Ciencias

Enerxías renovables, bioloxía, ciencias, política, historia, opinións…

Archive for the ‘uvigo’ tag

A invasión do mexillón cebra

with one comment

Unha das consecuencias do transporte marítimo é o das invasións biolóxicas de determinados individuos en ecosistemas novos, sen inimigos que lles poidan combater. Algo disto ocorre co mexillón cebra (Dreissena polymorpha Pallas), un molusco típico do Mar Caspio, Aral e Negro pero que invadiu dunha forma moi forte o Río Ebro. Mediante esta animación do Grupo Divulgare da UVIGO, podemos ver como é a invasión do mexillón cebra grazas a que se fixa nos cascos dos buques.

Invasiones Biológicas. Mejillón cebra. (Dreissena polymorpha) from divulgare on Vimeo.

Na actualidade o problema do Mexillón Cebra en España, afecta practicamente a todo o Ebro dunha forma máis ou menos estable (tamén a parte da conca do Río Júcar), aínda que especialmente á final da desembocadura do Río Ebro.

Desde logo os encoros augas arriba tampouco axudan, xa que son un “ecosistema” propicio para a súa expansión ao apenas ter posibles depredadores nunhas augas mortas como as dun encoro así como a existencia de embarcacións de recreo que poden ir de encoro en encoro.

Aínda que o mexillón cebra, morre ante a acción da auga salgada, en realidade si poden sobrevivir en auga salgada durante un período de tres semanas, xa que o mexillón pode pechar as valvas e funcionar como unha forma de resistencia.

Este vídeo, foi creado polo Grupo Divulgar da Unviersidade de Vigo, que se presenta en HD 720p e que foi creado para a súa utilización libre como material docente. Máis información sobre o proxecto Divulgare.

Written by ar

Febreiro 7th, 2011 at 8:55 p.m.

Bacterias que forman nubes

without comments

Unha das funcións do plancto, ademais de servir de alimento para os organismos da cadea trófica teñen un importante papel na regulación do clima mediante a fixación de CO2 e na liberación de sulfuro de dimetilo (DMS), implicado na formación de nubes.

As transformacións biogeoquímica, son vitais nos ciclos dos elementos da biosfera, sendo realizadas en moitos casos de forma exclusiva por bacterias e posiblemente sen a súa participación nos ciclos biogeoquímicos, a terra tal e como a coñecemos, non existiría.

Un dos ciclos nos que participan as bacterias, é o do ciclo do xofre que é un dos núcleos de condensación que participan na orixe das nubes. Neste ciclo do xofre, prodúcese sulfuro de dimetilo (DMS), unha forma de intercambio de azúfre entre os océanos e a atmosfera, responsable dese cheiro característico do mar.

O DMS fórmase pola descomposición enzimática de dimetilsulfoniopropionato (DMSP), un composto orgánico moi abundante nos océanos que funciona como unha especie de regulador osmótico das algas unicelulares, xeralmente individuos da División Haptophyta, como ocorre con Emiliania husleyi.

Este DMSP sintetízano e acumulan no interior celular para contrarrestar o efecto do sal da auga de mar, evitando a rotura lítica da célula e que pode chegar a representar o 10% do contido de Carbono e o 75% do xofre da célula.

Mediante procesos de degradación e morte celular (a través do zooplancto ou de virus que lles afectan) o DMSP transmítese na rede trófica, acabando por producir sulfuro de dimetilo ou DMS que vai ser expulsado á atmosfera xa que difunde desde a auga até a atmosfera. Unha vez na atmosfera, vaise a oxidar formando as principais partículas que actúan como núcleo de condensación no océano.

Kipinä S. Effect of UV-B radiation on DMSP contents of the coccolithophond Emiliania huxleyi. http://irs.ub.rug.nl/dbi/4ca3240ac0ec1

Que ocorre con este DMS na atmosfera?

Unha vez o DMS está libre na atmosfera, a radiación ultravioleta do sol provoca o seu oxidación e vanse a acabar formando aerosois de sulfato que van condensar pola humidade existente e van incrementar a densidade das nubes.

Ao aumentar a densidade das nubes, prodúcese unha redución da temperatura (de até 4ºC) provocando que chegue ao mar unha menor cantidade de radiación solar e un clima máis atenuado, provocando unha especie de regulación sobre a produtividade da zona, xa que esta redución da enerxía lumínica vai reducir a produción primaria do fitoplancto e por tanto do ecosistema mariño.

Por esta razón, relaciónase aos bloom de fitoplancto, coa produción de nubes na atmosfera.

Algo parecido observouse coa expedición SOFEX de fertilización do fitoplancto con ferro, no que observaron que as concentracións de DMS aumentaran 4 veces con respecto á zona non fertilizada.

Na seguinte imaxe podemos ver un bloom de fitoplancto.

Coccolithophorids in the Bering Sea – NASA Visible Earth
Sensor OrbView-2/SeaWiFS — Visualization Date 1998-04-25

Un intento de explicación do proceso

No seguinte vídeo, realizado polo Colectivo Axena, pódese ver como de forma experimental van fabricar unha nube”.

Cunha bomba sen carga extráese o aire do matraz que contén unha pequena cantidade de auga, para formar desa forma vapor de auga.

Posteriormente vaise engadir partículas de fósforo que están nun misto, para engadilas a un matraz e no que se vai a formar unha nube.

O fósforo actúa como núcleo de condensación para as partículas da nube, xa que o vapor de auga agrégase ás partículas do vapor de auga.

Fabricando una nube from Axena on Vimeo.

Regulación natural

Crese que a liberación do DMS é unha especie de sistema de regulación atmosférica, xa que a produción de DMS está relacionada coa temperatura da auga e a formación de nubes.

Cando hai unha gran produción de DMS, fórmanse nubes, increméntase o efecto albedo e redúcese a radiación solar que incide sobre o océano, polo que ademais de baixar a temperatura do océano, tamén se reduce a produción de algas unicelulares e por tanto do DMSP formado polas propias algas.

Podes votar a noticia en Bitácoras.

Máis información

– González J.M , Pedrós-Alió C. y Gasol J.P. Plancton bacteriano de los océanos. INVESTIGACION Y CIENCIA, diciembre, 2008 – PDF

– Thomas M.A. et al. Quantification of DMS aerosol-cloud-climate interactions using the ECHAM5-HAMMOZ model in a current climate scenario. Atmos. Chem. Phys., 10, 7425–7438, 2010 www.atmos-chem-phys.net/10/7425/2010/ – doi:10.5194/acp-10-7425-2010

– Katina Bucher Norris – Dimethylsulfide Emission: Climate Control by Marine Algae?

El bloom de los Haptophyta y la fijación de CO2.

Actividad solar, biota terrestre y cambio climático

¿De dónde vienen las nubes?

Corales, algas y formación de nubes

La danza de las nubes del fitoplancton

The science behind that fresh seaside smell

Relacionan a organismos marinos y cambio climático

– Noaa – Oceanic Dimethylsulfide (DMS) and Climate

– Whoi – DMS: The Climate Gas You’ve Never Heard Of

– Wikipedia – Sulfuro de dimetilo y las nubes

– Wikipedia – Cloud condensation nuclei

El papel del Sulfuro de dimetilo (DMS) en la regulación climática a escala global.

Emiliania huxleyi Home Page

Universität Bremen – Coccolithophores

¿Influye realmente la biosfera en el clima?

– Copley, J. All at sea. Nature 415, 572-574 (7 February 2002) | doi:10.1038/415572a

– Courtland, R. Phytoplankton responding to climate change [Home page]. Nature News. 17/04/2008.

– Hays et al. Climate change and marine plankton. TRENDS in Ecology and Evolution Vol.20 No.6 June 2005 (PDF)

– Kipinä S. Effect of UV-B radiation on DMSP contents of the coccolithophond Emiliania huxleyi. http://irs.ub.rug.nl/dbi/4ca3240ac0ec1

– Sallie W. Chisholm, Paul G. Falkowski, John J. Cullen. OCEANS: Dis-Crediting Ocean Fertilization. Science. 12/10/2001; Vol. 294. no. 5541 (pp. 309 – 310). Disponible en: SCIENCE

Possible dependence between the total solar irradiance and dimethylsulphide

– Temario de Biodiversidade de Prantas non Vasculares. Universidade de Vigo.

Written by ar

Xaneiro 31st, 2011 at 9:17 p.m.

A choiva das Rías Baixas fai máis produtiva á Ría de Vigo

without comments

Ría de Vigo - 31/10/2010 - HDR

Nestes días, coñeceuse a publicación do estudo definitivo por parte do CSIC mediante o proxecto IMAN, no que tras recoller durante 2 anos mostras de choiva da Ría de Vigo, chegaron á conclusión de que tras os días de choiva, a Ría de Vigo é máis produtiva. Cal é o motivo?

Todo se debe á química das choivas porque nas Rías Baixas, conteñen unhas cantidades mellores de nutrientes orgánicos e inorgánicos que aumentan a produtividade do fitoplancto e por tanto do resto de organismos da cadea trófica, neste caso o marisco da ría de Vigo.

A choiva nas Rías Baixas ten un mellor contido de compostos de nitróxeno; en especial, débese a un maior contido en ácidos húmicos, necesarios para favorecer a actividade do fitoplancto, xa que o nitróxeno é un nutriente esencial para o crecemento do fitoplancto.

Desta forma, o material depositado sobre o mar por choiva cargada de partículas en suspensión, ten un impacto positivo sobre a produtividade da ría ao promover a actividade de tanto a base como a cúspide da cadea, fitoplancto e bacterioplancton; produtores primarios e descompoñedores da materia orgánica.

Ao longo das 650 mostras de choiva dos dous últimos anos e a análise da produtividade en tres zonas de mostraxe, afastadas entre si e totalmente diferentes (Illas Cíes, Bouzas e Redondela) observaron diferenzas, como que a choiva que cae sobre as Cíes contén máis proteínas que as doutros puntos urbanos ou rurais, pero próximos ao centro urbano.

Un dos problemas que ven é que se a contaminación atmosférica aumentase por encima do normal, a produtividade xa non sería a mesma, porque en lugar de ser beneficiosos as achegas da choiva, a carga sería excesiva, polo que se convertería en contaminante ao reducir a produtividade das rías.

A diferenza principal con respecto á auga que chega dos ríos en tempadas de riadas ou con depuradoras ineficientes, é que esta chegada masiva de auga doce dos ríos, prexudica ás rías, xa que rompe a dinámica das rías tanto de nutrientes como de correntes, modificando a salinidade das rías.

Isto é especialmente notable despois das tempadas de incendios, onde as primeiras choivas, arrastran no seu proceso erosivo da capa superficial queimada diferentes cinzas xa sen materia orgánica, así como lodos e limos cuxo exceso prexudica ás rías.

Algo parecido ao que se viu na Ría de Vigo, ocorre coas zonas mariñas que están á beira dos desertos, xa que están influenciadas polos ventos dos desertos cargados de nutrientes, en especial o ferro, necesario para a cadea de transporte electrónico das plantas.

Por iso é polo que algunhas das zonas pesqueiras máis importantes do mundo estean preto de desertos (véxase Banco Canariosahariano) ou en zonas con influencia dos ventos cargados de partículas de ferro.

Por esta razón existen zonas HNLC nos océanos, que teñen unha gran cantidade de nutrientes pero unha baixa cantidade de clorofila, porque non hai ventos cargados de ferro, por iso é polo que desde hai un tempo existan proxectos para fertilizar os océanos con partículas de ferro.

PD: Gustaríame que o post fóra bastante máis completo, pero ando metido en exames.

Máis información

Proyecto Iman

La ría de Vigo produce el doble de marisco tras un día de lluvia

Las lluvias torrenciales ponen en peligro el marisco de las Rías Baixas

El agua de la lluvia tiene efectos positivos sobre la productividad de la ría de Vigo

Iron fertilization

Fertilizing the Ocean with Iron

Controlar la lluvia para sanear las rías

En galego tamén se fai ciencia

without comments

A defensa do galego vai máis alá do seu emprego literario ou da reflexión lingüística. A defensa do galego inclúe tamén o seu uso cotián en todos os ámbitos da sociedade. En espazos específicos de investigación, hoxe en galego tamén se fai ciencia.

En galego tamén se fai ciencia from En galego tamén se fai ciencia on Vimeo.

En galego tamén se fai ciencia é unha campaña promovida pola Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística

* Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo
* Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña
* Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago

Máis información na ligazón “En Galego tamén se fai ciencia

Written by ar

Maio 31st, 2010 at 10:15 p.m.

Jaime Cabeza e as sombras sobre a súa candidatura a reitor da UVIGO.

without comments

Durante estas semanas, a UVIGO está en plena campaña electoral para reitor. Con dous candidatos, Jaime Cabeza e Salustiano Mato, a campaña está a porse dura con acusacións dun lado e doutro, vídeos “sexistas”… Con todo asáltannos as dúbidas de como se pagaron as publicidades grandilocuentes de Jaime Cabeza? Axuda por baixo da mesa? Pode estar o OPUS detrás do candidato? As sombras do PP e de Corina Porro co candidato?

Hoxe falaremos de Jaime Cabeza, catedrático de Dereito e candidato de Nova Universidade ao reitorado da UVIGO. O seu nome correu como a pólvora cando se presentou, debido á entrada de “aire novo” na campaña, para acabar coa omnipresente Alternativa Universitaria.

Ao longo da campaña e a través do seu blogue coa sección “Tano sen tino” dedicouse a criticar ao seu opoñente, Salustiano Mato, ademais de non permitir o acceso de cámaras aos debates cos alumnos. A última, foi tanto o apoio explícito dos “cachorros de Novas Xeracións”, como as dúbidas de onde sacou o diñeiro para a súa campaña electoral?.

Ambas as candidaturas, dispoñen de 6.000 euros, aínda que resulta rechamante, como eses 6.000 euros dan para moito, con cartelaría asulagando todas as facultades, grandes publicidades ás entradas das facultades e valos publicitarios nos viarios de acceso ao campus de Vigo.

Fotografía de Jaime Cabeza

A última noticia foi a irrupción do apoio explícito de Novas Xeracións na campaña de Jaime Cabeza e a posibilidade de que o Opus poida estar detrás do candidato dunha ou doutra forma.

A nadie puede extrañarle, dice un miembro de Nuevas Generaciones, la organización juvenil del Partido Popular, «que pidamos el voto para Jaime [Cabeza]». Y se refiere a un elemento singular de la lista con la que el candidato de Nova Universidade ha planificado su asalto al rectorado. Ese elemento se llama María José Bravo y, además de aspirar a ser la secretaria general de la Universidad de Vigo, acaba de ser aupada por Corina Porro a la vicesecretaría de comunicación del PP de Vigo.

Nuevas Generaciones envió recientemente a sus miembros un correo electrónico en el que pide que se decanten por Jaime Cabeza. «Es un buen candidato, con las ideas claras, mejor que Salustiano Mato. Demuestra que tiene una buena formación y que tiene capacidad de gestión», afirma un dirigente de esa organización política juvenil. El hecho de que Cabeza sea militante del BNG -poco activo- no es obstáculo para que apuesten por él.

La Voz

O certo, é que até agora aínda non soubemos nada do programa de Jaime Cabeza, xa que un simple acceso polo seu blogue, móstranos as críticas cara ao seu adversario (e ti máis). Suponse que é un candidato a reitor? Hai demasiadas dúbidas sobre o candidato Jaime Cabeza, que debería de aclarar, se non quere que a bóla siga aumentando.

Tampouco é que o seu opoñente Salustiano Mato, durante esta campaña fixese moito, aínda que de momento é a opción menos mala.

Nota

Transcribimos a mensaxe, segundo chegounos á redacción. Ciencias  desmárcase de todo o publicado, aínda que permitimos a liberdade de expresión e non como fan outros.

A importancia dos lagartos nos ecosistemas insulares

without comments

O lagarto ocelado (Lacerta lepida) consume os froitos de gran número de plantas, algunhas delas claves na configuración das comunidades ás que pertencen. Así o demostrou unha recente investigación realizada polo grupo de Ecoloxía das Plantas no Parque Nacional das Illas Atlánticas, uns datos que ademais do seu interese teórico presentan tamén un elevado interese aplicado xa que “serán unha ferramenta sumamente útil para a xestión dos recursos naturais do parque”, tal e como salientou o director do proxecto, o profesor Luis Navarro, quen destacou que servirán “para formular a mellor estratexia de conservación das partes implicadas nesta interesante interacción entre organismos”.

Entre as plantas participantes desta relación complexa, atópanse algunhas de particular interese, como a camariña (Corema album), un dos principais valores botánicos do parque nacional que, grazas ao servizo que lle presta o lagarto, ve favorecida a dispersión das súas sementes. É a que máis se beneficia, pero non a única, outras plantas que se favorecen dos seus servizos son a zarzamora (Rubus ulmifolius), o abruñeiro(Prunus spinosa), a madreselva (Lonicera peryclimenum) e ata catorce especies de plantas máis que foron atopadas nos excrementos dos lagartos.
Esta interacción positiva para as plantas dáse con maior frecuencia en illas, xa que neses territorios, limitados no espazo e confinados con respecto ás masas continentais, os froitos carnosos constitúen unha maior proporción da dieta dos lagartos. Mentres que os seus conxéneres do continente teñen un acceso fácil a outro tipo de recursos alimenticios como os insectos, nas illas eses recursos son tamén limitados e a dieta a base de froitos adquire unha maior importancia relativa.

La importancia de los lagartos en los ecosistemas insulares from divulgare on Vimeo.

Máis info en duvi

Libros por Haití

without comments

Con motivo do recente terremoto de Haití, na Biblioteca Universitaria da UVigo estase a organizar un mercadillo solidario de libros. Os cartos recadados coas ventas doaranse integramente á Cruz Vermella. Co obxectivo de implicar á comunidade universitaria, a Biblioteca invita a participar a todos e todas na iniciativa: solidarízate con Haití; participa e lé!

As persoas que desexen colaborar poden depositar un ou dous libros en calquera das bibliotecas dos tres campus da Universidade, ou nas conserxerías dos edificios de Reitoría e Xerencia-Servizos Centrais no campus Lagoas-Marcosende. Os libros poden ser novelas, cómics, etc. (pero non manuais nin libros de investigación) que estean en bo estado. Con estes libros organizarase un mercadillo no que os libros terán un prezo único de 4 euros. O mercadillo terá lugar en diferentes centros da UVigo, para o cal avisarase oportunamente dos lugares e datas.

A iniciativa está organizada coa colaboración da Vicerreitoría de Relacións Institucionais da UVigo e a participación de Libraría Andel, Libraría Martín Códax, Libraría Michelena, Libraría Universitaria Sur, Librería Pons (Zaragoza) e o estudo Sopa de Letras Diseño Gráfico.

Máis información en Blog Da Biblio e Facebook

Written by ar

Marzo 1st, 2010 at 10:37 p.m.

A nova biblioteca de ciencias da UVIGO, funciona con enerxía xeotérmica

without comments

O día 2 de outubro, a Universidade de Vigo inaugurou o seu primeiro “edificio ecolóxico”, a nova biblioteca de Ciencias, grazas a un sistema de climatización que funciona con enerxía xeotérmica que se extrae a través dun pozo de barrena a cen metros de profundidade.

A esa cota subterránea a terra atópase a uns 16 graos de temperatura de maneira estable, polo que a calor é absorbido a través dun líquido para climatizar a través dun chan radiante, acadando un importante aforro de combustibles fósiles.

Está dotado dun sistema no chan radiado que proporciona calor no inverno e frío no verán, de forma que non se necesita aire acondicionado.

Unha obra moi necesaria

A biblioteca ten 1.182 metros cadrados divididos en tres plantas -os metros útiles son 980- Conta con 20.000 volumes na actualidade e unha capacidade máxima de 22.000. A obra comezou a construírse en maio do 2007.

Executouna o grupo San José que a entregou no pasado mes de xuño. Tras amoblar o edificio e dotalo de fondos bibliográficos o centro abriu ao público a inicios do pasado mes de setembro. Ten 278 prazas de lectura.

A obra era moi necesaria, xa que ata agora, a biblioteca de ciencias, que daba servizo a tres facultades (Bioloxía, Ciencias do Mar e Químicas) estaba situada nun almacén de libros, nunha sala con bastantes problemas debido á falla de espazo existente e aos problemas nas mesas de estudo que estaban noutra sala e con peores condicións.

Custos

A obra custou un millón e medio de euros e nela empregáronse como materiais o formigón, o ferro e o linóleo para os chans coa gran maioría da carpintaría en madeira de haia.

O arquiteco responsable da obra, é Rodrigo Díez Fernández

Dirección: Campus Lagoas-Marcosende 36200 Vigo
Teléfono: 986 812 658
Horario: Luns a venres: de 8:15 a 20:30h

Fotografías de Duvi

PD: O único fallo, é que nos teitos non teña unhas placas solares, para aproveitar máis a eficiencia enerxética, pero a situación na que se atopa, rodeadad doutros edificios, dificultaría a máxima captación, aínda que suporía un aforro de custos considerable.