Ciencias

Enerxías renovables, bioloxía, ciencias, política, historia, opinións…

Archive for the ‘santiago’ tag

O que lles agarda ós Santiagueses coa chegada de Conde Roa

without comments

Written by ar

Maio 24th, 2011 at 8:11 p.m.

O apalpador en Compostela

with one comment

Written by ar

Decembro 24th, 2010 at 2:49 p.m.

O sexo dos polbos

without comments

Estes días coñeceuse a noticia de que biólogos da USC, descubriran que o polbo ten paternidade múltiple. Con todo, non é o único dato destes cefalópodos, porque o sexo dos polbos, é unha das maiores marabillas dos invertebrados cunha calidade e espectacularidade tal, que nalgúns casos podería lembrar ao cortexo sexual das aves.

pulpo - aquarium de seattle

Fotografía de oshkar

Os cefalópodos, en especial os polbos, son dos invertebrados non artrópodos, os máis evolucionados de todos en todos os sentidos:

– Posúen un sistema circulatorio cuasipechado, o que lles permite manter unha elevada actividade metabólica con respecto a outros invertebrados.

– Unhas branquias altamente evolucionadas con corazóns accesorios para aumentar o fluxo de sangue e o intercambio de gases.

– Un “cerebro” que domina cada brazo ou a capacidade de diferenciar obxectos de 0,5 cm a 1 metro de distancia, podendo axustar a súa visión aos cambios de luz do ambiente polo cambio de tamaño da pupila ou a migración das súas pigmentos visuais. Os seus centros nerviosos conteñen uns 160 millóns de células.

Entre outras cousas, considérase que os polbos, son os individuos máis evolucionados de todos os invertebrados debido á capacidade de resolver problemas, sortear obstáculos ou memorizar patróns.

Pero o mellor de todo, é o seu proceso reprodutivo cun brazo hectocotíleo e un espectacular cortexo sexual.

O Sexo


O acto de cortexo sexual, considérase ao comportamento animal específico que ten como finalidade obter parella e exhortala ao apareamiento e nos polbos é unha marabilla.

Os polbos non seleccionan á primeira femia que lles pasa por diante, senón que a elección de parella, é un proceso extremadamente coidadoso cun cortexo e unha sedución, coa capacidade de “porse celosos”, como en humanos, o que lles obriga a loitar cos seus rivais “polo amor dunha femia”, podendo ser loitas de até media hora e case sempre, levando a morte do rival.

Durante o cortexo, os polbos teñen produción de iridiscencia para atraer ás femias, grazas a que presentan uns órganos cromatóforos realmente complexos que están controlados por músculos.

Para cambiar de color, el individuo deforma el tamaño o la forma del sacculus por medio de contracciones musculares, logrando así variar el estado de translucidez, reflexión u opacidad de los pigmentos. Este mecanismo difiere del utilizado por los peces, anfibios y reptiles, donde lo que ocurre es una translocación de pigmentos en el interior de la célula.

Al igual que los camaleones, los cefalópodos utilizan el cambio fisiológico de color como medio de interacción social. Además, se encuentran entre los que poseen una mayor habilidad en la adaptación al fondo, presentando la capacidad de asemejar su aspecto tanto al color como a la textura del ambiente en el que se encuentren de forma excepcionalmente precisa.

Wikipedia

Cando seleccionan á femia, os polbos alargan un brazo modificado, denominado brazo hectocotíleo (terceiro pola dereita) e fan que o brazo toque á femia. O brazo hectocotíleo, recolle os espermatófotos que salguen polo sifón e son conducidos por un rego profundo entre as dúas ventosas, para acabar nunha especie de culler, na que retén os espermatóforos.

1941994_brazo-pulpo.png
Brazo hectocotíleo

Cando os ten preparados, introduce o brazo hectoctíleo na cavidade paleal da femia, nunha situación próxima aos oviductos da femia. Despois de que o macho de polbo ha fecundado os ovos na cavidade paleal da femia esta busca unha pequena cova na roca.

Cando atopa o lugar apropiado, producen unha especie de gelatina para adherir unha serie de ovos na cova, podendo albergar nese espazo uns 1.000 ovos duns 6 mm. de lonxitude. Desta forma, en determinadas ocasións, unha femia podería pór até 180.000 ovos nunhas dúas semanas.

Mentres tanto, o macho monta garda fose da cova para que ninguén veña, ao mesmo tempo, que a femia os vai lavando con chorros de auga a presión (grazas ao sifón que teñen) e vixiándoos sen descanso ata que eclosionan.

En realidade o seu brazo hectocotíleo lembra ao pene dos humanos, xa que ademais de lembrar as semellanzas no mecanismo de posta, recentemente descubriuse que contiña tecido eréctil (unha innovación dentro dos invertebrados) podendo inflalo durante a cópula.

Co descubrimento dos biólogos que participaron no proxecto coordinado por Manuel Rei:

Además, “los dos sexos tienen múltiples compañeros de cópula, siendo probable que exista algún tipo de competencia con el fin de que el último macho en aparearse deje su huella genética en la descendencia, tratando de eliminar el esperma del anterior con su brazo, cuya punta parece estar diseñada para este fin” -señala el experto-.

Sinc

Sen dúbida, o descubrimento pode ser de vital importancia para a acuicultura de polbos, xa que debido ao seu comportamento, son individuos que neste momento, non é posible crialos en catividade en piscifactorías como se fai cos rodaballos.

O peor de todo, é que unha vez que os pequenos polbos salguen á vida libre, a vida dos proxenitores finaliza.

Desde el punto de vista de su cultivo, es importante el conocimiento reproductivo de esta especie para ver cómo se deben mezclar machos y hembras. Tal como explica el investigador de la USC, el pulpo tiene una vida corta, de entre un año y medio y dos años. Y las hembras mueren al no alimentarse después del largo período que va desde la puesta hasta la eclosión de los huevos.

“Cuando se pesca un pulpo hembra de un kilo, que es el tamaño mínimo legal establecido, esto indica que ese ejemplar nunca se reprodujo, ya que en cuanto pone los huevos muere en el proceso de mantenimiento de los mismos, lo que representa una importante pérdida económica para las instalaciones acuícolas” -señala el investigador-.

Sinc

O brazo hectocotíleo en acción, gravado polos científicos da Universidade de Berkeley

O show do polbo

Máis información

Octopus vulgaris

Cortejo sexual

La sofisticada sexualidad del pulpo

Biólogos de la USC descubren que el pulpo tiene paternidad múltiple

Octopus sex more sophisticated than arm-wrestling

El show del pulpo

Cromatóforo

Pulpo enamorado

CEBOS MOLUSCOS CEFALOPODOS

Touriño non é o responsable?

without comments

Na anterior lexislatura, acostumámonos a escoitar a Feijóo, sempre que ocorría algo malo, decir que a culpa era de Touriño.

Se non había suficientes medios para combater o lume,  Touriño é o responsable. Se chovía…Touriño responsable.

Hoxe despertámonos con nevadas en toda Galicia, chegando a colapsar Santiago de Compostela e a maioría das estradas de titularidade autonómica de Galicia nas provincias de Coruña e Lugo pola falla de medios da Xunta.

Sen embargo, a Xunta seguirá dicindo que ten medios e que o fixeron todo ben.

Feijóo debe estar coa gripe A porque non dixo que Touriño tivera a responsabilidade do caos desta mañá nas estradas.

Written by ar

Xaneiro 8th, 2010 at 8:48 p.m.