Ciencias

Enerxías renovables, bioloxía, ciencias, política, historia, opinións…

Archive for the ‘fotografía’ tag

Concurso Fotográfico “A Galicia dos Mil Ríos”

with one comment

A Asociación de Antigos Alumnos da Escola Oficial de Idiomas de Vigo, convoca o VII Concurso Fotográfico “A Galicia dos Mil Ríos”

Nesta ocasión, cada participante poderá mandar ata 4 fotografías en tamaño mínimo 15×20.

Existirán 2 premios de 120 e 60 euros.

Para a participación no concurso hay que enviar as fotografías xunto cun sobre pechado onde se indiquen os datos de contacto ata o 27 de Abril, á seguinte dirección:

Asociación de Antigos alumnos da EOI “Porta Aberta”
Martínez Garrido 17
36205 Vigo

Máis info no seu blogue

PD: Entereime do concurso nun cartel na UVIGO

Written by ar

Febreiro 4th, 2011 at 11:52 a.m.

Vigo no verán de 2006

without comments

Ó ver as imaxes de Rusia abafada polo fume, recordáronme en certa forma a situación que sofreu Galicia no 2006. A imaxe que vos poñemos a continuación, tomouse no mes de Agosto de 2006 na cidade de Vigo.

Incendios Galicia

A fotografía en grande picando aquí.

Written by ar

Agosto 20th, 2010 at 11:27 p.m.

Adeus José

without comments

“A viagem não acaba nunca. Só os viajantes acabam. E mesmo estes podem prolongar-se em memória, em lembrança, em narrativa. Quando o viajante se sentou na areia da praia e disse: ‘Não há mais que ver’, sabia que não era assim. O fim duma viagem é apenas o …começo doutra.”

Viagem a Portugal – José Saramago

José Saramago
Fotografía de Fundação José Saramago

José Saramago, Nobel da Literatura em 1998 e antigo Director Adjunto do Diário de Notícias, faleceu hoje aos 87 anos na sua casa na ilha espanhola de Lanzarote

Filho e neto de camponeses sem terra, JOSÉ SARAMAGO nasceu na aldeia de Azinhaga, província do Ribatejo, no dia 16 de Novembro de 1922, se bem que o registo oficial mencione, como data do nascimento, o dia 18.
Seus pais emigraram para Lisboa quando ele não perfizera ainda dois anos de idade.
A maior parte da sua vida decorreu portanto na capital, embora até ao princípio da idade madura tivessem sido numerosas, e às vezes prolongadas, as suas estâncias na aldeia natal.

Fez estudos secundários (liceal e técnico) que, por dificuldades económicas, não pôde prosseguir. No seu primeiro emprego foi serralheiro mecânico, tendo exercido depois diversas outras profissões: desenhador, funcionário da saúde e da previdência social, tradutor, editor, jornalista.

Publicou o seu primeiro livro, um romance (Terra do Pecado), em 1947, tendo estado depois largo tempo sem publicar, até 1966. Trabalhou durante doze anos numa editora, onde exerceu funções de direcção literária e de produção. Colaborou como crítico literário na revista Seara Nova. Em 1972 e 1973 fez parte da redacção do jornal Diário de Lisboa, onde foi comentador político, tendo também coordenado, durante cerca de um ano, o suplemento cultural daquele vespertino. Pertenceu à primeira direcção da Associação Portuguesa de Escritores e foi, desde 1985 a 1994, presidente da Assembleia Geral da Sociedade Portuguesa de Autores. Entre Abril e Novembro de 1975 foi director-adjunto do jornal Diário de Notícias.

A partir de 1976 passou a viver exclusivamente do seu trabalho literário, primeiro como tradutor, depois como autor. Em Fevereiro de 1993 passou a dividir o seu tempo entre a sua residência habitual em Lisboa e a ilha de Lanzarote, no arquipélago de Canárias (Espanha).

Morreu José Saramago e Diario De Noticias

José Saramago – Onde está então a democracia?

Excelente fala de José Saramago, denunciando as grandes corporações.

Informe Semanal. “El viaje de Saramago”

22-11-2008Informe Semanal hace un recorrido por la vida de Saramago, Premio Nobel de Literatura. El escritor, que acaba de superar una grave enfermedad, ha encontrado tiempo para escribir su último libro, “El viaje del elefante”, que podemos encontrar ya en las librerías. El programa se ha desplazado a Lisboa y a los lugares imprescindibles de Saramago, que nos aconseja con sabiduría, una vez más, “que nos dejemos llevar por el niño que fuimos” (22/11/2008).

Informe Semanal. ’El viaje de Saramago’

Written by ar

Xuño 18th, 2010 at 3:19 p.m.

Os novos libros en Pyongyang, Corea do Norte

without comments

Fotografía de Eric Lafforgue

Podemos observar na fotografía de Eric Lafforgue, a variedade de novos títulos e autores das librerías de Corea del Norte. Certamente, o capitalismo literario é incrible. Malditas editoriais, que inúndannos de novos libros para mercar e mercar. Triste ironía off

Written by ar

Xuño 5th, 2010 at 6:02 p.m.

Imaxes da terra vía Twitter

without comments

O astronauta xaponés Soichi Noguchi compartiu espectaculares imaxes da Terra que foron tomadas durante estadía na Estación Espacial Internacioanl. As imaxes foron compartidas agora polo astronauta a través da súa conta de twitter, aproveitando o servizo de imaxes de Twitpic .

Deserto de Arabia
Arabian desert.As I told you before, desert is beautiful. on Twitpic

Xeadas sobre o Mar de Aral
Icy Aral Sea. on Twitpic

Estambul
Istanbul, Turkey. Where West meets East. on Twitpic

Ponte sobre o estreito de Akashi
Akashi Strait Bridge. The longest Suspention bridge of the wo... on Twitpic

Deserto en Irak

Mars? Actually salt desert in Iraq. on Twitpic

Mar Morto

Dead Sea. Water surface is 400m below sea level, but very cle... on Twitpic

Cidade Prohibida (Beijing, China)
The Palace in Beijing, China. World heritage. Forbidden to en... on Twitpic

Más fotografías, picandonesta ligazón

Written by ar

Febreiro 20th, 2010 at 5:22 p.m.

O meco vigués recordase do decretazo de Feijóo

without comments


Fotografía de Vigo al Minuto.

O meco do entroido vigués, vaise recordar este ano do decretazo do “plurilingüísmo” de Feijóo. Pódese ver ata o mércores na Porta do Sol.

Written by ar

Febreiro 14th, 2010 at 12:58 a.m.

Vía libre para o atentado contra a Costa de Galicia

without comments

Costa da Morte - Ria de Muros y Noya
Fotografía de e-costa

Onte coñeceuse que a nova Xunta, derrogou o marco lexislativo de protección da Costa realizado na lexislatura polo bipartito na Xunta.

No anterior marco lexislativo, a protección da costa estaba en preto de 86.000 hectáreas e na prohibición de construír nos primeiros 500 metros de costa.

O novo borrador do Plan de Ordenación de Litoral da Xunta, acaba con esa protección, reducíndoa á metade (de 86.000 pasamos a 46.000 hectáreas) e a partir de Maio, a Xunta levantará de forma parcial a restrición de construción nos 500 metros de costa.

El documento fijará obligaciones para 2.100 kilómetros cuadrados de territorio, lo que supone el 7,2% de la superficie de toda Galicia. Sin embargo, de esos 2.100 kilómetros (…) el documento unicamente protege por completo 650 kilómetros cuadrados: 450 correspondientes a ámbitos de valor natural vinculados a la costa o a su paisaje y 200 en el entorno de ríos vistos como corredores naturales que dan continuidad. El resto de superficie se corresponde con 460 kilómetros cuadrados destinados a “mejora ambiental y paisajística”, una categoría ambigua y poco definida, y los mil kilómetros cuadrados (…) destinados a lo que la Xunta denomina “ordenación”. En la práctica, toda esa superficie, la mitad de la que gestiona elplan, quedará abierta a su urbanización con alguna de las figuras que establece la Lei do Solo.

Xornal De Galicia, vía Alecto

Isto é o que ocorre cando o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, é un antigo cargo dunha construtora.

La Xunta en funciones ha abierto un expediente al ex director xeral de Obras Públicas, Agustín Hernández, por incurrir en una“infracción grave” a la Ley de Incompatibilidades al trabajar para varias constructoras justo después de cesar en su cargo en la Consellería de Política Territorial.

Faro de Vigo

Máis en El PaísRadiodifusión A Nosa Terra

Written by ar

Xaneiro 9th, 2010 at 5:17 p.m.

O Pobo das 2 provincias, 3 ríos e 4 concellos

without comments

Dos máis de 30.000 núcleos de poboación, dos que dispón Galicia, hai un moi peculiar, situado entre as provincias de Lugo e Ourense, chamado Os Peares. O pobo coñecido nos últimos meses, por ser no lugar onde pasou a súa infancia novo Presidente da Xunta, ten outras peculiaridades como que se atopa dividido entre 2 provincias, 3 ríos e 4 concellos.

Os Peares

Punto natural de inicio da Ribeira Sacra (a uns quilómetros atopámonos nos canóns do Sil); Os Peares, ben podería ser un único pobo, aínda que a orografía galega, fan deste pobo un auténtico barullo.

Estando no país do mil ríos, non poderían fallar no pobo, que dá lugar á desembocadura do Bubal e do Sil, no Miño. Desta forma, provocan unha auténtica barreira fluvial que dividen o pobo en 7 partes ou barrios, repartidos entre os concellos de Carballedo e Ferreira de Pantón pola parte lucense e entre A Peroxa e Nogueira de Ramuín pola parte ourensá.

O pobo coñecido polo seu encoro e a estación de ferrocarril

Dous dos trazos de identidade que distinguen a este pobo, é a existencia do encoro de Os Peares, feito en 1947, converteuno nun dos encoros máis grandes de Galicia e un da de máis altura de toda España.

Embalse Os Peares
Fotografía de nuberu_na

A súa estación de tren (na actualidade cun número reducido de viaxeiros) foi na súa época unha das de maior apoxeo da provincia e é moi coñecida por todos os afeccionados aos trens, así como entre os traballadores de Renfe, coa súa ponte metálica da escola de Eiffel sobre o Río Miño.

Estación de Os Peares (Ourense)

Os Peares, julio 2007-7
Fotografía de parroquial

Anécdotas dunha vida entre dúas provincias.

Un dos problemas máis graves, xorden á hora da atención sanitaria. Os pacientes que viven na parte lucense, teñen que desprazarse a Monforte de Lemos, en lugar de Ourense, que está á mesma distancia e cunhas comunicacións mellores, o que provoca que a ambulancia que vaia a atender ao paciente, teña que ser desa provincia, aínda que exista outra máis preto, pero non pode ir á emerxencia por estar noutra provincia.

Cun simple desprazamento duns metros, podemos estar noutro concello e outra provincia. O simple de feito de ir á farmacia ou ao supermercado, fai que sexa necesario o cruzar unha provincia, a pesar de atoparse a uns metros.

Para chamar a Os Peares hai que chamar co prefixo de Ourense.

A pesar de estar divididos, se é necesario chamar a unha persoa que viva na parte lucense, é necesario marcar o prefixo de Ourense (988) en lugar do de Lugo (982) e o mesmo coa educación infantil, para os escasos nenos que quedan no pobo que teñen que acudir a Nogueira de Ramuín.

Para solucionar algúns destes problemas, hai uns anos, creouse o Consorcio local de Os Peares, para tentar solucionar os múltiples problemas que teñen os veciños. Por exemplo para moitos trámites administrativos, os veciños da parte lucense necesitaban desprazarse 100 quilómetros para chegar a Lugo, en lugar dos 20 que os separan de Ourense.

Con todo, o citado consorcio, debido ás disputas veciñais non está a funcionar como debería.

Máis en La Región El PaísVialia

Written by ar

Decembro 6th, 2009 at 5:31 p.m.

A Xunta e a privatización da Sanidade

without comments

Milleiros de persoas contra a privatización da sanidade
Á marcha organizada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, que tivo lugar a partir das 20h00 deste xoves, asistiron case todos os representantes do Goberno local, entre os que se atopaba o tenente de alcalde, Santiago Domínguez, varios deputados autonómicos do PSdeG e do BNG, os líderes sindicais da cidade e a presidenta da Federación de Asociacións de Veciños, Helena González.
A protesta percorreu varias rúas do centro da cidade olívica baixo o lema ‘Hospital público xa’ até chegar a delegación territorial do Goberno galego, onde o actor Avelino González foi o encargado de ler o manifesto ante os participantes na manifestación.
A Nosa Terra

O BNG ve ‘privatizadoras’ as contas de Sanidade e o PSdeG critica que ‘baixan por primeira vez’
A portavoz do Grupo Parlamentario do BNG Ana Luísa Bouza cualificou hoxe de ‘privatizadores’ os orzamentos da Consellaría de Sanidade para 2010, nos que contará con 3.728 millóns, mentres que o portavoz socialista, Modesto Pose, criticou que as contas ‘baixan por primeira vez’ en Galiza, se non se teñen en conta os 72,6 millóns de capital privado que o departamento autonómico prevé ‘mobilizar’.

A Nosa terra

Hospital Xeral de Vigo
Hospital Xeral por Tomás_R_Vigo

O do novo hospital de Vigo é unha broma.

Íase a realizar un megahospital extremadamente necesario con 1400 camas e unha parte do hospital para a investigación de enfermidades, pero chegou a nova Xunta e dixo que non había fondos cando o bipartito deixou 300 millóns de euros apartados para a súa realización; que a nova xunta o único que tiña que facer era asinar os papeis de expropiacion e comezar e como supostamente non había fondos, adeus investigación, recorte do número de camas e investimento privado.

Pero imos, é o que ocorre cando se votan a determinadas persoas.

Hospital público XA !!!!

Written by ar

Outubro 30th, 2009 at 10:49 p.m.

Estación de tren de Vigo

with one comment

Estación de Vigo (ByN)

Written by ar

Agosto 27th, 2009 at 4:00 p.m.