Ciencias

Enerxías renovables, bioloxía, ciencias, política, historia, opinións…

Archive for the ‘vigo’ tag

O estaleiro vigués Freire bota o oceanográfico máis avanzado do mundo

without comments

O estaleiro vigués Freire procedeu hoxe á botadura, a porta pechada, do “Discovery”, o buque oceanográfico máis avanzado do mundo cuxa construción encargouna o Instituto británico de investigación ambiental (NERC) por 85 millóns de Euros para a renovación do anterior RSS Discovery, en funcionamento desde 1962

O buque deseñado pola empresa norueguesa Skipsteknisk AS; que tamén deseñou o RSS James Cook, ten  99,70 metros de eslora, unha manga de 18 metros e unha capacidade para 52 persoas, 28 delas científicos. Tras a botadura realizada no día de hoxe, o prazo de entrega definitiva ao NERC, será para Xuño de 2013 e dispoñible para a ciencia en 2014.

 

Discovery

O novo oceanógráfico RSS Discovery, é actualmente o oceanográfico máis avanzado que pode existir no mercado, ao incorporar os últimos avances tecnolóxicos e converténdoo en referencia mundial. Para o Consello de Investigación do Medio Ambiente Natural inglés, armador do novo laboratorio flotante, trátase dunha unidade de substitución do vetusto RSS Discovery construído en 1962.

O buque, ten 6 laboratorios (un principal, un para fins múltiples, outro na cuberta, un laboratorio químico e outro ambiental, así como un laboratorio de bioluminiscencia) e ademais incorpora un laboratorio de medición de salinidade. O buque, disporá tamén dun ROV.

A tecnoloxía que incorpora o Discovery, convérteo na plataforma ideal de investigación de problemas ambientais; especialmente os relativos aos cambios nos océanos e a súa relación co cambio climático, o cartografiado de deslizamientos submarinos e de terremotos así como o estudo de ecosistemas únicos e descoñecidos do fondo submarino.

Neste vídeo dunha reportaxe de onte en TVG pódese ver parte do barco xa que a botadura foi a porta pechada.

 

Estaleiros Freire e oceanográficos

El Astillero vigués de Freire, recibiu, o encargo en maio de 2010 tras gañar un concurso internacional ao que se presentaron 22 estaleiros de todo o mundo xusto no momento no que a crise comezaba a apremar ao naval vigués polo tax-lease. Entre este mes de Abril e o verán, resolveranse outro tres concursos para a construción de diferentes oceanográficos con países africanos, árabes e con Venezuela.

El Astillero, foi o encargado de construír e de botar en 2006 o “Sarmiento de Gamboa” para o CSIC de España, converténdoo no buque oceanográfico máis avanzado do organismo científico español, ao ser o primeiro buque oceanográfico español que pode traballar con ROV’s (Remote Operated Vehicle) de altas profundidades e con AUV’s (Autonomous Underwater Vehicle). Recentemente, este buque xunto co “Ramón de Margalef”; tamén construído en Vigo pero nos estaleiros Armón, foron os encargados do seguimento do volcán submarino do Hierro.

 

Foi precisamente grazas á construción do Sarmiento de Gamboa, o que lle serviu ao estaleiro para lograr ser unha referencia mundial na construción deste tipo de buques, logrando pouco despois contratos de construción de buques oceanográficos para a Universidade de Catar.

O Sarmiento de Gamboa, tamén serviu para que en 2008 o Goberno de Venezuela encargase ao estaleiro Freire en colaboración co tamén vigués de Vulcano, tres buques oceanográficos das mesmas características que o buque español. A función principal destes oceanográficos encargados pola Mariña Venezolana, será a de apoio loxístico e científico ao labor de prospección e procura de petróleo dos buques sísmicos que tamén formaban parte do contrato.

En 2011, entregou o oceanográfico “Pegaso”,  o buque de investigación mariña privado máis avanzado do mundo e foi encargado por Alejandro Burillo Azcárraga, magnate do sector das telecomunicacións en México cunha eslora de 73,5 metros, manga de 13 e unha autonomía de 10.000 millas náuticas cunha velocidade máxima de 17 nós. O barco pode albergar até 32 persoas.

O barco, máis parecido a un iate de luxo que a un buque oceanográfico, forma parte do Grupo Pegaso, unha das numerosas sociedades que compoñen o armazón empresarial da familia Azcárraga para poder ser charteado a universidades e centros de investigación mariña do todo o mundo.

Unha das curiosidades deste barco, é que nunha das cubertas principais ten unha vivenda de gran luxo de 120 metros cadrados ademais de que o barco alberga un pequeno submarino de nove metros de eslora construído en Trieste (Italia) así como un helicóptero grazas a unha plataforma de aterraxe deslizable.

Para a construción do Pegaso, empregáronse estritas medidas de seguridade, coa habilitación de carpas nas bancadas para evitar que puidese ser visto desde o exterior do Estaleiro, situado no barrio de Bouzas debido ás cláusulas de confidencialidade do contrato.

Written by ar

Abril 7th, 2012 at 5:33 p.m.

Milleiros de persoas na marcha pola sanidade pública galega

without comments

Menor asistencia da agardada na marcha pola sanidade pública galega na cidade de Vigo na que se pediu a berros a dimisión da conselleira Pilar Farjas pola “política de privatizacións” que realiza a Xunta. Segundo a Policía Local e organizadores coinciden con case 10.000 persoas participaron na marcha, nada que ver coas máis de 40.000 da manifestación en Marzo do 2010. (Faro de Vigo fala de 3.000 persoas unha cifra moito máis aproximada á realidade)

A marcha partiu ás 20.00 horas da rúa Pizarro, fronte ao hospital Xeral, e tras percorrer a praza de España, Gran Vía, Urzáiz e Colón, culminou ante a sede administrativa da Xunta, na praza da Estrela. Encabezada por unha pancarta coa lema “SOS Sanidade Pública en Perigo, non á privatización'”, na manifestación participaron algúns líderes políticos como o alcalde vigués, Abel Caballero, ou o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez.

Tamén os sindicatos representados nos comités dos diferentes centros sanitarios de Vigo; agás o sindicato Médico que decidiu absterse e diferentes coletivos da defensa da sanidade pública galega en especial os da ría viguesa.

Privatización do Novo Hospital.

Os manifestantes, reclamaban a non privatización do novo hospital vigués, que se comeza a construir en Beade, ademáis da recuperación do proxeto do hospital oncolóxico do Meixueiro e os módulos de investigación clínica do novo hospital.

O novo hospital de Vigo, inicialmente planificado durante o bipartito supuña un custe de pouco máis de 450 Millóns de Euros e case 1.500 camas.

O novo proxecto do governo Feijóo, supón a replanificación do proxecto, ó só ter 900 camas e un custe de 1.800 millóns de euros; no que se inclúe a concesión durante 30 anos dos servizos de lavandería, cociña e limpeza a empresas privadas, ademáis do peche dos hospitais Xeral, Nicolás Peña e Cíes.

Vídeo do BNG na Manifestación

Written by ar

Outubro 27th, 2011 at 9:50 p.m.

A arquitectura perdida de Vigo

with one comment

Neste vídeo, pódense apreciar algúns dos edificios emblemáticos que se perderon na cidade de Vigo. É interesante saber como lucirían hoxe en día na cidade actual. Grazas a esta reconstrución, podemos ver os edificios antigos e que foron desaparecendo nos seus emprazamentos orixinais.

Written by ar

Abril 20th, 2011 at 4:35 p.m.

Concurso Fotográfico “A Galicia dos Mil Ríos”

with one comment

A Asociación de Antigos Alumnos da Escola Oficial de Idiomas de Vigo, convoca o VII Concurso Fotográfico “A Galicia dos Mil Ríos”

Nesta ocasión, cada participante poderá mandar ata 4 fotografías en tamaño mínimo 15×20.

Existirán 2 premios de 120 e 60 euros.

Para a participación no concurso hay que enviar as fotografías xunto cun sobre pechado onde se indiquen os datos de contacto ata o 27 de Abril, á seguinte dirección:

Asociación de Antigos alumnos da EOI “Porta Aberta”
Martínez Garrido 17
36205 Vigo

Máis info no seu blogue

PD: Entereime do concurso nun cartel na UVIGO

Written by ar

Febreiro 4th, 2011 at 11:52 a.m.

A choiva das Rías Baixas fai máis produtiva á Ría de Vigo

without comments

Ría de Vigo - 31/10/2010 - HDR

Nestes días, coñeceuse a publicación do estudo definitivo por parte do CSIC mediante o proxecto IMAN, no que tras recoller durante 2 anos mostras de choiva da Ría de Vigo, chegaron á conclusión de que tras os días de choiva, a Ría de Vigo é máis produtiva. Cal é o motivo?

Todo se debe á química das choivas porque nas Rías Baixas, conteñen unhas cantidades mellores de nutrientes orgánicos e inorgánicos que aumentan a produtividade do fitoplancto e por tanto do resto de organismos da cadea trófica, neste caso o marisco da ría de Vigo.

A choiva nas Rías Baixas ten un mellor contido de compostos de nitróxeno; en especial, débese a un maior contido en ácidos húmicos, necesarios para favorecer a actividade do fitoplancto, xa que o nitróxeno é un nutriente esencial para o crecemento do fitoplancto.

Desta forma, o material depositado sobre o mar por choiva cargada de partículas en suspensión, ten un impacto positivo sobre a produtividade da ría ao promover a actividade de tanto a base como a cúspide da cadea, fitoplancto e bacterioplancton; produtores primarios e descompoñedores da materia orgánica.

Ao longo das 650 mostras de choiva dos dous últimos anos e a análise da produtividade en tres zonas de mostraxe, afastadas entre si e totalmente diferentes (Illas Cíes, Bouzas e Redondela) observaron diferenzas, como que a choiva que cae sobre as Cíes contén máis proteínas que as doutros puntos urbanos ou rurais, pero próximos ao centro urbano.

Un dos problemas que ven é que se a contaminación atmosférica aumentase por encima do normal, a produtividade xa non sería a mesma, porque en lugar de ser beneficiosos as achegas da choiva, a carga sería excesiva, polo que se convertería en contaminante ao reducir a produtividade das rías.

A diferenza principal con respecto á auga que chega dos ríos en tempadas de riadas ou con depuradoras ineficientes, é que esta chegada masiva de auga doce dos ríos, prexudica ás rías, xa que rompe a dinámica das rías tanto de nutrientes como de correntes, modificando a salinidade das rías.

Isto é especialmente notable despois das tempadas de incendios, onde as primeiras choivas, arrastran no seu proceso erosivo da capa superficial queimada diferentes cinzas xa sen materia orgánica, así como lodos e limos cuxo exceso prexudica ás rías.

Algo parecido ao que se viu na Ría de Vigo, ocorre coas zonas mariñas que están á beira dos desertos, xa que están influenciadas polos ventos dos desertos cargados de nutrientes, en especial o ferro, necesario para a cadea de transporte electrónico das plantas.

Por iso é polo que algunhas das zonas pesqueiras máis importantes do mundo estean preto de desertos (véxase Banco Canariosahariano) ou en zonas con influencia dos ventos cargados de partículas de ferro.

Por esta razón existen zonas HNLC nos océanos, que teñen unha gran cantidade de nutrientes pero unha baixa cantidade de clorofila, porque non hai ventos cargados de ferro, por iso é polo que desde hai un tempo existan proxectos para fertilizar os océanos con partículas de ferro.

PD: Gustaríame que o post fóra bastante máis completo, pero ando metido en exames.

Máis información

Proyecto Iman

La ría de Vigo produce el doble de marisco tras un día de lluvia

Las lluvias torrenciales ponen en peligro el marisco de las Rías Baixas

El agua de la lluvia tiene efectos positivos sobre la productividad de la ría de Vigo

Iron fertilization

Fertilizing the Ocean with Iron

Controlar la lluvia para sanear las rías

Teatro Clandestino – Persoas sen fogar

without comments

Actuación do grupo Teatro Clandestino po las rúas de Vigo durante o Día Internacional das Persoas Sen Fogar no 2005. Colaboración con Cruz Vermella Vigo. Simone Negrin, Xoque Crbajal, Pablo Alvarado.

Written by ar

Outubro 13th, 2010 at 10:22 p.m.

Vigo na Folga Xeral

without comments

En Vigo parece un día de ano novo. Case non hai nada aberto e a cantidade de persoas pola rúa é pequena, do mesmo xeito que os coches. Os bares que sempre se resistían agora nin abriron. Algún colexio ten xente e profesores (menos que de costume) e nos institutos parecido, cumprindo os servizos “mínimos”.

En canto á cidade o porto está parado desde onte á noite, do mesmo xeito que Citröen que entrou moi pouca xente e sen xente non poden funcionar.

O mesmo nas auxiliares de Valadares e Porriño, que teñen unha cantidade de persoas similar ás de Citröen. Nos estaleiros igual e onte entraron menos de 5 persoas a traballar en Barreiras, que é o máis importante da Ría. En Vulcano a cousa é similar

El Corte Inglés nin tentou abrir, logo de que onte sufrirá un estoupido dun cóctel molotov e con Alcampo parecido, aínda que neste caso, tiñan colectores ardendo impedindo a entrada. Caixanova (central) abriu, aínda que entraron polo garaxe.

E a noite foi moi quente con bombeiros saíndo cada pouco e lanzamento de cócteles molotov

Na UVIGO (20 km. de Vigo) algo parecido porque só hai 2 das 4 liñas de autobús e a contagotas, unha delas só vai ir até 1 km antes da Universidade, co que só hai unha liña.

En canto á prensa, Xornal e Faro non se puideron imprimir e no resto de xornais máis do mesmo, porque apenas hai quioscos abertos.

No resto de Galicia a situación é similar, aínda que hai varios detidos por lanzamento de cócteles molotov.

No que respecta as manifestacións dos sindicatos, Vigo era a cidade central das movilizacións.

Na de UXT e CCOO, a policía fala de 30.000 persoas, aínda que os sindicatos falan de 75.000 persoas. O certo, é que ocuparon a metade da Gran Vía de Vigo, e a manifestación chegou ata máis de un kilómetro de lonxitude

Ademais de UXT e CCOO, no final da manifestación tamén estaba Esquerda Unida, a CNT e o CUT.

No canto da CIG, fálase de 30.000, aínda que a CIG sobe a cifra ata as 50.000 persoas.

#folgaxeral #huelgageneral #vigo #29S

Vigo no verán de 2006

without comments

Ó ver as imaxes de Rusia abafada polo fume, recordáronme en certa forma a situación que sofreu Galicia no 2006. A imaxe que vos poñemos a continuación, tomouse no mes de Agosto de 2006 na cidade de Vigo.

Incendios Galicia

A fotografía en grande picando aquí.

Written by ar

Agosto 20th, 2010 at 11:27 p.m.

Pailáns de San Caetano, pailáns do carallo.

with 3 comments

Núñez Feijóo

Fotografía de Xornalcerto

A vosoutros vos falo, os que vivides entre San Caetano e a TVG. Os mesmos que vos queixabades dos “dispendios” do bipartito, pero que vos gastades 500 euros por silla para a Cidade da cultura, reducides delegados en número pero non en custe… Os mesmos que falaban de austeridade pero que financian a Visita do Papa coa Televisión e co financiamento da Xunta. Os que falaban de orzamentos con razón, pero que os ides reducilos en 950 millóns, mentras reducides os impostos as vivendas e non os aumentados os que máis teñen como fan outras comunidades.

Os que falaban de dereitos pero que financian e apoian ás organizacións ultraconservadoras do Opus Dei para que non aborten. Voltamos ós tempos de Franco? Os que se queixaban das axudas do bipartito ós medios, pero que vos tamén o facedes (e base de ben).

Os mesmos que vos queixabades do concurso eólico, pero que agora ides a dalo a Iberdrola e Endesa. Casualidade?

Toma de Posesión de Feijóo – Fotografía de La Voz de Galicia

Os que decían que querían unha sanidade pública pero que no Hospital de Vigo escollen a oferta máis cara e con menos servizos públicos cunha privatización encuberta. Os que se laiaban de que mellorarían a sanidade pública pero que agora as listas de espera non deixan de aumentar e aumentar.

Os que iades a apostar pola I+D pero que acabades coas bolsas de estudantes, as bolsas de comedores escolar e deixades se pagar ós comedores, as bibliotecas, os orzamentos das universidades (2), reducides mestres en todos os institutos, reducides as axudas ós libros, a educación para maiores

Os que teñen un conselleiro imputado por falsidade documental que aprobou obras rematadas, cando non o estaban.

Agustín Hernández
Fotografía de Xornalcerto

Os que se queixaban polas obras públicas do bipartito pero que agora dan autovías ás empresas que presentan a oferta máis cara e con maior impacto ambiental e son empresas nas que traballou o Conselleiro encargado de adxudicar a obra.

Os mesmos que falaban de educación e se queixaban da “imposición” do bipartito, cando sodes vos os que impoñedes e eliminades o galego, a lingua de Galicia, das aulas.

Pailáns de San Caetano, pailáns do carallo.

Vigo durante a final do Mundial

without comments

Written by ar

Xullo 12th, 2010 at 3:57 p.m.