Ciencias

Enerxías renovables, bioloxía, ciencias, política, historia, opinións…

Archive for the ‘nutrición’ tag

A choiva das Rías Baixas fai máis produtiva á Ría de Vigo

without comments

Ría de Vigo - 31/10/2010 - HDR

Nestes días, coñeceuse a publicación do estudo definitivo por parte do CSIC mediante o proxecto IMAN, no que tras recoller durante 2 anos mostras de choiva da Ría de Vigo, chegaron á conclusión de que tras os días de choiva, a Ría de Vigo é máis produtiva. Cal é o motivo?

Todo se debe á química das choivas porque nas Rías Baixas, conteñen unhas cantidades mellores de nutrientes orgánicos e inorgánicos que aumentan a produtividade do fitoplancto e por tanto do resto de organismos da cadea trófica, neste caso o marisco da ría de Vigo.

A choiva nas Rías Baixas ten un mellor contido de compostos de nitróxeno; en especial, débese a un maior contido en ácidos húmicos, necesarios para favorecer a actividade do fitoplancto, xa que o nitróxeno é un nutriente esencial para o crecemento do fitoplancto.

Desta forma, o material depositado sobre o mar por choiva cargada de partículas en suspensión, ten un impacto positivo sobre a produtividade da ría ao promover a actividade de tanto a base como a cúspide da cadea, fitoplancto e bacterioplancton; produtores primarios e descompoñedores da materia orgánica.

Ao longo das 650 mostras de choiva dos dous últimos anos e a análise da produtividade en tres zonas de mostraxe, afastadas entre si e totalmente diferentes (Illas Cíes, Bouzas e Redondela) observaron diferenzas, como que a choiva que cae sobre as Cíes contén máis proteínas que as doutros puntos urbanos ou rurais, pero próximos ao centro urbano.

Un dos problemas que ven é que se a contaminación atmosférica aumentase por encima do normal, a produtividade xa non sería a mesma, porque en lugar de ser beneficiosos as achegas da choiva, a carga sería excesiva, polo que se convertería en contaminante ao reducir a produtividade das rías.

A diferenza principal con respecto á auga que chega dos ríos en tempadas de riadas ou con depuradoras ineficientes, é que esta chegada masiva de auga doce dos ríos, prexudica ás rías, xa que rompe a dinámica das rías tanto de nutrientes como de correntes, modificando a salinidade das rías.

Isto é especialmente notable despois das tempadas de incendios, onde as primeiras choivas, arrastran no seu proceso erosivo da capa superficial queimada diferentes cinzas xa sen materia orgánica, así como lodos e limos cuxo exceso prexudica ás rías.

Algo parecido ao que se viu na Ría de Vigo, ocorre coas zonas mariñas que están á beira dos desertos, xa que están influenciadas polos ventos dos desertos cargados de nutrientes, en especial o ferro, necesario para a cadea de transporte electrónico das plantas.

Por iso é polo que algunhas das zonas pesqueiras máis importantes do mundo estean preto de desertos (véxase Banco Canariosahariano) ou en zonas con influencia dos ventos cargados de partículas de ferro.

Por esta razón existen zonas HNLC nos océanos, que teñen unha gran cantidade de nutrientes pero unha baixa cantidade de clorofila, porque non hai ventos cargados de ferro, por iso é polo que desde hai un tempo existan proxectos para fertilizar os océanos con partículas de ferro.

PD: Gustaríame que o post fóra bastante máis completo, pero ando metido en exames.

Máis información

Proyecto Iman

La ría de Vigo produce el doble de marisco tras un día de lluvia

Las lluvias torrenciales ponen en peligro el marisco de las Rías Baixas

El agua de la lluvia tiene efectos positivos sobre la productividad de la ría de Vigo

Iron fertilization

Fertilizing the Ocean with Iron

Controlar la lluvia para sanear las rías