Ciencias

Enerxías renovables, bioloxía, ciencias, política, historia, opinións…

Archive for the ‘hospital’ tag

Milleiros de persoas na marcha pola sanidade pública galega

without comments

Menor asistencia da agardada na marcha pola sanidade pública galega na cidade de Vigo na que se pediu a berros a dimisión da conselleira Pilar Farjas pola “política de privatizacións” que realiza a Xunta. Segundo a Policía Local e organizadores coinciden con case 10.000 persoas participaron na marcha, nada que ver coas máis de 40.000 da manifestación en Marzo do 2010. (Faro de Vigo fala de 3.000 persoas unha cifra moito máis aproximada á realidade)

A marcha partiu ás 20.00 horas da rúa Pizarro, fronte ao hospital Xeral, e tras percorrer a praza de España, Gran Vía, Urzáiz e Colón, culminou ante a sede administrativa da Xunta, na praza da Estrela. Encabezada por unha pancarta coa lema “SOS Sanidade Pública en Perigo, non á privatización'”, na manifestación participaron algúns líderes políticos como o alcalde vigués, Abel Caballero, ou o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez.

Tamén os sindicatos representados nos comités dos diferentes centros sanitarios de Vigo; agás o sindicato Médico que decidiu absterse e diferentes coletivos da defensa da sanidade pública galega en especial os da ría viguesa.

Privatización do Novo Hospital.

Os manifestantes, reclamaban a non privatización do novo hospital vigués, que se comeza a construir en Beade, ademáis da recuperación do proxeto do hospital oncolóxico do Meixueiro e os módulos de investigación clínica do novo hospital.

O novo hospital de Vigo, inicialmente planificado durante o bipartito supuña un custe de pouco máis de 450 Millóns de Euros e case 1.500 camas.

O novo proxecto do governo Feijóo, supón a replanificación do proxecto, ó só ter 900 camas e un custe de 1.800 millóns de euros; no que se inclúe a concesión durante 30 anos dos servizos de lavandería, cociña e limpeza a empresas privadas, ademáis do peche dos hospitais Xeral, Nicolás Peña e Cíes.

Vídeo do BNG na Manifestación

Written by ar

Outubro 27th, 2011 at 9:50 p.m.

Pailáns de San Caetano, pailáns do carallo.

with 3 comments

Núñez Feijóo

Fotografía de Xornalcerto

A vosoutros vos falo, os que vivides entre San Caetano e a TVG. Os mesmos que vos queixabades dos “dispendios” do bipartito, pero que vos gastades 500 euros por silla para a Cidade da cultura, reducides delegados en número pero non en custe… Os mesmos que falaban de austeridade pero que financian a Visita do Papa coa Televisión e co financiamento da Xunta. Os que falaban de orzamentos con razón, pero que os ides reducilos en 950 millóns, mentras reducides os impostos as vivendas e non os aumentados os que máis teñen como fan outras comunidades.

Os que falaban de dereitos pero que financian e apoian ás organizacións ultraconservadoras do Opus Dei para que non aborten. Voltamos ós tempos de Franco? Os que se queixaban das axudas do bipartito ós medios, pero que vos tamén o facedes (e base de ben).

Os mesmos que vos queixabades do concurso eólico, pero que agora ides a dalo a Iberdrola e Endesa. Casualidade?

Toma de Posesión de Feijóo – Fotografía de La Voz de Galicia

Os que decían que querían unha sanidade pública pero que no Hospital de Vigo escollen a oferta máis cara e con menos servizos públicos cunha privatización encuberta. Os que se laiaban de que mellorarían a sanidade pública pero que agora as listas de espera non deixan de aumentar e aumentar.

Os que iades a apostar pola I+D pero que acabades coas bolsas de estudantes, as bolsas de comedores escolar e deixades se pagar ós comedores, as bibliotecas, os orzamentos das universidades (2), reducides mestres en todos os institutos, reducides as axudas ós libros, a educación para maiores

Os que teñen un conselleiro imputado por falsidade documental que aprobou obras rematadas, cando non o estaban.

Agustín Hernández
Fotografía de Xornalcerto

Os que se queixaban polas obras públicas do bipartito pero que agora dan autovías ás empresas que presentan a oferta máis cara e con maior impacto ambiental e son empresas nas que traballou o Conselleiro encargado de adxudicar a obra.

Os mesmos que falaban de educación e se queixaban da “imposición” do bipartito, cando sodes vos os que impoñedes e eliminades o galego, a lingua de Galicia, das aulas.

Pailáns de San Caetano, pailáns do carallo.

A Xunta e a privatización da Sanidade

without comments

Milleiros de persoas contra a privatización da sanidade
Á marcha organizada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, que tivo lugar a partir das 20h00 deste xoves, asistiron case todos os representantes do Goberno local, entre os que se atopaba o tenente de alcalde, Santiago Domínguez, varios deputados autonómicos do PSdeG e do BNG, os líderes sindicais da cidade e a presidenta da Federación de Asociacións de Veciños, Helena González.
A protesta percorreu varias rúas do centro da cidade olívica baixo o lema ‘Hospital público xa’ até chegar a delegación territorial do Goberno galego, onde o actor Avelino González foi o encargado de ler o manifesto ante os participantes na manifestación.
A Nosa Terra

O BNG ve ‘privatizadoras’ as contas de Sanidade e o PSdeG critica que ‘baixan por primeira vez’
A portavoz do Grupo Parlamentario do BNG Ana Luísa Bouza cualificou hoxe de ‘privatizadores’ os orzamentos da Consellaría de Sanidade para 2010, nos que contará con 3.728 millóns, mentres que o portavoz socialista, Modesto Pose, criticou que as contas ‘baixan por primeira vez’ en Galiza, se non se teñen en conta os 72,6 millóns de capital privado que o departamento autonómico prevé ‘mobilizar’.

A Nosa terra

Hospital Xeral de Vigo
Hospital Xeral por Tomás_R_Vigo

O do novo hospital de Vigo é unha broma.

Íase a realizar un megahospital extremadamente necesario con 1400 camas e unha parte do hospital para a investigación de enfermidades, pero chegou a nova Xunta e dixo que non había fondos cando o bipartito deixou 300 millóns de euros apartados para a súa realización; que a nova xunta o único que tiña que facer era asinar os papeis de expropiacion e comezar e como supostamente non había fondos, adeus investigación, recorte do número de camas e investimento privado.

Pero imos, é o que ocorre cando se votan a determinadas persoas.

Hospital público XA !!!!

Written by ar

Outubro 30th, 2009 at 10:49 p.m.