Ciencias

Enerxías renovables, bioloxía, ciencias, política, historia, opinións…

Archive for the ‘galicia’ tag

Memoria da lingua

without comments

As Candongas do Quirombo, nome colectivo baixo o que traballan Andrea Núñez, Xandra Santos, Lara Rozados, Laura Fernández e Raquel Rey, vén de rematar a realización de Memoria da lingua, un documental no que a través de vinte entrevistas investigan a memoria social da lingua galega. Xa se pode ver na rede.

A memoria da lingua from as candongas do quirombo on Vimeo.

Written by ar

Outubro 29th, 2010 at 8:56 p.m.

Posted in vídeo

Tagged with , , , ,

Vigo na Folga Xeral

without comments

En Vigo parece un día de ano novo. Case non hai nada aberto e a cantidade de persoas pola rúa é pequena, do mesmo xeito que os coches. Os bares que sempre se resistían agora nin abriron. Algún colexio ten xente e profesores (menos que de costume) e nos institutos parecido, cumprindo os servizos “mínimos”.

En canto á cidade o porto está parado desde onte á noite, do mesmo xeito que Citröen que entrou moi pouca xente e sen xente non poden funcionar.

O mesmo nas auxiliares de Valadares e Porriño, que teñen unha cantidade de persoas similar ás de Citröen. Nos estaleiros igual e onte entraron menos de 5 persoas a traballar en Barreiras, que é o máis importante da Ría. En Vulcano a cousa é similar

El Corte Inglés nin tentou abrir, logo de que onte sufrirá un estoupido dun cóctel molotov e con Alcampo parecido, aínda que neste caso, tiñan colectores ardendo impedindo a entrada. Caixanova (central) abriu, aínda que entraron polo garaxe.

E a noite foi moi quente con bombeiros saíndo cada pouco e lanzamento de cócteles molotov

Na UVIGO (20 km. de Vigo) algo parecido porque só hai 2 das 4 liñas de autobús e a contagotas, unha delas só vai ir até 1 km antes da Universidade, co que só hai unha liña.

En canto á prensa, Xornal e Faro non se puideron imprimir e no resto de xornais máis do mesmo, porque apenas hai quioscos abertos.

No resto de Galicia a situación é similar, aínda que hai varios detidos por lanzamento de cócteles molotov.

No que respecta as manifestacións dos sindicatos, Vigo era a cidade central das movilizacións.

Na de UXT e CCOO, a policía fala de 30.000 persoas, aínda que os sindicatos falan de 75.000 persoas. O certo, é que ocuparon a metade da Gran Vía de Vigo, e a manifestación chegou ata máis de un kilómetro de lonxitude

Ademais de UXT e CCOO, no final da manifestación tamén estaba Esquerda Unida, a CNT e o CUT.

No canto da CIG, fálase de 30.000, aínda que a CIG sobe a cifra ata as 50.000 persoas.

#folgaxeral #huelgageneral #vigo #29S

Bu neno, soy el nuevo dueño de Coruña!

without comments

Coruña ten novo dono, El Freddy.

Written by ar

Setembro 7th, 2010 at 7:02 p.m.

A Xunta segue coa súa política de escurantismo informativo en materia contra incendios

without comments

A Xunta de Galicia segue coa ocultación de datos, na súa política contra incendios. O último caso, foi o incendio que está a afectar a Laza, que comezou o domingo. Ese día, o incendio “non existía”, o luns oficialmente había 15 hectáreas calcinadas e onte de súpeto, xa había 900. Os medios desprazados sobre o terreo, falan de que son moitas máis hectáreas das que fala a Xunta. Todo un exemplo da nefasta política en materia antiincendios con recorte de fondos (8,7 millóns en 2010) e unha televisión pública que até hai unha semana non informaba os incendios menores de 80 Ha

O incendio que se orixinou sobre as 16 horas do Domingo pasado, na parroquia de Camba, en Laza (Ourense); segue activo debido a unha Xunta totalmente desbordada, nunha zona de alto valor ecolóxico, xa que se atopa moi próximo do Parque Natural do Invernadoiro, que forma parte da Rede Natura e declarado lugar de Interese Comunitario (LIC É1130002 – pdf), e do que a Xunta está obrigada a informar de toda incidencia e de actuar con maior medida que no resto de lugares. Nesta ocasión, o incendio afectou a parte do LIC.

Características

Formaciones herbosas de Nardus, brezales secos y pastos pioneros sobre superficie rocosa. Prados ibéricos silíceos de Festuca indigesta. Robledales de Quercus robur y pyrenaica. Pinares de Pinus sylvestris.

En el extremo oriental de la LIC encontramos las Gargantas del río Bibei, con fuertes pendientes, viñedos aterrazados, encinas y olivares que denotan un enclave de marcada influencia mediterránea.

Calidad

Zona de alto interés botánico que en la actualidad se recupera de los efectos de un incendio en 1985; presenta intrusiones de especies mediterráneas y amplias zonas de regeneración natural del bosque autóctono (Parque Natural do Invernadeiro).

Poblaciones estables de Lobo (Canis lupus).

No existe ningún núcleo habitado en la zona central de O Invernadeiro- Serra de Queixa (5000 Has).

Muy buena representación del hábitat 6230 (Formaciones herbosas con Nardus) conteniendo el 97% de lo existente en Galicia-atl, lo que representa el 90% de lo existente en la región atlántica.

También es destacable la presencia de prados ibéricos silíceos de Festuca indigesta (6160).

Vulnerabilidad

Zona de alto riesgo de incendios por quemas incontroladas. Alto riesgo de mortandad de fauna por uso de veneno.

MARM – PDF

Grazas á nova política en materia contra incendios posta en funcionamento o ano pasado, para a Xunta os incendios non son incendios, ata que levan 20 hectáreas calcinadas.

O Domingo, o incendio non existía e o luns, como “oficialmente” non excedía as 15 hectáreas tampouco se informou. Onte, a Consellería de Medio Rural, informou de que o incendio xa levaba 900 hectáreas, aínda que medios desprazados sobre o terreo, xa están a falar de que levan entre 1.500 e 2.000 hectáreas.

Os propios militares da Unidade Militar de Emerxencias, que tiveron que regresar a Galicia onte (despois de que a Xunta dixéselles que non os necesitaban debido aos poucos incendios que había), xa falaban de máis de 1.000 hectáreas, cando a Xunta aínda non sacara a nota na que informaba das 900 hectáreas oficiais.

Para escusarse, a Xunta afirma que a zona é de moi complicado acceso, así como dos fortes refachos de vento. Aínda que eses factores non provocan que oficialmente se pasen de 15 a 900 hectáreas.

Por su parte, distintos alcaldes de ayuntamientos limítrofes con Laza han asegurado a Europa Press que las llamas no han afectado a sus municipios. Así, tanto el regidor de Castrelo do Val, Vicente Gómez, como el de Cualedro, Luciano Rivero, y el de Vilariño de Conso, Ventura Sierra, han confirmado que el fuego se extendió hacia el Norte y, en concreto, hacia la vecina localidad de Chandrexa de Queixa.

En todo caso, Gómez ha resaltado que el fuego “lleva ardiendo varios días” y que el frente es “bastante amplio”. “Se trata de un incendio de grandes proporciones”, ha recalcado, para advertir a continuación a la Xunta de la importancia de dar “datos correctos”. “Engañándose uno mismo no se consigue nada más que provocar a los que plantan fuego”, ha puntualizado.

Europa Press

Para combater o incendio de Laza, o Estado Central, envío 120 militares, 24 vehículos, seis motobombas e catro camións, que sumaron aos 9 axentes forestais, 26 brigadas, sete motobombas, tres pas, 10 helicópteros e once avións que xa traballaban na extinción

Todo se suma ás denuncias de recorte de Fondos en materia de prevención e das pésimas condicións laborais do persoal para a extinción dos incendios da Xunta de Galicia.

Por su parte, el sindicato CCOO denunció este martes las “penosas” condiciones laborales del personal que trabaja en los operativos contra incendios y criticó el recorte de cerca de nueve millones de euros acometido por la Xunta en materia de prevención.

La responsable de salud laboral del sindicato, Ascensión Esteban, señala en un comunicado que existe una “falta de inversión” en medios técnicos y humanos y lamenta la falta de formación de los profesionales que día a día se enfrentan a un fuego “que no da cuartel”.

Esteban explica que los trabajadores que integran las brigadas contra incendios son contratados eventuales cuya formación es “ridícula” pues se limita a un curso de dos días que no contempla ninguna parte práctica. “Esta situación provoca no solo inseguridad sino también un alto riesgo de accidentes de consecuencias irremediables”, asegura la sindicalista.

El MUNDO

En días pasados, decatabámonos mediante informacións en El País, de que os axentes forestais reciben botas que non se poden achegar ao lume (1) ou que a Xunta repartiu agora as axudas para a limpeza de montes.(2)

(1)

La Xunta entregó este año por todo material de protección personal a los forestales fijos que trabajan en la extinción de incendios unas botas de goretex de la marca Robusta. En la etiqueta del calzado se advierte, junto a otras instrucciones de uso: “No las acerque a una fuente de calor porque se acartonaría la piel”. Los agentes no las usan en sus salidas para apagar los fuegos (son de uniforme, no de extinción) pese a que los delegados en el comité de seguridad de prevención de riesgos preguntaron a los representantes de la Xunta si el calzado era apto para acudir con él a los incendios “y contestaron que sí”, sostiene Carlos Hermida, delegado de prevención del comité de seguridad y salud de incendios de Galicia, que preside el conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez.

El PAÍS

(2)

La Consellería de Medio Rural empezó la pasada semana a notificar a las comunidades de montes en mano común las ayudas para la prevención de incendios forestales que fueron convocadas en abril y que, para mayor sorpresa de los solicitantes, excluyen toda subvención a la contratación de personal para las labores objeto de la convocatoria, fundamentalmente la limpieza del monte. En algún caso, la notificación de las ayudas otorgadas se produce cuando ya ha ardido el monte que se trataba de proteger.

EL País

Onde se atopa Feijóo?

Nesta ocasión, o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, aínda non acudiu a pé de incendio, tal como fixese en 2006 cando acudiu xunto con Mariano Rajoy e Rafael Louzán, a “extinguir os incendios”.

Fotografía de Josecarlos

Esta mañá, en lugar de acudir sobre o lugar para informarse ou facerse a foto, está no porto de Burela (Lugo) e ao longo de todos os incendios ocorridos en Galicia, non acudiu a ningún, a informarse sobre o terreo.

Contraste coa etapa do Bipartito

Durante o 2006 co Bipartito, a Consellería de Medio Rural, encargada da xestión da extinción dos incendios, facía público o número de focos activos, localización, os medios presentes, nivel de alerta, estradas e entidades de poboación afectadas. Para iso, informábase mediante SMS, vía telefónica e mediante internet na páxina de Medio Rural (agora xa non é accesible), con actualización cada media hora nos momentos máis fortes da crise (até 300 focos simultáneos), independentemente da súa extensión.

Todo iso, a pesar de que era unha publicidade moi negativa para o goberno, que en moitas ocasións estaba desbordado pola magnitude da catástrofe. De feito, a maioría de medios de comunicación podían ter directa co Conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, podéndoo localizar á 1 da mañá para entrar en directo nos medios informativos, algo que foi aplaudido mesmo pola oposición.

Este mapa, é un mapa realizado por internautas, ante a ausencia de datos e manipulación informativa da Xunta de Galicia
Ver Incendios Forestais – Incendios Forestales – Galicia 2010 nun mapa máis grande

Máis información

La Xunta no informó del fuego en Laza, que ya arrasó 2.000 hectáreas

El fuego arrasa más de 1.000 hectáreas en Ourense

Los incendios se disparan en Ourense y desbordan a la Xunta

El PSdeG censura el recorte de la Xunta de 8,7 millones

Sierra de O Invernadoiro a análisis.

Desfeita incendiária atinge o Invernadoiro e ameaça a Serra do Courel

Oscurantismo informativo

Despliegue militar en Laza para controlar el incendio más devastador de Galicia

Os recortes da Xunta en materia de prevención de incendios poñen en perigo os montes

Escurantismo informativo

without comments

Nos últimos días estamos a ver como as condicións climatolóxicas adversas, están a facer que Galicia estea en risco extremo de alerta de incendios. Mentres tanto, a Xunta  adícase a ocultar os datos dos incendios menores de 20 Ha, sen ofrecer os balances do terreo queimado, limitándose a dicir que é un “verán complicado” e impedindo que a TVG informe os incendios menores de 80 Ha. Durante o 2006, a Xunta ofreceu datos pormenorizados de todos os focos, independentemente da extensión. Cal é o motivo polo que agora non se informe?

Durante o 2006 co Bipartito, a Consellería de Medio Rural, encargada da xestión da extinción dos incendios, facía público o número de focos activos, localización, os medios presentes, nivel de alerta, estradas e entidades de poboación afectadas. Para iso, informábase mediante SMS, vía telefónica e mediante internet na páxina de Medio Rural (agora xa non é accesible), con actualización cada media hora nos momentos máis fortes da crise (até 300 focos simultáneos), independentemente da súa extensión.

Situación dos focos de incendios entre os días 9 e 11 de Agosto de 2006. Cada pirámide verde, representaba un foco de lume. Capturas da páxina de 112 Galicia, entre o 9 e 11 de Agosto.

Todo iso, a pesar de que era unha publicidade moi negativa para o goberno, que en moitas ocasións estaba desbordado pola magnitude da catástrofe. De feito, a maioría de medios de comunicación podían ter directa co Conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, podéndoo localizar á 1 da mañá para entrar en directo nos medios informativos, algo que foi aplaudido mesmo pola oposición.

E co engadido dos noxentos réditos políticos que fixeron mediante fotos como a do entón líder da oposición, Alberto Núñez Feijóo, fotografándose apagando un lume cunha mangueira e con Mariano Rajoy e o Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, a “pé de incendio”, a pesar de que Louzán non repartiu os fondos para a limpeza de montes e a convocatoria de cuadrillas de extinción de incendios.

Fotografía de Josecarlos

Xa o ano pasado, a Xunta de Galicia anunciou que só ía ofrecer os datos dos incendios maiores a 20 hectáreas ou os que puñan en perigo a seguridade cidadá. Para xustificarlo, a Xunta, amparábase no secuestro da información sobre incendios para “evitar a alarma social”.

Este ano estase volvendo repetir a situación, pero co agravante de que as condicións climatolóxicas son moitísimo máis favorables ao risco de incendio polas altas temperaturas (+ de 30 graos centígrados), baixa humidade (menor ao 30%), a ausencia de choivas desde o 9 de Xullo e o vento do Norte.

O actual conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, recoñeceu o 5 de Agosto, que o mes de Xullo fora “un mes complicado” en materia de incendios forestais, porque o tempo “estaba a ser complicado”, en especial por culpa do tempo do norte, que dificultaba as tarefas de extinción. A pesar de recoñecer que estaba a ser complicado, o Conselleiro, negouse a ofrecer os datos das hectáreas queimadas, simplemente quedándose en que “todos os incendios son moitos”.

A semana pasada durante o incendio que afectou á localidade de Fornelos de Montes (Pontevedra) e na que faleceron dous brigadistas, por culpa segundo os primeiros indicios dun cambio de vento, a Xunta non informou o incendio, ata que non quedou outra que informar porque faleceran os dous brigadistas.

Un caso paradoxal foi o de Marín no que unha columna de fume era perfectamente visible desde Vigo (20 quilómetros de distancia) e no que a Xunta se negou a informar, ata que excedeu as 20 hectáreas. Todo contrasta, coa información ofrecida polo MARM, que informou os incendios aos que desprazou medios propios, en moitos casos, menores ás 20 hectáreas dos que se nega informar a Xunta.

A todo iso sumar, que a TVG, a televisión pública, desde o sábado pasado, só informa daqueles incendios superiores a 80 hectáreas, cando durante o bipartito informábase mediante mapas dos focos de incendio e con conexións en directo.

Para botar máis leña ó lume, onte decatabámonos mediante informacións en El País, de que os axentes forestais reciben botas que non se poden achegar ao lume (1) ou que a Xunta repartiu agora as axudas para a limpeza de montes.(2)

(1)

La Xunta entregó este año por todo material de protección personal a los forestales fijos que trabajan en la extinción de incendios unas botas de goretex de la marca Robusta. En la etiqueta del calzado se advierte, junto a otras instrucciones de uso: “No las acerque a una fuente de calor porque se acartonaría la piel”. Los agentes no las usan en sus salidas para apagar los fuegos (son de uniforme, no de extinción) pese a que los delegados en el comité de seguridad de prevención de riesgos preguntaron a los representantes de la Xunta si el calzado era apto para acudir con él a los incendios “y contestaron que sí”, sostiene Carlos Hermida, delegado de prevención del comité de seguridad y salud de incendios de Galicia, que preside el conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez.

El PAÍS

(2)

La Consellería de Medio Rural empezó la pasada semana a notificar a las comunidades de montes en mano común las ayudas para la prevención de incendios forestales que fueron convocadas en abril y que, para mayor sorpresa de los solicitantes, excluyen toda subvención a la contratación de personal para las labores objeto de la convocatoria, fundamentalmente la limpieza del monte. En algún caso, la notificación de las ayudas otorgadas se produce cuando ya ha ardido el monte que se trataba de proteger.

EL País

E tan complicado informar puntualmente dos incendios como se fixo durante o 2006?

O mapa que vos mostramos a continuación, é un mapa amateur, produto da recompilación dos datos oficiais como do non oficiais que achegan os medios de comunicación e usuarios de internet (Galicia arde e a Xunta ocúltao!!!), e que a Xunta se nega a dar.

Ver Incendios Forestais – Incendios Forestales – Galicia 2010 nun mapa máis grande

Máis información

Ver Galicia arder

– 2006 – Rajoy reclama indemnizaciones para los afectados por incendios

El Circo Feijóo

Feijoo ya no posa sacando la manguera para apagar el fuego en Galicia

Un verán máis, a Xunta oculta os lumes forestais

Mueren dos bomberos en un incendio forestal desatado en Pontevedra

Los agentes forestales reciben botas que no se pueden acercar al fuego

La Xunta “privatiza la coordinación antiincendios con un concurso a dedo”

La Xunta reparte ahora las ayudas a vecinos para limpiar el monte

2009 — Medio Rural limita la información sobre los incendios para “evitar alarma social”

Unha oportunidade para a biomasa?

without comments

Sendo España uno dos grandes produtores de madeira de Europa e o segundo país con máis hectáreas de bosques, dispón dun recurso enerxético pouco explotado como é a biomasa. Ben xestionada, pode ser unha alternativa relativamente boa para a xeración de enerxía, fixar poboación rural, limpar os montes, co que evitamos incendios. Poderíamos darlle unha oportunidade?

Países nórdicos como Suecia e Finlandia, con grandes superficies forestais e un sector madeireiro e papeleiro con gran importancia na súa economía, desde hai anos expoñen con éxito a alternativa da biomasa, a alternativa da valorización duns residuos que quedan despois do proceso de curta dos bosques ou coa plantación de variedades locais de Panicum virgatum, unha planta herbácea con bo crecemento en terreos marxinais e con gran valor enerxético.

Ademais desde hai tempo, tamén veñen plantando especies de Salgueiros, árbores de relativo rápido crecemento, boa valoración enerxética e cunha vantaxe fronte a outras especies, como a fitorremediación de chans contaminados e de augas residuais.

Para iso, empregan unhas 16.000 hectáreas de salgueiros en plantacións baixas de curta rotación (3-5 anos), compostas de clons e híbridos de Salix viminalis, S. dasyclados e S. schwerinii, sendo plantados moitos deles, en zonas degradadas ou mesmo como axuda aos sistemas de depuración de augas residuais. (Ver Salgueiros para enerxía e fitorremediación en Suecia )

En Suecia, a produción de enerxía con biomasa, supuxo os 115 terawatts/hora no 2009, o que representa o 32% da enerxía consumida, grazas a plantas para a produción eléctrica, calefacción e auga quente sanitaria, grazas a centrais de biomasa centralizadas e con redes de tubaxes que achegan un sistema de calefacción a parte dos fogares suecos.

E é unha alternativa tremendamente beneficiosa porque evitamos o consumo de gasoil ou gas nas caldeiras de calefacción, co que a emisión de CO2 e de partículas contaminantes vese moi reducida, a pesar de que a combustión da biomasa emita CO2, pero son emisións neutras.

A situación de España

A utilización da biomasa en España ten pouca importancia a nivel eléctrico, xa que a maioría prodúcese para a xeración de enerxía térmica, aínda que o certo é que a potencia se ha ir dobrando desde os 90.

Con todo é igual que un gran de area no deserto, xa que no ano 2009, a biomasa supuxo 2.547 GWh de enerxía ou o 0,94 % do total das Enerxías renovables aínda que esta hai que pillala con pinzas, xa que a maioría de plantas de biomasa empréganse para xerar calor que logo é fornecido con redes de calefacción centralizada, como se pretende para para a Cidade do Medio Ambiente en Soto de Garray (Soria) (1 e 2)

Até agora, a gran maioría de plantas, eran plantas a pequena escala e nas que estaban metidas as entidades públicas mediante consorcios públicos e xeralmente aproveitábase todo tipo de residuos enerxéticos desde residuos forestais, monte de matogueira ou mesmo residuos animais, co que valorización se reduce ademais das emisións doutros GEI e pequenas partículas.

Con todo nos últimos 5 anos, estamos a comezar a dar os primeiros pasos en serio co tema da xeración eléctrica coa biomasa, coa construción de dúas plantas significativas como é a de Iberdrola en Corduente (a pioneira de só material forestal) e a de Xátiva, que é a maior planta de biomasa de España coa capacidade para producir 13 millóns de quilowatts ao ano de enerxía eléctrica e evitar a emisión de 4.000 toneladas de CO2 equivalente en compensación doutras enerxías máis contaminantes.

A Central de Iberdrola en Corduente (Guadalaxara) é a primeira en empregar exclusivamente restos forestais (unhas 26.000 toneladas), que son obtidas da limpeza e poda dos montes xa ben nas tarefas de limpeza para evitar residuos e evitando incendios nunhas 800 hectáreas de terreo, así como de cultivos enerxéticos con árbores de crecemento rápido como os Salgueiros ao modelo sueco ou con Robinia pseudoacacia (unha especie que está a comezar a dar algúns problemas de invasión da que falaremos logo).

É capaz de producir uns 14.063 millóns de KWh de enerxía ao ano, con capacidade suficiente para o abastecemento duns 14.000 habitantes. Por un parte estamos a limpar os bosques próximos e dando emprego máis de 250 empregos entre directos e indirectos, que á súa vez logra fixar poboación nunha das zonas máis deshabitadas de España.

Outro exemplo témolo coa planta de Biomasa de Allariz (Ourense) que é un referente a nivel nacional e Europeo, que lle valeron ao concello de Allariz, diferentes premios ambientais da UE.

Industria

Un caso paradoxal, foi o da industria papeleira e da transformación da madeira en España, que tanto coas emisións como cos procesos para o branqueado de papel, foron durante anos grandes focos de contaminación e que até hai pouco, apenas aproveitaran os residuos xerados pola madeira para o seu propio abastecemento.

Un exemplo de que parece que algo está a cambiar, é o caso de ENCE na súa planta de Huelva, que pretende ser a maior planta de Biomasa de España, cunha potencia de 50 MW e segundo “datos” de ENCE, na actualidade xa producen máis enerxía da que consome, aínda que son datos que convén pillalos con pinzas. O problema é que ENCE segue sendo unha das empresas máis contaminantes de España e unha das maiores deforestadoras de España coa introdución do Eucalipto, unha especie invasora, da que falaremos máis tarde.

Por outra banda, levamos uns anos con boas investigacións para a creación de pequenas plantas de biomasa en centros culturais, edificios, etc… grazas ao emprego de residuos agrícolas da viticultura ou mesmo os residuos do Oliveiral

Biomasa, o Petróleo de Andalucía

Vantaxes

Se a Biomasa xestiónase ben, pode ser unha “magnífica” fonte enerxética e relativamente ecolóxica.

1 – Considéraselle como unha fonte enerxética con emisións neutras; xa que previamente fixáronse na planta para o seu crecemento.

Aínda que emiten CO2 (emisións neutras), lograríase evitar a emisión doutros gases contaminantes que se desprenderían da combustión de petróleo, gas ou carbón nos sistemas de calefacción. Cuns 3 quilos de biomasa iguálase a un litro de gasolina, co que é unha fonte (máis) contaminante que deixamos de empregar. (segue en Problemas punto 3)

2 – Capacidade de fixar poboación en zonas rurais, carentes de emprego e cun despoboamento alarmante, xa que é unha das enerxías que máis empregos xeran por MW instalado (8,9 empregos fronte aos 0,3 da Eólica).

Por outra banda, logramos evitar a propagación de incendios, xa que aqueles bosques limpos sen matogueira, xeralmente son nos que menos avanza o lume.

3 – Coas cinzas producidas pódense empregar como fertilizante natural, aínda que as plantas requiren filtros especiais para emitar a emisión de determinadas partículas.

4 – Poderíanse chegar a crear pequenas plantas a nivel local de concellos, para que cada concello puidese limpar os seus montes e empregar esa biomasa para quentar estancias municipais co que ademais de lograr uns empregos a nivel local, reduciríase o consumo doutros combustibles en edificios públicos. Mesmo en función do tipo de concello, poderíase lograr redes de canalización a para calefacción en vivendas.

Problemas

Con todo, como dixemos, para que a biomasa como enerxía fose “ecolóxica” e potencialmente renovable, necesitaríase unha correcta xestión, ademais doutros factores.

1 – Necesitaríase unha correcta xestión dos bosques evitando a introdución de especies invasoras.

Diferentes especies de Pinus , pero especialmente Eucalyptus globulus, que se introduciu procedente de Australia de onde é natural (e nunca debeu de saír), foron as causantes dunha perda de biodiversidade brutal en zonas de Galicia, Andalucía e parte da cornixa cantábrica, sendo zonas nas que creceu con rapidez a plantación de monocultivos, primeiro para unha industria naval puxante no inicio de Século XX e logo para a fabricación de pasta de papel.

Un dos responsables deste desastre ecolóxico, foi ENCE (Empresa Nacional de Celulosas de España) anteriormente pública e logo privatizada, que se dedica á transformación de madeiras, sendo o primeiro propietario de bosques maderables de Eucalyptus en Europa e segundo produtor mundial de pasta de celulosa desta árbore, da que antes falabamos co caso da planta de Biomasa en HUELVA.

ENCE asentouse nos anos 50 na Ría de Pontevedra e para iso fomentou mediante diferentes plans do ICONA, a plantación de Eucalyptus globulus, unha especie invasora que acaba coa auga da contorna, capaz de rebrotar despois de devastadores incendios e que produce sustancias tóxicas para impedir o crecemento doutras árbores.

Introduciuse por ser unha boa materia prima, xa tiña un bo rendemento cun crecemento moi rápido, o que entre os pequenos agricultores de entón e até ben entrados no 2000, coa conivencia das autoridades locais, nacionais e europeas, fomentásese o monocultivo da invasora mediante axudas públicas.

Por tanto sería necesario unha boa xestión, algo que parece que se está facendo en Corduente con diferentes especies de Salix (biorremediadoras, de rápido crecemento e non invasoras) aínda que non o están facendo do todo ben, coa Robinia pseudoacacia, unha especie que está a dar algúns problemas nalgunhas zonas do centro peninsular e coa que corren o problema de convertela nunha invasora se se dan determinadas condicións.

Quizais o modelo de explotación máis adecuado é de especies de crecemento rápido non invasoras ou centralo exclusivamente na limpeza de bosques e residuos das curtas, pero con este último modelo a rendibilidade económica veríase reducida.

2 – Require un traslado da materia prima até a planta, co que necesitamos de maquinaria tanto para a recolección, esmagado como para o transporte até a propia planta. Certo é, que en función do tipo de material que empreguemos, en función da súa capacidade de fixación, as emisións poderían ser neutras.

Esta problemática do transporte, é o que fai que as empresas non entren de cheo no campo da biomasa, xa que a diferenza doutras enerxías, a biomasa non ten a materia prima in situ como ocorre co sol e o vento ou mesmo co biogás.

3 – Algunhas organizacións ecoloxistas como BirdLife, Transport & Environment e European Environmental Bureau (en España é mediante Ecoloxistas en Acción como membro das dúas últimas organizacións) quen recentemente deron a coñecer un informe afirmando que a biomasa non serve para combater ao cambio climático, chegando a comprala cos biocarburantes e cuestionando a eficacia da redución do CO2.

La novedad más notoria del informe, y en concreto del estudio Carbon debt of woody biomass, es que hasta ahora la biomasa no había sufrido un cuestionamiento tan frontal de los grupos ecologistas, aunque reconocen que no todo es malo y los resultados difieren según el tipo de materia prima. “El proceso es beneficioso desde el principio, aunque no tiene emisiones nulas, -recogen en Ecologistas en Acción- si se trata de residuos forestales, o en el caso de conversión de tierras de cultivo a bosques, pero en bosques explotados intensivamente estos beneficios pueden tardar entre dos y tres siglos en producirse, lo que será demasiado tarde para luchar contra el cambio climático”. La ONG concluye que “este elemento temporal es ignorado en la normativa energética europea, que prevé una reducción de emisiones para 2020 basándose en esta fuente de energía”.

Energías renovables

Aínda que teñen parte de razón nas súas formulacións, o certo é que en España a madeira non se importa, xa que se se fixese, serían totalmente inviables os proxectos de plantas de biomasa. Ademais que en España coa produción local totalmente desaproveitada, mesmo se podería chegar a ter materia para exportar, xa que España ten a segunda superficie forestal de Europa.

En canto ás críticas de que sexan con bosques explotados, se se empregan con curtas controladas cada bastante tempo e de forma rotacional, poderíase chegar a un sistema relativamente sustentable e mesmo en determinados casos, bastaría cos restos de podas e os labores de limpeza.

Mesmo aínda que os informes destas organizacións fosen correctos, poderiamos chegar a mellorar a eficiencia coa posta de placas solares sobre os secadoiros da biomasa nos exteriores das plantas, de forma que poderiamos compensar en parte as emisións no caso de non fosen neutras.

O problema para o correcto funcionamento da biomasa como unha enerxía relativamente ecolóxica, é que as administracións apenas miran polo correcto funcionamento de que non se fomenten invasoras (até agora nunca o realizaron) ou se corte só aquelas zonas que se deben de cortar.

Máis información

Biomasa-Enersilva

El peligro que viene de fuera

Los grupos ecologistas incluyen a la biomasa en su ataque a los biocarburantes

Central de biomasa de Corduente

Secadero solar para biomasa en Lubia, Soria

Ence -Huelva

La empresa ENCE proyecta la mayor planta de biomasa de España

Una ‘ciudad sostenible’ a las orillas del Duero

IBERDROLA RENOVABLES INAUGURA LA PRIMERA CENTRAL DE BIOMASA FORESTAL DE ESPAÑA EN CORDUENTE (GUADALAJARA)

La energía renovable generó el 30 % de la electricidad en 2009

La producción de energía con biomasa forestal mejorará la gestión de los bosques

Estrategia forestal de la Unión Europea

España es el segundo país de la Unión Europea con más hectáreas de bosques

Suecia se calienta con biomasa

La biomasa produce más electricidad que el petróleo en Suecia

– El césped Panicum virgatum combina la bioenergía y la conservación

– APROVECHAMIENTO ENERGÉTICO DE RESIDUOS FORESTALES EN LA PLANTA DE ALLARIZ – PDF

Unha perda para a cultura Galega

without comments

Hoxe anunciouse a perda de dous medios de información en Galego como son Vieiros e o portal de novas Chuza!. Ambos medios, con temáticas diversas, eran parte do referente cultural e do internet en Galego. Unha ventá aberta ó exterior en galego que marchan “até sempre” como dicía Vieiros.

Até sempre

Hoxe, 24 de xullo de 2010 e véspera do Día Nacional, Vieiros pecha logo de 15 anos de ilusión e esforzo por manter o medio que sempre soñaramos.

Nacemos cando a rede galega estaba aínda en cueiros e ningún medio do país estaba na web. Tivemos a mesma forma de entender Galiza que aquela revista homónima do exilio liderada por Luís Soto: un país moderno e aberto ao mundo, sen complexos e con todo o futuro por diante.

Vieiros foi desde o comezo unha iniciativa aberta e independente, que pretendeu abeirar a toda a comunidade de galegos alí onde estiveren, na crenza de que Galiza non é só un territorio, senón tamén un espazo de comunicación. E nese espazo, Vieiros converteuse no cerne de múltiples proxectos, tanto propios como alleos. Do seu impulso xurdiu o primeiro especial electoral on-line (Eleccións Galegas de 1997), a primeira ciber-charla cun persoeiro (Isaac Díaz Pardo), o primeiro vocabulario sexual realizado coa colaboración dos lectores, a primeira experiencia de creación literaria en rede (Por conto alleo, de Camilo Franco), ou a creación de ‘A Polo Ghit’, o primeiro concurso da canción galega do verán.

Como punto de referencia dos internautas galegos no mundo, Vieiros chegou a ter até máis de trinta correspondentes-colaboradores en diferentes lugares do mundo: desde Gotemburgo a Nova York pasando por Bos Aires e O Bierzo . Asemade, deulle abeiro a colectivos e outras publicacións, como o IGADI, Tempos Novos, Canal Ciencia, Federación Ecoloxista Galega ou Irimia.

Mais foi o labor informativo diario o que consolidou Vieiros como medio de referencia da Internet galega, sobre todo a partir do Prestige, cando -cun esforzo informativo sen precedentes- acompañamos a resposta social diante da catástrofe mentres a meirande parte dos medios maioritarios miraban cara a outro lado.

Sen embargo, e a pesar dos seus máis de 20.000 lectores diarios, Vieiros nunca foi un medio rendible e necesitaba absorber parte dos recursos necesarios para sobrevivir dunha empresa do mesmo accionariado.

En xuño de 2009, nunha situación de aparente bonanza económica no seo das dúas empresas, unha auditoría externa desvelou irregularidades económicas e administrativas de extrema gravidade, cuxa responsabilidade foi asumida por escrito polo daquela xerente e apoderado das empresas, Óscar Martínez, quen terá que responder diante da xustiza.

Este proceso levou ao peche da outra empresa e de forma inmediata deseñouse xunto cos traballadores un plan de viabilidade para salvar Vieiros, cousa que non foi posible dada a gravidade da situación, á que houbo que sumarlle o duro golpe da crise económica.

Foi pois un ano moi difícil no que empresa e traballadores intentamos de todos os xeitos manter acesa a estrela de Vieiros, pero chegou a hora de renderse.

Neste momento, só resta darlles as grazas a todos os lectores, aos que creron neste proxecto, colaboraron nel e puxeron o seu grao de area para que outro xornalismo galego fose posible. E moi especialmente aos traballadores e aos opinadores, pola súa entrega e compromiso inesgotable.

Foi un pracer. Até sempre.

Lois Rodríguez, editor de Vieiros

EDITORIAL
Un país normal

A crise que se está a vivir revela a febleza do noso sistema mediático (o que aposta polo uso normal do idioma), a pesar dos titánicos esfozos dos seus editores.

Os medios en galego viviron e viven fundamentalmente da publicidade e convenios institucionais e en moita menor medida do escaso mais valioso apoio privado. A aposta pola publicidade en galego e en medios en galego ainda non callou nas nosas empresas. A situación na prensa noutras linguas non é moi diferente, e en maior ou menor grao, o apoio das administracións é decisivo para a súa supervivencia. Pero os nosos medios son máis novos, con menos capacidade empresarial e máis febles ca outros sistemas mediáticos que acumulan décadas (cando non séculos) de experiencia ás súas costas.

Se a lingua é o principal eixo sobre o que vira a nosa identidade, o apoio aos medios que intentan que sexa unha ferramenta cotián debería ser unha cuestión estratéxica de calquera poder público, chámese este Xunta, Deputacións ou Concellos. A realidade, cando xa logo van tres décadas da nosa Autonomía, foi e é ben outra.

Nin os primeiros executivos propios, nin a longa etapa Fraga, nin o bipartito, nin aínda menos o actual Goberno amosaron interese en favorecer un espazo real para o florecemento dos medios privados en galego. Mais tamén é certo que de todos é a responsabilidade última. Non sermos quen de construír medios fortes que sexan o espello dun país máis dono e orgulloso do seu, non é máis que o reflexo no cristal da nosa realidade como sociedade.

Houbo e hai iniciativas que intentan facer normal o que é anormal. Sen dúbida o mellor exemplo son os xornais e publicacións que comparten a Asociación de Medios en Galego. Constituída en 2004, esta entidade procura consolidar un espazo comunicativo empresarial e profesionalizado na nosa lingua. Eis o pulso case heroico que seguen a manter medios imprescindíbeis como A Nosa Terra, Terra Cha Xa, A Peneira, Galicia Hoxe, O Sil, De Luns a Venres ou Tempos Novos. Tarefa de todos é soprar para que esta agra sexa cada vez máis vizosa, un alicerce fundamental para conseguir a arela de sermos un país normal.

Independencia, creatividade e esplendor

No limiar da edición facsimilar do Vieiros de México (1959-1968), publicada por Edicións A Nosa Terra, Margarita Ledo principiaba: “Estás tocando galego, como decisión de sermos independentes, criativos e esplendorosos”. A histórica publicación da que collemos o nome procurou unha Galiza moderna, aberta a Portugal, feita desde o exilio e a emigración para unha comunidade única de galegos no mundo. Esa foi a arela que tiveron aqueles visionarios (Luís Soto, Carlos Velo, Florencio Delgado…). É unha forma de entender Galiza, de pensar o país dun xeito moderno, ecléctico e desacomplexado. Foi a base editorial do actual Vieiros.

Manter esa liña e o noso labor informativo diario consolidounos como referente. O seguimento da crise do Prestige pode ser un exemplo paradigmático, Vieiros, espremendo ao máximo os seus limitados recursos abriu unha fenda nun contexto de forte presión censora. Esa forma de facer, aplicable a moitos máis casos, foi o espirito do que nunca desfalecemos.

Dedicámonos asimesmo a abrir o campo de xogo, demos voz a todas as sensibilidades dunha sociedade plural que compartía a arela de defender e facer avanzar o país. Nel sempre estivemos centrados, tanto editorial como formalmente, pensando o mundo desde aquí.

Vieiros optou desde os seus comezos por converterse no medio de comunicación dunha sociedade que estaba por vir, pero que un día chegaremos a ser. Camiñar cara a realidade na que nos gustaría vivir implica non deixarse controlar. A nosa radical independencia trouxo custos. Vivimos nun país cun escaso nivel de cultura democrática, cun quefacer informativo moi centrado en persoas no canto de ideas ou procesos. Informar desde esa postura independente e poñer ideas enriba da mesa provocou problemas, incomprensións e mesmo ataques desde todas as opcións ideolóxicas.

Pero tamén é xusto dicir que neste camiño gañamos moitos amigos e moitos parabéns. Aquí sempre atoparon abeiro todas aquelas persoas e entidades que buscasen un espazo aberto, plural, normalizador, independente e en galego. Sempre cremos que entre todos, sexan de quen sexan, con repecto e esforzos compartidos, é como vai avanzar o país.

Ao longo destes quince anos, o editor e todos os que aquí traballaron, especialmente os directores Daniel, Rocío, Anxo, María e Ramón, así como Roberto, o xefe de redacción, e os xornalistas que até aquí chegamos, compartimos a idea de que este medio se tiña que ir facendo en colaboración con opinadores e lectores. E así foi, mesmo contando con personalidades tan plurais, demos conseguido manter unha liña editorial clara ao longo do tempo e realizar un xornal que moito máis que dunha ou outra persoa foi un logro colectivo. Esa foi a nosa máis rendíbel aposta pola creatividade.

A maiores desta, esplendor e independencia, foi o que intentamos achegar a uns lectores que coma ti son creativos, respectuosos, ilusionados, críticos e solidarios, en definitiva, esplendorosos e independentes, e agardamos ter aberto novas rutas para que o país, algún día, tamén o sexa.

Unha mágoa, porque ademais de Chuza!, tamén pecha Vieiros, un referente histórico durante 15 anos na información en Galego na internet, no que tiñan acollida todas as posturas políticas.

No tema de Chuza, vai ó peche, máis pola falla de tempo do seu creador, Berto Yáñez, que polos usuarios. Como ben comentaba un xOsse, na nova da chuzada

O Boicoz acabou con chuza! Si, esa é a miña conclusión. Nin sequera a entrevista do administrador se permitiu levar a portada…,

Logo a escasa presenza dos blogs escritos en galego, a discriminación do blogomillo botou daquí a moitos blogueiros,… En fin.

Berto, poderías aclarar cales son as asociacións que rexeitaron continuar o proxecto?

Ou galeguzo

Não procuremos responsáveis ao feche. Manter Chuza não é só meter dinheiro, é também fazer um pouco de moderador, atender queixas dos usuários, fazer de ‘mecânico’… Nem todo o mundo tem a capacidade nem a paciência, e menos se não vê possibilidades de rendimento, difíceis sobretudo no contexto de crise.

E como se comentou antes, a internet galega tem ainda muitos micro-espaços que podem servir como viveiro de criatividade…

… e queda-nos o Facebook 😉

Comi dizia Vixia, há, acima de tudo, uma Galiza não virtual, mas real. Neste Festigal podemos aproveitar para vê-la e começar a preparar o futuro.

Obrigado por me ajudares a topar tanta boa gente, Chuza. Obrigado pola tua grande generosidade, Berto.

Ou Casdeiro

Eu xa hai anos, nos tempos de Arredemo, falara cun persoeiro que traballa para La Coz pero que aínda así moito fai pola cultura galega (cada quen que adiviñe…) sobre a necesidade de unirmos forzas.

Se algún día damos superado o castrismo social dos galegos (nada que ver con Fidel: falo de cada un no seu castro, e que se fodan os que machaquen os romanos), poderíamos analizar a maneira de crear unha infraestrutura humana, técnica e económica autoxestionada e autosuficiente ao máximo, que dea acubillo a todos os proxectos online non lucrativos culturais e sociais galegos.

Sego a pensar firmemente que é o camiño, se algo disto ten que server para algo.

Teño os meus apuntamentos e reflexións sobre esta leria nalgures e estou disposto a compartir ideas cando queirades e poidamos.

E Vixia

O importante de Chuza! é que é referente e punto de encontro de numerosas iniciativas e perspectivas en clave galega. Abranxe novas de todos os aspectos. Non é apenas unha parte de todo iso, tenta acollelo todo. Así que, se non ten continuidade Chuza! como tal, eu non quero substituílo por unha desas parcelas, que merecen todo o respeito. Interésame un proxecto galego amplo, para todos, ou sexa un proxecto nacional.

Igual ca publicidade aínda se podería aguantar un pouquechiño máis ou…unha mágoa.

Unha tristura de nova para os usuarios da rede galegos, porque súmase a morte doutro medio non fai moito como era Gznación e agora Vieiros e Chuza!, os dous medios, xustamente a véspera do día da Patria.

Chuza pecha

Dende hai meses, e por múltiples circunstancias, o mantemento de chuza fíxose cada vez máis complexo para min. Despois de avaliar moitas opcións decidín deixar este proxecto e ofrecer a súa xestión a determidadas asociacións e entidades que crin adecuadas para darlle continuidade.

Ninguén puido facerse cargo, polo que decidin que era o momento de poñerlle fin a chuza. E mañá é un día como calquera outro.

Chuza e, nomeadamente, outros medios históricos que desaparecen esta finde, deixan un oco importante niso que chamamos moitas veces rede galega. Pero os ocos están para enchelos. Todo o que queda a partir de agora é mellorar.

Moitas grazas por todos estes anos de colaboración.

Preguntas:

* Porque non me ofreciche chuza a min? Eu queria seguir co proxecto!!
Ben, o traspaso dunha web é algo máis complexo que pasar un contrasinal. Cando decidín que a miña etapa de administrador de chuza remataba, escollín varias organizacións e entidades que consideraba adecuadas para a continuidade e centreime nesas. Pero sempre podes coller o código fonte de chuza ou, case mellor, do menéame orixinal e montar a túa propia rede.

* Como vai ser o peche?
(actualizado) Será o 25 de xullo ás 23:59. Apagarase o servidor web. Non haberá arquivo online incialmente. Traballarase en publicar unha versión estática e reducida do arquivo. (Ver este chio)

Pailáns de San Caetano, pailáns do carallo.

with 3 comments

Núñez Feijóo

Fotografía de Xornalcerto

A vosoutros vos falo, os que vivides entre San Caetano e a TVG. Os mesmos que vos queixabades dos “dispendios” do bipartito, pero que vos gastades 500 euros por silla para a Cidade da cultura, reducides delegados en número pero non en custe… Os mesmos que falaban de austeridade pero que financian a Visita do Papa coa Televisión e co financiamento da Xunta. Os que falaban de orzamentos con razón, pero que os ides reducilos en 950 millóns, mentras reducides os impostos as vivendas e non os aumentados os que máis teñen como fan outras comunidades.

Os que falaban de dereitos pero que financian e apoian ás organizacións ultraconservadoras do Opus Dei para que non aborten. Voltamos ós tempos de Franco? Os que se queixaban das axudas do bipartito ós medios, pero que vos tamén o facedes (e base de ben).

Os mesmos que vos queixabades do concurso eólico, pero que agora ides a dalo a Iberdrola e Endesa. Casualidade?

Toma de Posesión de Feijóo – Fotografía de La Voz de Galicia

Os que decían que querían unha sanidade pública pero que no Hospital de Vigo escollen a oferta máis cara e con menos servizos públicos cunha privatización encuberta. Os que se laiaban de que mellorarían a sanidade pública pero que agora as listas de espera non deixan de aumentar e aumentar.

Os que iades a apostar pola I+D pero que acabades coas bolsas de estudantes, as bolsas de comedores escolar e deixades se pagar ós comedores, as bibliotecas, os orzamentos das universidades (2), reducides mestres en todos os institutos, reducides as axudas ós libros, a educación para maiores

Os que teñen un conselleiro imputado por falsidade documental que aprobou obras rematadas, cando non o estaban.

Agustín Hernández
Fotografía de Xornalcerto

Os que se queixaban polas obras públicas do bipartito pero que agora dan autovías ás empresas que presentan a oferta máis cara e con maior impacto ambiental e son empresas nas que traballou o Conselleiro encargado de adxudicar a obra.

Os mesmos que falaban de educación e se queixaban da “imposición” do bipartito, cando sodes vos os que impoñedes e eliminades o galego, a lingua de Galicia, das aulas.

Pailáns de San Caetano, pailáns do carallo.

Unha malísima nova para o agro galego e as axudas da Xunta para acada-la

without comments

A noticia de que Pascual puña á venda a planta de Outeiro de Rei (Lugo) supuxo unha mala nova. As explotacións lácteas galegas puxeron esperanzas en que algún grupo comprase a planta ou se puidese crear un gran grupo lácteo galego. A “estraña e opaca” compra da planta, por Nova Rumasa, supón un mazazo para a agricultura galega. Unha planta que capta 380.000 litros diarios de 332 explotacións, ve como unha das peores pagadoras de leite en orixe (Nova Rumasa-Clesa) é a nova dona.

A venda de Pascual

En maio de 2009, o grupo Pascual anunciaba un expediente de regulación de emprego, para a súa planta de Outeiro de Rei (Lugo), unha das xoias da coroa xa que recollía diariamente preto de 380.000 litros de 332 explotacións lácteas pero con capacidade para procesar até 250 millóns de litros anuais (agora estaban nuns 150 millóns anuais). Entre as súas razóns, aducían que Pascual prefería centrar o seu negocio lácteo na planta de Aranda de Duero, debido á acción das marcas brancas coa entrada a eito de leite en po.

Durante todo este tempo, Pascual “obrigou” aos gandeiros a modernizar as instalacións mellorando a produción para aumentala, para recoller daquela o leite e moitos se tiveron que endebedar até as cellas para poder afrontar todas esas modernizacións.

Pascual era unha das que mellor pagaba aos gandeiros polo leite.

En Galicia, de acuerdo con los datos de UU. AA., Clas, Pascual y Danone son las que «están practicamente no acordo, porque pagan a 0,31 euros o litro». «Pascual é onde máis contratos hai», aseguran las mismas fuentes. Puleva y Feiraco pagan el litro a 0,27 y 0,28 céntimos. Según Unións estarían cerca de cumplir el pacto.

La Voz de Galicia

Con todo, no último ano, comezou cos preparativos para deixar a recollida en Galicia.

Fíxoo primeiro prescindindo de parte da produción da cooperativas Terra Chaira e Melisanto (2 das maiores cooperativas en cantidade de leite de toda Galicia). A principios do ano pasado comunicou a esas mesmas cooperativas que lles deixaría de comprar o leite. Esa decisión supuxo unha protesta de Gandeiros Unidos diante da planta de Outeiro de Rei a principios do mes de marzo. Ao mesmo tempo que realizaba estas manobras alardeaba que asinara máis de cen contratos homologados en Galicia.

Nos meses seguintes toda a Comarca dá Terra Chá e boa de Galicia mobilizouse pedindo axuda ás institucións para evitar que deixasen tiradas a miles de persoas entre traballadores afectados polo ERE como as explotacións que vendían diariamente a Pascual, especialmente neses meses, nos que o campo galego sufría unhas condicións moi duras coa entrada masiva e sen control de leite en po francesa por parte das marcas Brancas, realizando dumping.

As negociacións políticas

Nos meses seguintes, o novo goberno da Xunta de Alberto Núñez Feijóo e Samuel Juárez como Conselleiro de Medio Rural, atopáronse cun problema de cantidades catastróficas a nivel de emprego e a nivel de economía, xa que a planta era un dos centros produtivos de Galicia a nivel lácteo. O sector lácteo galego no seu conxunto, xera máis de 80.000 empregos, sendo un dos principais sectores produtivos da comunidade e a razón pola que o rural non morreu (de momento.

Nun principio a súa capacidade de reacción foi nula, aínda que desde o inicio comezaron cun xogo a dúas bandas, tentando negociarlle a Pascual, unha venda para o mellor ofertante.

O intento do gran grupo lácteo e Ruiz Mateos

Nun primeiro momento, preto de 20 cooperativas lácteas galegas, entre as que se atopaba Feiraco, tentaron comprar a planta de Outeiro de Rei. Era un pastel moi apetecible.

Unha das maiores transformadoras á súa disposición (preto de 380.000 litros diarios), con boa maquinaria e en funcionamento, co que lles axudaría para entrar de cheo no negocio lácteo nacional, unha reivindicación que desde hai anos era pedida por todas as organizacións agrarias.

Pedíronlles preto de 150 millóns de euros e aínda que lograron reunir parte do diñeiro e lograron o acordo da Xunta para axudarlles á compra e poder facer o gran grupo lácteo galego.

A última hora, Pascual abortou a operación de venda a Feiraco despois de reunirse co Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez. ¿Por que?

En menos de 48 horas, e despois de ter pactadas as axudas a Feiraco para a compra da planta, a Xunta decidiu que era mellor opción unha proposta que tiña menos condicións de viabilidade (unha das cooperativas compradoras está en quebra técnica) e que están xestionadas por membros do PP en concellos de Galicia, acusados de presunta fraude.

Segundo puido saber este diario, o pasado mércores ás 17:30 horas Leche Pascual tiña a intención de plasmar nun preacordo que era a oferta liderada por Feiraco –que aglutinaba outras 23 cooperativas lácteas galegas– a que mellor se adaptaba ás súas esixencias, e non a que finalmente resultou gañadora, a recentemente creada Alimentos Lácteos S.A. Unha sociedade, esta última, que aínda non existe como tal xa que non foi inscrita no Rexistro Mercantil. “Pero entón Pascual, o mércores, desaparece dos teléfonos”. Segundo fontes da negociación, a empresa castelán faise ilocalizable durante 24 horas.

Xornal

Cuatro de las cinco cooperativas que han llegado a un acuerdo para hacerse con la planta de Leche Pascual en Outeiro de Rei forman parte de un grupo de hasta 18 sociedades presuntamente implicadas en una red fraudulenta de comercialización de leche para evitar el pago de la supertasa generada por sus excedentes de producción. Así lo considera una querella presentada por la Fiscalía Anticorrupción en la Audiencia Nacional, que las califica como “cooperadores subsidiarios” de un fraude que el fiscal considera de cerca de 96 millones de euros.

El País

O grupo das empresas afíns a ex cargos electos do PP, xuntáronse para unir unha nova empresa, Alimentos Lácteos S.A., empresa satélite de Nova Rumasa (Ruiz Mateos). Unha das cooperativas que formarán parte de Alimentos Láctos S.A., será A Arzuá, que se atopa en quebra técnica, pero que logrou financiamento privado de Nova Rumasa.

Ademais, o encargado da dirección da nova empresa, será Roberto Casas Abeijón, ex traballador de Rumasa e que se vai a facer cargo da planta de Pascual, pretendendo procesar preto de 500.000 litros diarios.

O Futuro da planta e dos traballadores

O problema, é que Ruiz Mateos e Nova Rumasa, xa teñen intereses en Galicia coa planta de Clesa en Vilagarcía de Arousa, unha empresa que anteriormente pertencía ao grupo italiano Parmalat e que desde a compra por parte de Nova Rumasa, é coñecida en Galicia por ser unha das que peor paga ás explotacións gandeiras e por realizar dumping.

En Unións Agrarias (UU.AA.), su secretario xeral, Roberto García, destacó el reto lanzado por el ministerio a las industrias, y puso de relieve que «haberá actuacións» desde este departamento, que supondrán que la distribución condicionará a las industrias, que deberán justificar que la leche ha sido adquirida mediante contrato. García advirtió de que en Galicia algunas han boicoteado desde el principio el pacto. Cada mes que se dilata el contrato les va en la cartera, constata. El dirigente de Unións Agrarias, armado de facturas, reiteró que Lactalis paga 24,3 céntimos por litro, Río, 22, Celta, 21,9, y Reny Picot y Clesa, menos de 22. Por tanto, no descartó otro tipo de medidas de presión.

La Voz de Galicia

Ademais a nova marca, pretende irromper en Galicia e en España, mediante o nome de “Deleite” co que queren un produto “que xere a máxima rendibilidade”.

O problema, é que Alimentos Lácteos, agora integrada por nove cooperativas, producirá 150.000 litros diarios de ‘Deleite’, e o resto, até os 500.000, serán para marcas brancas e unha liña de envasado para Pascual (unha cantidade mínima), co que a produción de marcas brancas significará unha diminución da calidade do leite producido e especialmente unha redución do prezo do leite en orixe.

Lembremos que Alimentos Lácteos quedará cunha parte moi importante da produción láctea de Galicia, que é a comunidade que xera máis leite de toda España.

Por Comunidades Autónomas, ajustadas por materia grasa y acumulado en lo que va de campaña, destaca Galicia, con 1,27 millones de toneladas de leche; seguida de Castilla y León, con 465.190 toneladas; Cataluña, con 338.689; Asturias, con 315.037; Andalucía, con 252.033; Cantabria, con 248.269; Castilla-La Mancha, con 114.658; País Vasco, con 109.305; y Navarra, con 104.120 toneladas.

Ciencias y Cosas

Desta forma, con preto de 500.000 litros diarios e preto de 2.000 explotacións, dependendo directamente de Alimentos Lácteos, fai que Alimentos Lácteos quedará coa tixola polo mango, polo que poderá mangonear o mercado lácteo ao seu libre antollo e cun goberno autónomico disposto ás súas peticións (despedimentos, inexistencia de contrato homologado…)

Máis información

El cierre de Pascual afecta a 332 ganaderos que producen 140 millones de litros al año

El fundador cerró el paso a sus herederos para que no entraran en el mercado de las marcas blancas

La crisis láctea pone en riesgo otros 5.000 empleos en firmas auxiliares

LECHE PASCUAL PIDE 150 MILLONES DE EUROS POR LA PLANTA DE LUGO

Alberte Momán – Medio Rural negocia para La Obra?

La mayoría de las cooperativas lácteas respalda el proyecto de Feiraco, al que no se adhiere La Arzuana

Ruiz Mateos quiere comprar la planta de Pascual en Lugo

Pascual abortou o acordo con Feiraco tras reunirse con Juárez en Madrid

La Arzuana levou a factoría de Pascual malia “atoparse en quebra técnica”

-Nueva Rumasa postúlase como socio en Pascual con La Arzuana – PDF

Ruiz Mateos quiere comprar la planta de Pascual en Lugo

La fábrica de Pascual en Outeiro de Rei reiniciará su actividad a mediados de marzo

Los trabajadores de la planta de Pascual en Outeiro de Rei (Lugo) dependerán de Alimentos Lácteos desde abril

Alimentos Lácteos presenta unha marca de orixe galega

¿Cómo puede llegar leche de Francia más barata?

Ultimátum a la industria láctea para que haga contratos con los ganaderos

UU. AA. advierte de que cinco firmas pagan la leche muy por debajo del precio de referencia

O éxodo dos lectores

without comments

A Escola Oficial de Idiomas de Vigo perde este curso ao seu terceiro bolseiro estranxeiro, tamén desesperado polo atraso con que a Xunta paga os seus soldos.

Fai hoxe xusto unha semana, Catherine Murphy, unha moza británica, presentou formalmente o seu escrito de renuncia á bolsa que a mantiña estudando e dando clase na Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Vigo. é o terceiro caso que se dá este curso no centro. Esta vez, Catherine presentou unha carta na que agradecía á escola o trato recibido e lamentaba a situación, que, segundo o seu criterio, é insostible.

Catherine, como o resto dos lectores estranxeiros repartidos polas escolas de idiomas de Galicia, sufriu o feito de que o seu pagador, a Xunta, atrasábase nas súas obrigacións todos os meses. A primeira entrega veu con mes e pico de atraso; en Nadal acumulaban unha demora similar -«para moitos foi unha tempada moi difícil», recorda Catherine-; cobraron os atrasos a mediados de xaneiro, e ben entrado marzo, as bolsas de xaneiro e febreiro. Agora, a mediados de abril, seguen sen cobrar marzo. Un desastre.

A maior parte dos afectados cansáronse de chamar á Administración, escribiron cartas, particular e colectivamente, e deron conta aos seus consulados. O único que conseguiron é un curso acelerado sobre como se escurre o vulto en España. Polo menos en Galicia. Catherine tamén o fixo, pero conclúe que non veu a esta comunidade autónoma para especializarse en batallas dialécticas coa Xunta e que non aguanta máis.

Antes que ela, regresaron ao seu país unha moza canadense e un lector alemán. Catherine vaise a quedar en Vigo. Conseguiu un emprego nunha academia que lle permitirá afrontar os gastos ata o verán, cando pensa asinar un contrato laboral coa Universidade de Cambridge: «Gústame moito Galicia. Son de orixe irlandesa e estou moi interesada nas culturas celtas. Por iso quédome. Se que isto é un problema só coa Xunta. Dáme moitísima pena irme, porque o pasaba moi ben na escola. Tratáronme moi ben. Pero hai que vivir, ¿entendes? Comer e iso».

As bolsas que reciben estes lectores, que traballan como profesores de apoio nas escolas, son de setecentos euros mensuais. A Consellería de Educación, responsable da súa contratación, explica que o problema está en Facenda, que é o órgano que libera os pagos e onde se atasca a relación. Problemas burocráticos, informáticos e de xestión foron esgrimidos en cada ocasión, co engadido de que esta vez xa estaba todo solucionado. Con todo, os bolseiros non coñecen aínda, desde outubro, un pago en tempo e forma. Ata varias escolas e profesores tiveron que usar fondos propios para sufragar algúns adiantos aos mozos bolseiros, que ven desorientados nun país estranxeiro, sen apoios e sen cobrar as súas nóminas.

Brandon Severance, un dos lectores que aínda resisten na escola de Vigo, considera que haberá máis desercións. Él púxose polo menos dúas veces en contacto co consulado de EE.?UU. para expor o problema. E cónstalle que fan xestións. «Pero non podo estar todos os meses chamando á Xunta ou ao consulado para reclamar o que me pertence».

Hartazgo e dignidade

«Parece que non nos queren -explica Catherine-. Pero entón non sei por que nos contrataron. Se isto ocorrese no meu país, sentiríame avergoñada». ela tamén se puxo en contacto co seu consulado, pero o hartazgo e a dignidade puideron máis: «Non podo quedarme nun emprego onde non queren pagarme aínda que eu vaia todos os días a facer o meu traballo seriamente».

La Voz de Galicia

Written by ar

Abril 20th, 2010 at 10:09 p.m.