastante amplio”. “Se trata de un incendio de grandes proporciones”, ha recalcado, para advertir a continuación a la Xunta de la importancia de dar “datos correctos”. “Engañándose uno mismo no se consigue nada más que provocar a los que plantan fuego”, ha puntualizado.

Europa Press

Para combater o incendio de Laza, o Estado Central, envío 120 militares, 24 vehículos, seis motobombas e catro camións, que sumaron aos 9 axentes forestais, 26 brigadas, sete motobombas, tres pas, 10 helicópteros e once avións que xa traballaban na extinción

Todo se suma ás denuncias de recorte de Fondos en materia de prevención e das pésimas condicións laborais do persoal para a extinción dos incendios da Xunta de Galicia.

Por su parte, el sindicato CCOO denunció este martes las “penosas” condiciones laborales del personal que trabaja en los operativos contra incendios y criticó el recorte de cerca de nueve millones de euros acometido por la Xunta en materia de prevención.

La responsable de salud laboral del sindicato, Ascensión Esteban, señala en un comunicado que existe una “falta de inversión” en medios técnicos y humanos y lamenta la falta de formación de los profesionales que día a día se enfrentan a un fuego “que no da cuartel”.

Esteban explica que los trabajadores que integran las brigadas contra incendios son contratados eventuales cuya formación es “ridícula” pues se limita a un curso de dos días que no contempla ninguna parte práctica. “Esta situación provoca no solo inseguridad sino también un alto riesgo de accidentes de consecuencias irremediables”, asegura la sindicalista.

El MUNDO

En días pasados, decatabámonos mediante informacións en El País, de que os axentes forestais reciben botas que non se poden achegar ao lume (1) ou que a Xunta repartiu agora as axudas para a limpeza de montes.(2)

(1)

La Xunta entregó este año por todo material de protección personal a los forestales fijos que trabajan en la extinción de incendios unas botas de goretex de la marca Robusta. En la etiqueta del calzado se advierte, junto a otras instrucciones de uso: “No las acerque a una fuente de calor porque se acartonaría la piel”. Los agentes no las usan en sus salidas para apagar los fuegos (son de uniforme, no de extinción) pese a que los delegados en el comité de seguridad de prevención de riesgos preguntaron a los representantes de la Xunta si el calzado era apto para acudir con él a los incendios “y contestaron que sí”, sostiene Carlos Hermida, delegado de prevención del comité de seguridad y salud de incendios de Galicia, que preside el conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez.

El PAÍS

(2)

La Consellería de Medio Rural empezó la pasada semana a notificar a las comunidades de montes en mano común las ayudas para la prevención de incendios forestales que fueron convocadas en abril y que, para mayor sorpresa de los solicitantes, excluyen toda subvención a la contratación de personal para las labores objeto de la convocatoria, fundamentalmente la limpieza del monte. En algún caso, la notificación de las ayudas otorgadas se produce cuando ya ha ardido el monte que se trataba de proteger.

EL País

Onde se atopa Feijóo?

Nesta ocasión, o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, aínda non acudiu a pé de incendio, tal como fixese en 2006 cando acudiu xunto con Mariano Rajoy e Rafael Louzán, a “extinguir os incendios”.

Fotografía de Josecarlos

Esta mañá, en lugar de acudir sobre o lugar para informarse ou facerse a foto, está no porto de Burela (Lugo) e ao longo de todos os incendios ocorridos en Galicia, non acudiu a ningún, a informarse sobre o terreo.

Contraste coa etapa do Bipartito

Durante o 2006 co Bipartito, a Consellería de Medio Rural, encargada da xestión da extinción dos incendios, facía público o número de focos activos, localización, os medios presentes, nivel de alerta, estradas e entidades de poboación afectadas. Para iso, informábase mediante SMS, vía telefónica e mediante internet na páxina de Medio Rural (agora xa non é accesible), con actualización cada media hora nos momentos máis fortes da crise (até 300 focos simultáneos), independentemente da súa extensión.

Todo iso, a pesar de que era unha publicidade moi negativa para o goberno, que en moitas ocasións estaba desbordado pola magnitude da catástrofe. De feito, a maioría de medios de comunicación podían ter directa co Conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, podéndoo localizar á 1 da mañá para entrar en directo nos medios informativos, algo que foi aplaudido mesmo pola oposición.

Este mapa, é un mapa realizado por internautas, ante a ausencia de datos e manipulación informativa da Xunta de Galicia
Ver Incendios Forestais – Incendios Forestales – Galicia 2010 nun mapa máis grande

Máis información

La Xunta no informó del fuego en Laza, que ya arrasó 2.000 hectáreas

El fuego arrasa más de 1.000 hectáreas en Ourense

Los incendios se disparan en Ourense y desbordan a la Xunta

El PSdeG censura el recorte de la Xunta de 8,7 millones

Sierra de O Invernadoiro a análisis.

Desfeita incendiária atinge o Invernadoiro e ameaça a Serra do Courel

Oscurantismo informativo

Despliegue militar en Laza para controlar el incendio más devastador de Galicia

Os recortes da Xunta en materia de prevención de incendios poñen en perigo os montes

31 Minicentrais en camiño de ser aprobadas pola Xunta

without comments

A Xunta de Galicia segue coa súa política de desfeita dos ríos. Despois de anos nos que se permitiu todo nos ríos galegos, segundo o anunciado no DOGA do pasado Venres, poderanse pór en funcionamento 31 novas minicentrais (aprobadas durante os últimos días do Goberno de Fraga), se se adaptan ás novas esixencias medioambientais, a pesar de que foron rexeitadas polo Parlamento de Galicia e a propia Xunta recoñece o mal estado dos ríos e os encoros da Demarcación na que se proxectan as novas minicentrais.

Convén lembrar que Galicia é unha das rexións cos ríos máis “encaixoados” de toda Europa, debido á existencia de grandes centrais hidroeléctricas e minicentrais, que impiden o avance natural dos ríos, cos problemas de sedimentación, modificación de microclima e un longo etcétera.

As 31 novas minicentrais que se prevén que estarán en funcionamento sobre 2015, vanse a concentrar principalmente nos ríos Ulla, Verdugo e Tambre; que son os 3 sistemas de explotación máis sobrecargados, algo recoñecido tanto no Plan Hidroeléctrico de Galicia Costa, como pola propia Unión Europea, que xa avisou dos perigos existentes de novas minicentrais se se quere cumprir coa Directiva Marco da auga, que obriga a alcanzar un bo estado das augas antes do 2015.

No propio preámbulo da “Lei 5/2006, do 30 de xuño, para a protección, a conservación e a mellora dous ríos galegos (DOG Nº 137, 17.07.06)”, recoñécese que os problemas das centrais hidroeléctricas na calidade das augas de Galicia.

As paisaxes de Galicia están determinadas polos seus ríos. A auga e os ríos tiveron desde sempre un alto valor simbólico en Galicia; significaron hospitalidade, fraternidade e fonte de vida no sentido máis amplo. Arredor dos usos tradicionais da auga xurdiron relacións sociais e culturais integradoras, que permanecen na forma de recursos histórico-culturais e etnográficos.

Mais os ríos atópanse hoxe en perigo. A alteración física, debida sobre todo ás presas hidroeléctricas, a perda e degradación dos hábitats, a invasión das zonas de inundación por todo tipo de construcións, a sobreexplotación, a contaminación e a introdución de especies non nativas son os factores que máis contribúen á diminución da súa biodiversidade. Os mencionados recursos socioculturais corren a mesma sorte ca os ríos.

As presas hidroeléctricas fan que máis do 70% dos nosos leitos fluviais sexan inaccesibles ás especies migratorias. O salmón é un bo indicativo da perda de poboacións nos nosos ríos: nos últimos cincuenta anos as súas existencias reducíronse en máis dun 99%.

Lei 5 – 2006 — Augas de Galicia

Mesmo no Documento de Síntese do Plan Hidrolóxico de Galicia Costa, que é no que se basea para “recuperar” as novas minicentrais, recoñécese a sobreexprotación dos ríos.


De forma global, se observa que las masas de agua superficiales en mal estado de la Demarcación se encuentran mayoritariamente impactadas por la alteración del hábitat, seguido por la contaminación por nutrientes, sustancias prioritarias y materia orgánica.

A propia Xunta recoñece que os ríos están sobreexprotados, e con todo permitirá máis sobreexprotación:

O 27,5% dos Ríos Naturais e moi modificados (excepto encoros) non alcanzan o bo estado.

– Dos 17 encoros existentes na Demarcación, só 3 cumpren o bo estado e 14 deles non alcanzan o bo estado.

Picar para ampliar

Picar para ampliar

Documentación Plan Hidrolóxico Galicia Costa (Documento de Síntesis)

Se a propia Xunta recoñece o mal estado do 27% dos ríos da demarcación e do 82% dos encoros existentes na demarcación, porque permite novas minicentrais?


O problema das novas minicentrais, é que durante anos, apenas se realizou unha vixilancia ambiental nas concesións, o que provocou a desaparición de flora autóctona de fraga de río, para ser substituídos por especies invasoras como o Eucalipto; de “crecemento rápido para minimizar o impacto ambiental” pero sen ter os brutais efectos sobre o ecosistema e na maioría dos casos, os novos encoros como o do Umia ou das Minicentrais, simplemente proxectáronse cun interese económico e non ecolóxico/social (inundacións, etc…)

E o peor de todo, é que o control ambiental segue empeorando, cos asuntos turbios dun Conselleiro de Medio Ambiente imputado por falsidade documental por asinar obras como acabadas cando non finalizaran.

O chocante é que se trata da mesma persoa que permitiu a construción do Encoro do Umia, cando era Subdirector Xeral de Infraestruturas Hidráulicas, cunha Declaración de Impacto Ambiental copiada literalmente dun proxecto para HUELVA, no que nin se molestaron en cambiar os topónimos como Poboa de Guzmán ou Río Guadina e no que segundo esa “declaración”, en Caldas hai Lince Ibérico.

¿Puede una presa en el río Umia a su paso por Caldas afectar al lince ibérico? ¿Hay carreras de caballos en las inexistentes playas del monte Aloia? Así de surrealistas son algunas declaraciones de impacto ambiental presentadas por empresas para actuaciones en el medio natural gallego. Varios de los expertos que participaron en la mesa redonda A conservación dos ecosistemas. A problemática de Galicia denunciaron ayer que la mala calidad de estos documentos, unida a la pasividad de las administraciones, pone en jaque al patrimonio natural de la comunidad.

El Correo Gallego

Ademais, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e o Supremo consideraron ilegal a urxencia da ocupación de Leiras.

Non máis minicentrais nos ríos galegos

Máis información

Lei 5/2006, del 30 de xuño, para a protección, a conservación e a mellora dos ríos galegos (DOG Nº 137, 17.07.06)

Documentación Plan Hidrológico Galicia Costa

INFORMES BÁSICOS SOBRE O ENCORO DO RÍO UMIA.

Novo Plano Hidrolóxico: a excusa da Xunta para continuar co saqueo dos nosos ríos

La Xunta abre la puerta a 33 minicentrales más en ríos de gestión gallega

Oposición y ecologistas denuncian el “saqueo” fluvial del Plan Hidrológico

La Xunta reactiva 31 minicentrales eléctricas anuladas por el bipartito

Escurantismo informativo

without comments

Nos últimos días estamos a ver como as condicións climatolóxicas adversas, están a facer que Galicia estea en risco extremo de alerta de incendios. Mentres tanto, a Xunta  adícase a ocultar os datos dos incendios menores de 20 Ha, sen ofrecer os balances do terreo queimado, limitándose a dicir que é un “verán complicado” e impedindo que a TVG informe os incendios menores de 80 Ha. Durante o 2006, a Xunta ofreceu datos pormenorizados de todos os focos, independentemente da extensión. Cal é o motivo polo que agora non se informe?

Durante o 2006 co Bipartito, a Consellería de Medio Rural, encargada da xestión da extinción dos incendios, facía público o número de focos activos, localización, os medios presentes, nivel de alerta, estradas e entidades de poboación afectadas. Para iso, informábase mediante SMS, vía telefónica e mediante internet na páxina de Medio Rural (agora xa non é accesible), con actualización cada media hora nos momentos máis fortes da crise (até 300 focos simultáneos), independentemente da súa extensión.

Situación dos focos de incendios entre os días 9 e 11 de Agosto de 2006. Cada pirámide verde, representaba un foco de lume. Capturas da páxina de 112 Galicia, entre o 9 e 11 de Agosto.

Todo iso, a pesar de que era unha publicidade moi negativa para o goberno, que en moitas ocasións estaba desbordado pola magnitude da catástrofe. De feito, a maioría de medios de comunicación podían ter directa co Conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, podéndoo localizar á 1 da mañá para entrar en directo nos medios informativos, algo que foi aplaudido mesmo pola oposición.

E co engadido dos noxentos réditos políticos que fixeron mediante fotos como a do entón líder da oposición, Alberto Núñez Feijóo, fotografándose apagando un lume cunha mangueira e con Mariano Rajoy e o Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, a “pé de incendio”, a pesar de que Louzán non repartiu os fondos para a limpeza de montes e a convocatoria de cuadrillas de extinción de incendios.

Fotografía de Josecarlos

Xa o ano pasado, a Xunta de Galicia anunciou que só ía ofrecer os datos dos incendios maiores a 20 hectáreas ou os que puñan en perigo a seguridade cidadá. Para xustificarlo, a Xunta, amparábase no secuestro da información sobre incendios para “evitar a alarma social”.

Este ano estase volvendo repetir a situación, pero co agravante de que as condicións climatolóxicas son moitísimo máis favorables ao risco de incendio polas altas temperaturas (+ de 30 graos centígrados), baixa humidade (menor ao 30%), a ausencia de choivas desde o 9 de Xullo e o vento do Norte.

O actual conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, recoñeceu o 5 de Agosto, que o mes de Xullo fora “un mes complicado” en materia de incendios forestais, porque o tempo “estaba a ser complicado”, en especial por culpa do tempo do norte, que dificultaba as tarefas de extinción. A pesar de recoñecer que estaba a ser complicado, o Conselleiro, negouse a ofrecer os datos das hectáreas queimadas, simplemente quedándose en que “todos os incendios son moitos”.

A semana pasada durante o incendio que afectou á localidade de Fornelos de Montes (Pontevedra) e na que faleceron dous brigadistas, por culpa segundo os primeiros indicios dun cambio de vento, a Xunta non informou o incendio, ata que non quedou outra que informar porque faleceran os dous brigadistas.

Un caso paradoxal foi o de Marín no que unha columna de fume era perfectamente visible desde Vigo (20 quilómetros de distancia) e no que a Xunta se negou a informar, ata que excedeu as 20 hectáreas. Todo contrasta, coa información ofrecida polo MARM, que informou os incendios aos que desprazou medios propios, en moitos casos, menores ás 20 hectáreas dos que se nega informar a Xunta.

A todo iso sumar, que a TVG, a televisión pública, desde o sábado pasado, só informa daqueles incendios superiores a 80 hectáreas, cando durante o bipartito informábase mediante mapas dos focos de incendio e con conexións en directo.

Para botar máis leña ó lume, onte decatabámonos mediante informacións en El País, de que os axentes forestais reciben botas que non se poden achegar ao lume (1) ou que a Xunta repartiu agora as axudas para a limpeza de montes.(2)

(1)

La Xunta entregó este año por todo material de protección personal a los forestales fijos que trabajan en la extinción de incendios unas botas de goretex de la marca Robusta. En la etiqueta del calzado se advierte, junto a otras instrucciones de uso: “No las acerque a una fuente de calor porque se acartonaría la piel”. Los agentes no las usan en sus salidas para apagar los fuegos (son de uniforme, no de extinción) pese a que los delegados en el comité de seguridad de prevención de riesgos preguntaron a los representantes de la Xunta si el calzado era apto para acudir con él a los incendios “y contestaron que sí”, sostiene Carlos Hermida, delegado de prevención del comité de seguridad y salud de incendios de Galicia, que preside el conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez.

El PAÍS

(2)

La Consellería de Medio Rural empezó la pasada semana a notificar a las comunidades de montes en mano común las ayudas para la prevención de incendios forestales que fueron convocadas en abril y que, para mayor sorpresa de los solicitantes, excluyen toda subvención a la contratación de personal para las labores objeto de la convocatoria, fundamentalmente la limpieza del monte. En algún caso, la notificación de las ayudas otorgadas se produce cuando ya ha ardido el monte que se trataba de proteger.

EL País

E tan complicado informar puntualmente dos incendios como se fixo durante o 2006?

O mapa que vos mostramos a continuación, é un mapa amateur, produto da recompilación dos datos oficiais como do non oficiais que achegan os medios de comunicación e usuarios de internet (Galicia arde e a Xunta ocúltao!!!), e que a Xunta se nega a dar.

Ver Incendios Forestais – Incendios Forestales – Galicia 2010 nun mapa máis grande

Máis información

Ver Galicia arder

– 2006 – Rajoy reclama indemnizaciones para los afectados por incendios

El Circo Feijóo

Feijoo ya no posa sacando la manguera para apagar el fuego en Galicia

Un verán máis, a Xunta oculta os lumes forestais

Mueren dos bomberos en un incendio forestal desatado en Pontevedra

Los agentes forestales reciben botas que no se pueden acercar al fuego

La Xunta “privatiza la coordinación antiincendios con un concurso a dedo”

La Xunta reparte ahora las ayudas a vecinos para limpiar el monte

2009 — Medio Rural limita la información sobre los incendios para “evitar alarma social”

Unha perda para a cultura Galega

without comments

Hoxe anunciouse a perda de dous medios de información en Galego como son Vieiros e o portal de novas Chuza!. Ambos medios, con temáticas diversas, eran parte do referente cultural e do internet en Galego. Unha ventá aberta ó exterior en galego que marchan “até sempre” como dicía Vieiros.

Até sempre

Hoxe, 24 de xullo de 2010 e véspera do Día Nacional, Vieiros pecha logo de 15 anos de ilusión e esforzo por manter o medio que sempre soñaramos.

Nacemos cando a rede galega estaba aínda en cueiros e ningún medio do país estaba na web. Tivemos a mesma forma de entender Galiza que aquela revista homónima do exilio liderada por Luís Soto: un país moderno e aberto ao mundo, sen complexos e con todo o futuro por diante.

Vieiros foi desde o comezo unha iniciativa aberta e independente, que pretendeu abeirar a toda a comunidade de galegos alí onde estiveren, na crenza de que Galiza non é só un territorio, senón tamén un espazo de comunicación. E nese espazo, Vieiros converteuse no cerne de múltiples proxectos, tanto propios como alleos. Do seu impulso xurdiu o primeiro especial electoral on-line (Eleccións Galegas de 1997), a primeira ciber-charla cun persoeiro (Isaac Díaz Pardo), o primeiro vocabulario sexual realizado coa colaboración dos lectores, a primeira experiencia de creación literaria en rede (Por conto alleo, de Camilo Franco), ou a creación de ‘A Polo Ghit’, o primeiro concurso da canción galega do verán.

Como punto de referencia dos internautas galegos no mundo, Vieiros chegou a ter até máis de trinta correspondentes-colaboradores en diferentes lugares do mundo: desde Gotemburgo a Nova York pasando por Bos Aires e O Bierzo . Asemade, deulle abeiro a colectivos e outras publicacións, como o IGADI, Tempos Novos, Canal Ciencia, Federación Ecoloxista Galega ou Irimia.

Mais foi o labor informativo diario o que consolidou Vieiros como medio de referencia da Internet galega, sobre todo a partir do Prestige, cando -cun esforzo informativo sen precedentes- acompañamos a resposta social diante da catástrofe mentres a meirande parte dos medios maioritarios miraban cara a outro lado.

Sen embargo, e a pesar dos seus máis de 20.000 lectores diarios, Vieiros nunca foi un medio rendible e necesitaba absorber parte dos recursos necesarios para sobrevivir dunha empresa do mesmo accionariado.

En xuño de 2009, nunha situación de aparente bonanza económica no seo das dúas empresas, unha auditoría externa desvelou irregularidades económicas e administrativas de extrema gravidade, cuxa responsabilidade foi asumida por escrito polo daquela xerente e apoderado das empresas, Óscar Martínez, quen terá que responder diante da xustiza.

Este proceso levou ao peche da outra empresa e de forma inmediata deseñouse xunto cos traballadores un plan de viabilidade para salvar Vieiros, cousa que non foi posible dada a gravidade da situación, á que houbo que sumarlle o duro golpe da crise económica.

Foi pois un ano moi difícil no que empresa e traballadores intentamos de todos os xeitos manter acesa a estrela de Vieiros, pero chegou a hora de renderse.

Neste momento, só resta darlles as grazas a todos os lectores, aos que creron neste proxecto, colaboraron nel e puxeron o seu grao de area para que outro xornalismo galego fose posible. E moi especialmente aos traballadores e aos opinadores, pola súa entrega e compromiso inesgotable.

Foi un pracer. Até sempre.

Lois Rodríguez, editor de Vieiros

EDITORIAL
Un país normal

A crise que se está a vivir revela a febleza do noso sistema mediático (o que aposta polo uso normal do idioma), a pesar dos titánicos esfozos dos seus editores.

Os medios en galego viviron e viven fundamentalmente da publicidade e convenios institucionais e en moita menor medida do escaso mais valioso apoio privado. A aposta pola publicidade en galego e en medios en galego ainda non callou nas nosas empresas. A situación na prensa noutras linguas non é moi diferente, e en maior ou menor grao, o apoio das administracións é decisivo para a súa supervivencia. Pero os nosos medios son máis novos, con menos capacidade empresarial e máis febles ca outros sistemas mediáticos que acumulan décadas (cando non séculos) de experiencia ás súas costas.

Se a lingua é o principal eixo sobre o que vira a nosa identidade, o apoio aos medios que intentan que sexa unha ferramenta cotián debería ser unha cuestión estratéxica de calquera poder público, chámese este Xunta, Deputacións ou Concellos. A realidade, cando xa logo van tres décadas da nosa Autonomía, foi e é ben outra.

Nin os primeiros executivos propios, nin a longa etapa Fraga, nin o bipartito, nin aínda menos o actual Goberno amosaron interese en favorecer un espazo real para o florecemento dos medios privados en galego. Mais tamén é certo que de todos é a responsabilidade última. Non sermos quen de construír medios fortes que sexan o espello dun país máis dono e orgulloso do seu, non é máis que o reflexo no cristal da nosa realidade como sociedade.

Houbo e hai iniciativas que intentan facer normal o que é anormal. Sen dúbida o mellor exemplo son os xornais e publicacións que comparten a Asociación de Medios en Galego. Constituída en 2004, esta entidade procura consolidar un espazo comunicativo empresarial e profesionalizado na nosa lingua. Eis o pulso case heroico que seguen a manter medios imprescindíbeis como A Nosa Terra, Terra Cha Xa, A Peneira, Galicia Hoxe, O Sil, De Luns a Venres ou Tempos Novos. Tarefa de todos é soprar para que esta agra sexa cada vez máis vizosa, un alicerce fundamental para conseguir a arela de sermos un país normal.

Independencia, creatividade e esplendor

No limiar da edición facsimilar do Vieiros de México (1959-1968), publicada por Edicións A Nosa Terra, Margarita Ledo principiaba: “Estás tocando galego, como decisión de sermos independentes, criativos e esplendorosos”. A histórica publicación da que collemos o nome procurou unha Galiza moderna, aberta a Portugal, feita desde o exilio e a emigración para unha comunidade única de galegos no mundo. Esa foi a arela que tiveron aqueles visionarios (Luís Soto, Carlos Velo, Florencio Delgado…). É unha forma de entender Galiza, de pensar o país dun xeito moderno, ecléctico e desacomplexado. Foi a base editorial do actual Vieiros.

Manter esa liña e o noso labor informativo diario consolidounos como referente. O seguimento da crise do Prestige pode ser un exemplo paradigmático, Vieiros, espremendo ao máximo os seus limitados recursos abriu unha fenda nun contexto de forte presión censora. Esa forma de facer, aplicable a moitos máis casos, foi o espirito do que nunca desfalecemos.

Dedicámonos asimesmo a abrir o campo de xogo, demos voz a todas as sensibilidades dunha sociedade plural que compartía a arela de defender e facer avanzar o país. Nel sempre estivemos centrados, tanto editorial como formalmente, pensando o mundo desde aquí.

Vieiros optou desde os seus comezos por converterse no medio de comunicación dunha sociedade que estaba por vir, pero que un día chegaremos a ser. Camiñar cara a realidade na que nos gustaría vivir implica non deixarse controlar. A nosa radical independencia trouxo custos. Vivimos nun país cun escaso nivel de cultura democrática, cun quefacer informativo moi centrado en persoas no canto de ideas ou procesos. Informar desde esa postura independente e poñer ideas enriba da mesa provocou problemas, incomprensións e mesmo ataques desde todas as opcións ideolóxicas.

Pero tamén é xusto dicir que neste camiño gañamos moitos amigos e moitos parabéns. Aquí sempre atoparon abeiro todas aquelas persoas e entidades que buscasen un espazo aberto, plural, normalizador, independente e en galego. Sempre cremos que entre todos, sexan de quen sexan, con repecto e esforzos compartidos, é como vai avanzar o país.

Ao longo destes quince anos, o editor e todos os que aquí traballaron, especialmente os directores Daniel, Rocío, Anxo, María e Ramón, así como Roberto, o xefe de redacción, e os xornalistas que até aquí chegamos, compartimos a idea de que este medio se tiña que ir facendo en colaboración con opinadores e lectores. E así foi, mesmo contando con personalidades tan plurais, demos conseguido manter unha liña editorial clara ao longo do tempo e realizar un xornal que moito máis que dunha ou outra persoa foi un logro colectivo. Esa foi a nosa máis rendíbel aposta pola creatividade.

A maiores desta, esplendor e independencia, foi o que intentamos achegar a uns lectores que coma ti son creativos, respectuosos, ilusionados, críticos e solidarios, en definitiva, esplendorosos e independentes, e agardamos ter aberto novas rutas para que o país, algún día, tamén o sexa.

Unha mágoa, porque ademais de Chuza!, tamén pecha Vieiros, un referente histórico durante 15 anos na información en Galego na internet, no que tiñan acollida todas as posturas políticas.

No tema de Chuza, vai ó peche, máis pola falla de tempo do seu creador, Berto Yáñez, que polos usuarios. Como ben comentaba un xOsse, na nova da chuzada

O Boicoz acabou con chuza! Si, esa é a miña conclusión. Nin sequera a entrevista do administrador se permitiu levar a portada…,

Logo a escasa presenza dos blogs escritos en galego, a discriminación do blogomillo botou daquí a moitos blogueiros,… En fin.

Berto, poderías aclarar cales son as asociacións que rexeitaron continuar o proxecto?

Ou galeguzo

Não procuremos responsáveis ao feche. Manter Chuza não é só meter dinheiro, é também fazer um pouco de moderador, atender queixas dos usuários, fazer de ‘mecânico’… Nem todo o mundo tem a capacidade nem a paciência, e menos se não vê possibilidades de rendimento, difíceis sobretudo no contexto de crise.

E como se comentou antes, a internet galega tem ainda muitos micro-espaços que podem servir como viveiro de criatividade…

… e queda-nos o Facebook 😉

Comi dizia Vixia, há, acima de tudo, uma Galiza não virtual, mas real. Neste Festigal podemos aproveitar para vê-la e começar a preparar o futuro.

Obrigado por me ajudares a topar tanta boa gente, Chuza. Obrigado pola tua grande generosidade, Berto.

Ou Casdeiro

Eu xa hai anos, nos tempos de Arredemo, falara cun persoeiro que traballa para La Coz pero que aínda así moito fai pola cultura galega (cada quen que adiviñe…) sobre a necesidade de unirmos forzas.

Se algún día damos superado o castrismo social dos galegos (nada que ver con Fidel: falo de cada un no seu castro, e que se fodan os que machaquen os romanos), poderíamos analizar a maneira de crear unha infraestrutura humana, técnica e económica autoxestionada e autosuficiente ao máximo, que dea acubillo a todos os proxectos online non lucrativos culturais e sociais galegos.

Sego a pensar firmemente que é o camiño, se algo disto ten que server para algo.

Teño os meus apuntamentos e reflexións sobre esta leria nalgures e estou disposto a compartir ideas cando queirades e poidamos.

E Vixia

O importante de Chuza! é que é referente e punto de encontro de numerosas iniciativas e perspectivas en clave galega. Abranxe novas de todos os aspectos. Non é apenas unha parte de todo iso, tenta acollelo todo. Así que, se non ten continuidade Chuza! como tal, eu non quero substituílo por unha desas parcelas, que merecen todo o respeito. Interésame un proxecto galego amplo, para todos, ou sexa un proxecto nacional.

Igual ca publicidade aínda se podería aguantar un pouquechiño máis ou…unha mágoa.

Unha tristura de nova para os usuarios da rede galegos, porque súmase a morte doutro medio non fai moito como era Gznación e agora Vieiros e Chuza!, os dous medios, xustamente a véspera do día da Patria.

Chuza pecha

Dende hai meses, e por múltiples circunstancias, o mantemento de chuza fíxose cada vez máis complexo para min. Despois de avaliar moitas opcións decidín deixar este proxecto e ofrecer a súa xestión a determidadas asociacións e entidades que crin adecuadas para darlle continuidade.

Ninguén puido facerse cargo, polo que decidin que era o momento de poñerlle fin a chuza. E mañá é un día como calquera outro.

Chuza e, nomeadamente, outros medios históricos que desaparecen esta finde, deixan un oco importante niso que chamamos moitas veces rede galega. Pero os ocos están para enchelos. Todo o que queda a partir de agora é mellorar.

Moitas grazas por todos estes anos de colaboración.

Preguntas:

* Porque non me ofreciche chuza a min? Eu queria seguir co proxecto!!
Ben, o traspaso dunha web é algo máis complexo que pasar un contrasinal. Cando decidín que a miña etapa de administrador de chuza remataba, escollín varias organizacións e entidades que consideraba adecuadas para a continuidade e centreime nesas. Pero sempre podes coller o código fonte de chuza ou, case mellor, do menéame orixinal e montar a túa propia rede.

* Como vai ser o peche?
(actualizado) Será o 25 de xullo ás 23:59. Apagarase o servidor web. Non haberá arquivo online incialmente. Traballarase en publicar unha versión estática e reducida do arquivo. (Ver este chio)

Pailáns de San Caetano, pailáns do carallo.

with 3 comments

Núñez Feijóo

Fotografía de Xornalcerto

A vosoutros vos falo, os que vivides entre San Caetano e a TVG. Os mesmos que vos queixabades dos “dispendios” do bipartito, pero que vos gastades 500 euros por silla para a Cidade da cultura, reducides delegados en número pero non en custe… Os mesmos que falaban de austeridade pero que financian a Visita do Papa coa Televisión e co financiamento da Xunta. Os que falaban de orzamentos con razón, pero que os ides reducilos en 950 millóns, mentras reducides os impostos as vivendas e non os aumentados os que máis teñen como fan outras comunidades.

Os que falaban de dereitos pero que financian e apoian ás organizacións ultraconservadoras do Opus Dei para que non aborten. Voltamos ós tempos de Franco? Os que se queixaban das axudas do bipartito ós medios, pero que vos tamén o facedes (e base de ben).

Os mesmos que vos queixabades do concurso eólico, pero que agora ides a dalo a Iberdrola e Endesa. Casualidade?

Toma de Posesión de Feijóo – Fotografía de La Voz de Galicia

Os que decían que querían unha sanidade pública pero que no Hospital de Vigo escollen a oferta máis cara e con menos servizos públicos cunha privatización encuberta. Os que se laiaban de que mellorarían a sanidade pública pero que agora as listas de espera non deixan de aumentar e aumentar.

Os que iades a apostar pola I+D pero que acabades coas bolsas de estudantes, as bolsas de comedores escolar e deixades se pagar ós comedores, as bibliotecas, os orzamentos das universidades (2), reducides mestres en todos os institutos, reducides as axudas ós libros, a educación para maiores

Os que teñen un conselleiro imputado por falsidade documental que aprobou obras rematadas, cando non o estaban.

Agustín Hernández
Fotografía de Xornalcerto

Os que se queixaban polas obras públicas do bipartito pero que agora dan autovías ás empresas que presentan a oferta máis cara e con maior impacto ambiental e son empresas nas que traballou o Conselleiro encargado de adxudicar a obra.

Os mesmos que falaban de educación e se queixaban da “imposición” do bipartito, cando sodes vos os que impoñedes e eliminades o galego, a lingua de Galicia, das aulas.

Pailáns de San Caetano, pailáns do carallo.