Ciencias

Enerxías renovables, bioloxía, ciencias, política, historia, opinións…

Archive for the ‘galiza’ tag

Neve dende 100 metros o xoves

without comments

As temperaturas seguirán baixando os próximos días e a partir de mañá á tarde, recrudecerase o tempo pola masa de aire polar. O mércores a cota de neve baixará ós 200 metros nas últimas horas da tarde e o xoves baixará ata os 100 metros.

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Written by ar

Novembro 30th, 2010 at 11:54 p.m.

Posted in Sen clasificar

Tagged with , , , , ,

Vigo na Folga Xeral

without comments

En Vigo parece un día de ano novo. Case non hai nada aberto e a cantidade de persoas pola rúa é pequena, do mesmo xeito que os coches. Os bares que sempre se resistían agora nin abriron. Algún colexio ten xente e profesores (menos que de costume) e nos institutos parecido, cumprindo os servizos “mínimos”.

En canto á cidade o porto está parado desde onte á noite, do mesmo xeito que Citröen que entrou moi pouca xente e sen xente non poden funcionar.

O mesmo nas auxiliares de Valadares e Porriño, que teñen unha cantidade de persoas similar ás de Citröen. Nos estaleiros igual e onte entraron menos de 5 persoas a traballar en Barreiras, que é o máis importante da Ría. En Vulcano a cousa é similar

El Corte Inglés nin tentou abrir, logo de que onte sufrirá un estoupido dun cóctel molotov e con Alcampo parecido, aínda que neste caso, tiñan colectores ardendo impedindo a entrada. Caixanova (central) abriu, aínda que entraron polo garaxe.

E a noite foi moi quente con bombeiros saíndo cada pouco e lanzamento de cócteles molotov

Na UVIGO (20 km. de Vigo) algo parecido porque só hai 2 das 4 liñas de autobús e a contagotas, unha delas só vai ir até 1 km antes da Universidade, co que só hai unha liña.

En canto á prensa, Xornal e Faro non se puideron imprimir e no resto de xornais máis do mesmo, porque apenas hai quioscos abertos.

No resto de Galicia a situación é similar, aínda que hai varios detidos por lanzamento de cócteles molotov.

No que respecta as manifestacións dos sindicatos, Vigo era a cidade central das movilizacións.

Na de UXT e CCOO, a policía fala de 30.000 persoas, aínda que os sindicatos falan de 75.000 persoas. O certo, é que ocuparon a metade da Gran Vía de Vigo, e a manifestación chegou ata máis de un kilómetro de lonxitude

Ademais de UXT e CCOO, no final da manifestación tamén estaba Esquerda Unida, a CNT e o CUT.

No canto da CIG, fálase de 30.000, aínda que a CIG sobe a cifra ata as 50.000 persoas.

#folgaxeral #huelgageneral #vigo #29S

A incineración dos RSU non é a solución

without comments

Despois das recentes declaracións de Luís Lamas, presidente de Sogama (entidade xestora da maioría de R.S.U. en Galicia) na que mostra a súa total ignorancia achega do tratamento de residuos, mostrándose totalmente favorable á construción dunha nova incineradora en Galicia para “reducir os gastos de transporte” así como que “queimar os residuos é a mellor solución”, debemos dicir que a INCINERACIÓN NON PODE SER A SOLUCIÓN aos RSU.

“Quemar residuos es la mejor opción. Es que hay que ir a lo que funciona, las demás opciones son soluciones residuales que pueden funcionar en zonas muy concretas pero no son más que sistemas complementarios que no funcionan con volúmenes importantes.”

Luis Lamas en Faro de Vigo

Na actualidade, Galicia conta cunha planta de incineración en Cerceda (A Coruña) que actualmente recibe 900.000 toneladas métricas anuais, cando foi deseñada para pouco máis de 300.000 toneladas métricas anuais; aínda que SOGAMA di que é capaz de tratar preto de 500.000 toneladas métricas anuais, pero a base de prexudicar ao medio.

É evidente que hai un grave problema de xestión de residuos que leva herdando desde hai anos, pero a solución non pasa pola construción de máis plantas incineradoras causantes de emisións contaminantes e de “mercadeo da enerxía producida”, xa que Unión Fenosa é a adxudicataria da incineradora en Cerceda.

Hoxe en día, a planta de Cerceda, é coñecida como o “buraco negro de Galicia” pola súa inoperancia para o tratamento así como o seu mal funcionamento con exceso de emisión de partículas e desde logo unha nova planta, vistos os antecedentes, non é a solución.

Non é a solución, xa que:

1 – Coa incineración estamos a emitir en cantidades elevadas, as emisións de CO2 e outros GEI, ademais de micropartículas que afectan os municipios limítrofes da planta, xa que se están incinerando residuos sólidos tóxicos.

Precisamente debido a esa queima de residuos sólidos tóxicos, as cinzas producidas son totalmente inservibles, a diferenza de que si fosen cinzas de materia orgánica que si se poderían empregar en compost e como biorremediación.

2 – Galicia non conta cun verdadeiro plan de xestión dos residuos, xa que os existentes están enfocados á incineración, cando é necesario unha xestión dos residuos coa reciclaxe e a reutilización, previa separación.

Na actualidade, SOGAMA só é capaz de recuperar coa recollida selectiva, algo menos do 15% dos envases, o 17% do papel e o 6% do vidro recibido; unhas cifras totalmente irrisorias. Desta forma, estamos a queimar residuos potencialmente reciclables, debido á pésima xestión de reciclaxe e separación que ten SOGAMA

Desde a Ou.E. hai tempo que leva pedindo aos países membros, que se reduza a valorización enerxética dos residuos, xa que desde Bruxelas considérase prioritario tanto a redución e a reutilización dos mesmos; que son métodos moitísimo máis beneficios tanto para o medio ambiente, a saúde das persoas e mesmo o emprego.

Así mesmo da Ou.E. pídese unha maior concienciación ambiental, con plans de educación ambiental como ocorre en Alemaña.

En Alemaña as empresas de toda a cadea do proceso alimentario; teñen incentivos para a reutilización dos envases producidos con recollidas nos supermercados dos plásticos, botellas de vidro, latas, etc… logrando así unha redución dos residuos xerados.

Debemos reciclar e reutilizar os residuos

1 – SOGAMA debe de cambiar o plan de residuos co que conta, xa que debe de fomentar en maior medida a separación dos residuos nas casas, así como a creación de novas plantas de separación e cribado dos residuos en comarcas e non facer como se fai na actualidade, con empacadoras en concellos grandes aos que se envía o lixo por camións e trens até SOGAMA sen unha previa separación, máis que a suponse que se realiza nos fogares galegos.

2 – A estratexia debe de pasar pola REDUCIÓN + RECICLAXE + REUTILIZACIÓN

3 – En Galicia existen algúns exemplos de facer ben as cousas como nos casos da Coruña – As Mariñas e os concellos da Mancomunidade do Barbanza, cunha valorización brutal dos residuos, logrando unha redución dos residuos que se mandan a vertedoiros.



Adega

4 – Hai que apostar con máis ansia na biodegradación de residuos e na produción de compost, algo que na actualidade non se está facendo ou si está a realizarse faise dunha forma totalmente ineficiente.

O peor de todo, é que a idea xa non é nova, xa que no 2004 (tamén co PP no goberno), o conselleiro de Medio Ambiente daquel momento, Xosé Manuel Barreiro, tamén se mostraba favorable á creación dunha nova planta no sur de Galicia.

La planta tiene capacidad para tratar los residuos de Santiago -su alcalde, el socialista Xosé Sánchez Bugallo, que gobierna en coalición con el BNG, tiene previsto enviar la basura a Cerceda a partir del 2005-, pero de cara el futuro hay que pensar en una ampliación. Y hay dos posibilidades. Ampliar las actuales instalaciones, o abrir una nueva en el sur, de cara a avanzar en un mayor equilibrio territorial. No hay una decisión tomada a este respecto. Una vía intermedia es algo en lo que ya se está trabajando, que es producir a través de los residuos combustible para plantas de cemento o plantas térmicas, con lo que se reduciría en parte el consumo de carbón. Se conseguiría así una finalidad doble. Damos salida a un residuo, y evitamos que este tipo de instalaciones consuman un combustible que esta emitiendo CO2. La capacidad de Sogama para producir este combustible es limitada, pero es una forma de seguir avanzando en el proceso de tratamiento de residuos».

LVG

Máis información

123 4 5

Written by ar

Marzo 6th, 2010 at 5:28 p.m.

O día no que Galicia sentiu celos de Australia

without comments

No ano 2002, o litoral galego recibía toneladas de chapapote producido pola inoperancia do Goberno Autonómico e Estatal polo afundimento do Prestige. Para atraer aos turistas e mostrarlles que Galicia era algo máis que chapapote, o goberno autonómico da época, ideou unha campaña turística denominada “Galicia Viva”.

Até aquí nada estaría fóra do normal, salvo porque nesa campaña, Galicia sentiu celos de Australia.

O anuncio de Galicia “Viva” de 2003 feito para mitigar o efecto nefasto do Prestige incluía no apartado de grandes lonas para fachadas de Madrid e Barcelona, así como en anuncios a toda páxina e en cor en xornais de tirada nacional, unha paisaxe boscoso fotografado ese mesmo ano.

O problema é que se trataba dun eucaliptal (Eucalyptus globulus), que é o monocultivo dunha planta invasora introducida durante o Franquismo co apoio das celulosas e que afecta gravemente aos ecosistemas galegos.

A principios de agosto, en lo más crudo de los incendios en Galicia, un vecino llamaba a una radio para denunciar lo que a su entender era una de las claves de la catástrofe: «Han sembrado los montes de árboles de dinero rápido y lumbre fácil». ¿Qué quería decir con esto?

Pues lo que muchos critican en Galicia y en el resto del España: que gran parte del territorio no está tapizado de bosques auténticos, sino de apretadas plantaciones de especies comerciales con poca biodiversidad y propensas a los fuegos. Más del 70% de la superficie forestal gallega está poblada por el eucalipto azul australiano (‘Eucaliptus globulus’) y pinos como el de Monterrey (‘Pinus radiata’), originario de California y usado en todo el mundo por su rápido crecimiento.

Galicia fue pionera en el siglo XIX en la entrada del eucalipto en España. Pero aquellas primeras siembras fueron casi una anécdota. El gran proceso de ‘australinización’ gallega se aceleró a partir de los años 40 y 50, cuando el Gobierno de Franco buscó nuevos rendimientos para un medio rural que se despoblaba. A las plantaciones en Extremadura, Huelva, Asturias y Galicia siguió la creación de fábricas de celulosa, pues la pasta de papel es el mejor destino para el eucalipto. La papelera de Ence se inauguró en Pontevedra en 1957 y hoy es el primer productor europeo y el segundo mundial de celulosa de eucalipto.

El Mundo

A resposta contra a cagada, non se fixo esperar, con decenas de chamadas e artigos en periódcios para protestar por mostrar esta paisaxe “tan natural” dunha especie invasora e que está a acabar coa paisaxe tradicional de Galicia de Carballos (Quercus robur) e Castiñeiros (Castanea sativa).

«Galicia viva»: canguros vivos

EN LAS ÚLTIMAS semanas, diferentes medios de comunicación dan cabida en sus páginas a una campaña de publicidad institucional que trata de promocionar el turismo rural en Galicia bajo el lema «Galicia viva, sensaciones vivas». Una de las fotografías más difundidas llama especialmente la atención por que muestra una casa -presumiblemente de turismo rural- en el medio de un mar de color verde. Si uno se detiene unos segundos sobre la fotografía ve con estupor que se trata de una plantación de eucaliptos. Desde luego, la campaña produce sensaciones , pero de espanto.

Vamos a ver, ¿alguien se puede imaginar una campaña de promoción de nuestra tierra mostrando una granja de avestruces o de nuestra gastronomía mostrando un plato de canguro? No. Pues eso es ni más menos lo que nos muestra esa foto, un cultivo de una especie australiana utilizada para fines industriales. Evidentemente se puede argumentar que la foto muestra la realidad, pero yo no he visto campañas que traten de promocionar el turismo mostrando los barrios más abandonados de nuestras ciudades ni, dicho sea de paso, los efectos del chapapote en nuestras costas por impresionantes que pudieran ser las imagenes. La pregunta es evidente: ¿por qué esa foto? ¿por qué no muestras de nuestros bosques autóctonos, de la fraga del Eume, de los Ancares, del Courel, en donde por cierto también hay alojamientos de turismo rural?

La respuesta es clara. Bajo esta anécdota, aparentemente sin importancia, hay una cuestión de fondo que sin darse cuenta nos muestran los responsables de la campaña, que es la nula consideración que para ciertos sectores del país tiene nuestro patrimonio biológico. Eso sí lo refleja la fotografía; es una cuestión de cultura y de sensibilidad, y lamentablemente esto no es tan común. Vivimos en una latitud que posibilita que nuestros bosques estén dominados por robles, abedules, etcétera, árboles de hoja caduca que conforman un paisaje con mil caras a lo largo del año. Las formas, los colores, los paisajes cambian; disfrutamos con las estaciones y exigimos que esa sea la seña de identidad de nuestra tierra y no un paisaje estático del que sólo el fotógrafo podría decir en que estación del año se hizo la foto. ¿Tan difícil es entenderlo?

Termino ya. En los últimos días me han llamado varios compañeros sorprendidos por la citada fotografía, que al parecer es motivo de comentarios jocosos en distintos centros de investigación de nuestro país; también me consta que sirve de ejemplo negativo en algunas aulas universitarias. Me he comprometido, y cumplo con estas líneas, a solicitar públicamente que la foto se complete con la presencia de un hermoso canguro vivo que sin duda atraerá más el turimo. Así esa estampa gallega quedaría completa.

Javier Guitián, Coordinador del Departamento de Botánica de la USC

Ateliê Geográfico
El Mundo

Vía libre para o atentado contra a Costa de Galicia

without comments

Costa da Morte - Ria de Muros y Noya
Fotografía de e-costa

Onte coñeceuse que a nova Xunta, derrogou o marco lexislativo de protección da Costa realizado na lexislatura polo bipartito na Xunta.

No anterior marco lexislativo, a protección da costa estaba en preto de 86.000 hectáreas e na prohibición de construír nos primeiros 500 metros de costa.

O novo borrador do Plan de Ordenación de Litoral da Xunta, acaba con esa protección, reducíndoa á metade (de 86.000 pasamos a 46.000 hectáreas) e a partir de Maio, a Xunta levantará de forma parcial a restrición de construción nos 500 metros de costa.

El documento fijará obligaciones para 2.100 kilómetros cuadrados de territorio, lo que supone el 7,2% de la superficie de toda Galicia. Sin embargo, de esos 2.100 kilómetros (…) el documento unicamente protege por completo 650 kilómetros cuadrados: 450 correspondientes a ámbitos de valor natural vinculados a la costa o a su paisaje y 200 en el entorno de ríos vistos como corredores naturales que dan continuidad. El resto de superficie se corresponde con 460 kilómetros cuadrados destinados a “mejora ambiental y paisajística”, una categoría ambigua y poco definida, y los mil kilómetros cuadrados (…) destinados a lo que la Xunta denomina “ordenación”. En la práctica, toda esa superficie, la mitad de la que gestiona elplan, quedará abierta a su urbanización con alguna de las figuras que establece la Lei do Solo.

Xornal De Galicia, vía Alecto

Isto é o que ocorre cando o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, é un antigo cargo dunha construtora.

La Xunta en funciones ha abierto un expediente al ex director xeral de Obras Públicas, Agustín Hernández, por incurrir en una“infracción grave” a la Ley de Incompatibilidades al trabajar para varias constructoras justo después de cesar en su cargo en la Consellería de Política Territorial.

Faro de Vigo

Máis en El PaísRadiodifusión A Nosa Terra

Written by ar

Xaneiro 9th, 2010 at 5:17 p.m.

Bosquejo tectónico de Galicia – Isidro Parga Pondal (Ano 1959)

without comments

Bosquejo tectónico de Galicia - Escala 1:500.000
Fai click, aquí ou na imaxe para velo en grande

Bosque tectónico de Galicia

Escala 1:500.000

Autor Isidro Parga Pondal
23 – Outubro – 1959

Written by ar

Xaneiro 6th, 2010 at 5:12 p.m.

¿Son reais os brotes verdes?

without comments

Na campaña das eleccións europeas, coñecemos os famosos brotes verdes do PSOE. Afirmados en primeiro lugar polas declaracións da vicepresidenta económica e ministra de Economía Elena Salgado e posteriormente apoiados por un vídeo electoral, que exaltaba as novas medidas de impulso económico que se estaban producindo en España.

Ao pouco, o famoso término de brotes verdes, foi tomado como burla ata o punto de dicir que o PSOE estábase burlando dos españois (en parte tiñan razón estas críticas, xa que só era unha noticia solta e de mal xeito).

Con todo, nos últimos días estanse coñecendo diferentes novas que parecen mostrar unha leve melloría na economía de España e algúns xa están comezando a dicir que os brotes verdes de Xuño, eran de verdade, aínda que o certo, é que debemos de ter un pouco de tranquilidade á hora de tomarnos estes datos.

-> A venda de coches a particulares crece tras 30 meses de baixadas

Logo de 30 meses (máis de 2 anos) de descensos, as vendas a particulares creceron no mes de xuño. Este cambio drástico de tendencia, está directamente relacionado cos plans postos en marcha, a finais de maio, polo Goberno central (500 euros directos) e os 500-1000 euros de diferentes comunidades autónomas, máis as axudas das marcas.

Todas as comunidades autónomas, salvo tres (Canarias, Ceuta e Baleares), arroxan xa cifras positivas na canle particular, destacando Navarra, onde as vendas crecen un 87,2%, grazas a ser a primeira comunidade en poñer un plan prever fai moitos meses (moito antes da medida do Goberno central).

De todos os xeitos, debemos de ter coidado, xa que nos meses de verán, sempre adoita aumentar a compra de coches (renovación de coches de Renting), pero é destacable a subida que está comezando a notar.

Moitas marcas de coches, reduciron ou paralizado os ERE temporais que tiñan previstos realizar, principalmente grazas ás axudas de Francia e Alemaña, pero a subida da compra en España, estase comezando a notar.

(nova ampliada – EL día)

– A confianza dos consumidores sobe a niveis de marzo de 2008

A confianza dos consumidores en España volveu a subir en xuño, por cuarto mes consecutivo, e marca o nivel máis alto desde marzo de 2008 debido, sobre todo, á mellor percepción dos cidadáns sobre a situación económica e sobre as expectativas de futuro. Concretamente, o Indicador de Confianza dos Consumidores do Instituto de Crédito Oficial (ICO) incrementouse así en 2,6 puntos ata os 66,4 puntos.

(nova ampliada en El País)

O paro baixa en 55.250 persoas en xuño e encadea o seu segundo descenso consecutivo

Gráfica de Público

O número de parados rexistrados nas oficinas do Instituto Nacional de Emprego (Inem) baixou en 55.250 persoas en xuño respecto de maio (-1,5%), rexistrando o seu segundo descenso mensual consecutivo tras estar 14 meses ao alza. O total de desempregados situouse así en 3.564.889 persoas, segundo informou hoxe o Ministerio de Traballo e Inmigración.

Desde logo é un magnífico dato, aínda que hai que facer varias observacións.

1 – Nos meses de verán, sempre hai un aumento do número de contratacións, debido á contratación de persoas no sector da hostalería (recordemos que o Turismo é un dos principais sectores económicos de España).

Con todo, esta subida, que aínda que poida parecer normal, nunha situación de crise a verdade que non é tan normal e por iso o extraordinario da nova. A proba está en que o ano pasado no verán, o paro aumentou (levaba 14 meses consecutivos subindo)

A caída do desemprego neste mes contrasta co comportamento que experimentou o paro en xuño de 2008, cando o desemprego subiu en 36.849 persoas. O retroceso en xuño de 55.250 persoas supón a maior rexistrada neste mes desde 2001.

Ademais o ano pasado o número de turistas a estas alturas do ano, xa eran bastante maiores aos de agora, onde a contratación de viaxes caeu en picado, debido á forte caída do turismo exterior.

2 – Non só é o emprego estival o que axuda á baixada do paro.

Os bos datos esténdense a todos os sectores. Descende en servizos en 31.852 persoas (-1,5%), en construción en 16.367 (-2,3%) e en industria faio en 10.634 (-2,1%).

É a maior baixada de desemprego en xuño, como mínimo desde 1997, no sector de Industria e no sector de Construción. (PDF páxinas 24 á 26)

3 – España segue sendo o país da UE con máis paro e que máis empregos destrúe e iso é algo innegable

4- O paro baixou en todas as comunidades autónomas, excepto Madrid.

Madrid tiña unha gran cantidade de persoas traballando no sector construción, polo que a subida do paro é en certa medida normal, ata que se estabilice máis o tema da construción, que aínda que comeza a facelo, aínda lle queda tempo debido á cantidade de pisos que aínda seguen baleiros.

5 – Os autónomos seguen sendo os máis prexudicados.

O presidente da Asociación de Traballadores Autónomos (ATA), Lorenzo Amor, queixouse onte de que «brótelos verdes non chegaron aos autónomos, que estamos secos e tesos e non albiscamos a luz ao final do túnel, senón escuridade. Non vendemos, non producimos, non accedemos ao crédito e estamos fartos da morosidade tanto privada como pública»

Amor destacou tamén que os autónomos «estamos soportando unhas cotizacións sociais que non chegamos a pagar e uns impostos aos que tampouco podemos facer fronte» e que o froito de todo iso é que, no que vai de ano, perdéronse máis de 80.000 autónomos en España. «Somos o único réxime de toda a Seguridade Social que perde afiliación» (declaracións completas en ABC)

6 – Para rematar, hai diferente suma de factores, xa que baixan os soldos de contratación (a xente confórmase con menos), o verán, e unha estabilización da crise, tanto no número de Es presentados como na cantidade de entidades financeiras afectadas.

Moitas empresas xa se adaptaron a sobrevivir cunha caída media do 30% da facturación, polo que unha vez que o crédito; parece que timidamente comeza a volver, algunhas empresas deixarán de facer Es unha vez adaptaron os persoais e nalgúns volven contratar.

Written by ar

Agosto 14th, 2009 at 11:24 p.m.