Ciencias

Enerxías renovables, bioloxía, ciencias, política, historia, opinións…

Archive for the ‘tvg’ tag

Neve dende 100 metros o xoves

without comments

As temperaturas seguirán baixando os próximos días e a partir de mañá á tarde, recrudecerase o tempo pola masa de aire polar. O mércores a cota de neve baixará ós 200 metros nas últimas horas da tarde e o xoves baixará ata os 100 metros.

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Written by ar

Novembro 30th, 2010 at 11:54 p.m.

Posted in Sen clasificar

Tagged with , , , , ,

Escurantismo informativo

without comments

Nos últimos días estamos a ver como as condicións climatolóxicas adversas, están a facer que Galicia estea en risco extremo de alerta de incendios. Mentres tanto, a Xunta  adícase a ocultar os datos dos incendios menores de 20 Ha, sen ofrecer os balances do terreo queimado, limitándose a dicir que é un “verán complicado” e impedindo que a TVG informe os incendios menores de 80 Ha. Durante o 2006, a Xunta ofreceu datos pormenorizados de todos os focos, independentemente da extensión. Cal é o motivo polo que agora non se informe?

Durante o 2006 co Bipartito, a Consellería de Medio Rural, encargada da xestión da extinción dos incendios, facía público o número de focos activos, localización, os medios presentes, nivel de alerta, estradas e entidades de poboación afectadas. Para iso, informábase mediante SMS, vía telefónica e mediante internet na páxina de Medio Rural (agora xa non é accesible), con actualización cada media hora nos momentos máis fortes da crise (até 300 focos simultáneos), independentemente da súa extensión.

Situación dos focos de incendios entre os días 9 e 11 de Agosto de 2006. Cada pirámide verde, representaba un foco de lume. Capturas da páxina de 112 Galicia, entre o 9 e 11 de Agosto.

Todo iso, a pesar de que era unha publicidade moi negativa para o goberno, que en moitas ocasións estaba desbordado pola magnitude da catástrofe. De feito, a maioría de medios de comunicación podían ter directa co Conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, podéndoo localizar á 1 da mañá para entrar en directo nos medios informativos, algo que foi aplaudido mesmo pola oposición.

E co engadido dos noxentos réditos políticos que fixeron mediante fotos como a do entón líder da oposición, Alberto Núñez Feijóo, fotografándose apagando un lume cunha mangueira e con Mariano Rajoy e o Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, a “pé de incendio”, a pesar de que Louzán non repartiu os fondos para a limpeza de montes e a convocatoria de cuadrillas de extinción de incendios.

Fotografía de Josecarlos

Xa o ano pasado, a Xunta de Galicia anunciou que só ía ofrecer os datos dos incendios maiores a 20 hectáreas ou os que puñan en perigo a seguridade cidadá. Para xustificarlo, a Xunta, amparábase no secuestro da información sobre incendios para “evitar a alarma social”.

Este ano estase volvendo repetir a situación, pero co agravante de que as condicións climatolóxicas son moitísimo máis favorables ao risco de incendio polas altas temperaturas (+ de 30 graos centígrados), baixa humidade (menor ao 30%), a ausencia de choivas desde o 9 de Xullo e o vento do Norte.

O actual conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, recoñeceu o 5 de Agosto, que o mes de Xullo fora “un mes complicado” en materia de incendios forestais, porque o tempo “estaba a ser complicado”, en especial por culpa do tempo do norte, que dificultaba as tarefas de extinción. A pesar de recoñecer que estaba a ser complicado, o Conselleiro, negouse a ofrecer os datos das hectáreas queimadas, simplemente quedándose en que “todos os incendios son moitos”.

A semana pasada durante o incendio que afectou á localidade de Fornelos de Montes (Pontevedra) e na que faleceron dous brigadistas, por culpa segundo os primeiros indicios dun cambio de vento, a Xunta non informou o incendio, ata que non quedou outra que informar porque faleceran os dous brigadistas.

Un caso paradoxal foi o de Marín no que unha columna de fume era perfectamente visible desde Vigo (20 quilómetros de distancia) e no que a Xunta se negou a informar, ata que excedeu as 20 hectáreas. Todo contrasta, coa información ofrecida polo MARM, que informou os incendios aos que desprazou medios propios, en moitos casos, menores ás 20 hectáreas dos que se nega informar a Xunta.

A todo iso sumar, que a TVG, a televisión pública, desde o sábado pasado, só informa daqueles incendios superiores a 80 hectáreas, cando durante o bipartito informábase mediante mapas dos focos de incendio e con conexións en directo.

Para botar máis leña ó lume, onte decatabámonos mediante informacións en El País, de que os axentes forestais reciben botas que non se poden achegar ao lume (1) ou que a Xunta repartiu agora as axudas para a limpeza de montes.(2)

(1)

La Xunta entregó este año por todo material de protección personal a los forestales fijos que trabajan en la extinción de incendios unas botas de goretex de la marca Robusta. En la etiqueta del calzado se advierte, junto a otras instrucciones de uso: “No las acerque a una fuente de calor porque se acartonaría la piel”. Los agentes no las usan en sus salidas para apagar los fuegos (son de uniforme, no de extinción) pese a que los delegados en el comité de seguridad de prevención de riesgos preguntaron a los representantes de la Xunta si el calzado era apto para acudir con él a los incendios “y contestaron que sí”, sostiene Carlos Hermida, delegado de prevención del comité de seguridad y salud de incendios de Galicia, que preside el conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez.

El PAÍS

(2)

La Consellería de Medio Rural empezó la pasada semana a notificar a las comunidades de montes en mano común las ayudas para la prevención de incendios forestales que fueron convocadas en abril y que, para mayor sorpresa de los solicitantes, excluyen toda subvención a la contratación de personal para las labores objeto de la convocatoria, fundamentalmente la limpieza del monte. En algún caso, la notificación de las ayudas otorgadas se produce cuando ya ha ardido el monte que se trataba de proteger.

EL País

E tan complicado informar puntualmente dos incendios como se fixo durante o 2006?

O mapa que vos mostramos a continuación, é un mapa amateur, produto da recompilación dos datos oficiais como do non oficiais que achegan os medios de comunicación e usuarios de internet (Galicia arde e a Xunta ocúltao!!!), e que a Xunta se nega a dar.

Ver Incendios Forestais – Incendios Forestales – Galicia 2010 nun mapa máis grande

Máis información

Ver Galicia arder

– 2006 – Rajoy reclama indemnizaciones para los afectados por incendios

El Circo Feijóo

Feijoo ya no posa sacando la manguera para apagar el fuego en Galicia

Un verán máis, a Xunta oculta os lumes forestais

Mueren dos bomberos en un incendio forestal desatado en Pontevedra

Los agentes forestales reciben botas que no se pueden acercar al fuego

La Xunta “privatiza la coordinación antiincendios con un concurso a dedo”

La Xunta reparte ahora las ayudas a vecinos para limpiar el monte

2009 — Medio Rural limita la información sobre los incendios para “evitar alarma social”

Contra a manipulación da RTVG na cobertura da manifestación de Queremos Galego!

without comments

O domingo 18 de outubro entre 50.000 (cifra dada pola Policía Local de Compostela) e 100.000 (cifra dada pola organización) galegas e galegos, de diferentes adscricións ideolóxicas, estratos sociolóxicos, e usos da lingua, nos manifestamos na defensa do noso idioma fronte o reiterado ataque que está a sufrir por parte do goberno da Xunta de Galiza presidido por Alberto Núñez Feijóo (PP), convocadas e convocados pola Plataforma Cidadá Queremos Galego integrada por unha diversidade plural de centos de colectivos e persoas.

Os medios de comunicación públicos do noso país (a Radio Galega e maila Televisión de Galicia) non ofreceron unha información veraz que se axustase á realidade do verdadeiro impacto que tivo a mobilización, que contou cun resultado histórico en participación. Nese senso é preciso denunciar a obscena manipulación que por parte dos Servizos Informativos da TVG se quería levar a cabo, pretendendo iniciar unha conexión en directo coa manifestación, no momento xusto en que a primeira lectura do manifesto rematara, e as xentes que ateigaban a Praza da Quintana ían abandonándoa paulatinamente para permitir a entrada dos milleiros de persoas que inda non puideran entrar, e que agardaban nas Praza das Praterías e os seus arredores, e que finalmente encheron por segunda vez a Quintana. É evidente que a distorsión informativa tiña a intencionalidade de ofrecer unha imaxe minorizada dunha mobilización masiva, nun intento claro de manipulación que os milleiros de persoas presentes contestaron berrando, durante preto de dez minutos e con notábel indignación, a consigna “Televisión, manipulación”, o que provocou que o equipo da TVG abandonase a praza.

Fronte a esa situación é preciso denunciar e difundir publicamente o acontecido, ao tempo que esixir que os medios de comunicación que pagamos todas e todos os galegos, deixen de ser un instrumento para a deformación interesada, cando non para a propaganda, en beneficio do Partido Popular no goberno do país.

Written by ar

Outubro 19th, 2009 at 9:04 p.m.

A nova política informativa da TVG

without comments

Despois dun tempo, co PP xa no poder, xa podemos ver as liñas xerais da nova política informativa da TVG.

A nova política consiste en:

1 – Cambiar a todos os xornalistas e volver a poñer aos que estaban cando silenciaron o Prestige e as únicas imaxes que saían eran as de T5 e Canal +. Os xornalistas que estiveron durante o bipartito, simplemente pasaron a galeras.

2 – Eliminar gran parte dos programas que lograran que CRTVG se convertese nunha das televisións e radios autonómicas con máis share, á vez con TV3 en moitos meses.

3 – Silencio de temas espiñentos

Nin palabra sobre a trama Gürtel

4 – A nova política informativa é bochornosa e volve á etapa máis forte de Fraga

4.1 – Na televisión non hai máis que “O amado líder fai isto e aquilo”…”O amado líder desprazouse aquí e alá”

4.2 – A oposición non existe, cando na lexislatura pasada había días nos que saía tanto tempo Feijóo como o bipartito.

Aínda que a verdade, non nos debería de sorprender. Xa nolo esperabamos

Written by ar

Outubro 7th, 2009 at 10:14 p.m.