Ciencias

Enerxías renovables, bioloxía, ciencias, política, historia, opinións…

Archive for the ‘emprego’ tag

Polémica cancelación da fábrica de baterías de Nissan en Portugal

without comments

Nissan acaba de anunciar a cancelación da fábrica de baterías para coches eléctricos en Portugal que ía supor un investimento de 156 Millóns e preto de 200 postos de traballo. Segundo Nissan, non necesita novas fábricas de baterías, xa que co catro que teñen son suficientes. Outra das causas, é que do custo total, 44,2 millóns corrían a cargo do goberno luso que agora se bota atrás porque a Troika non lle permite ofrecer incentivos fiscais a empresas. En 2008, Portugal anunciara un ambicioso plan de fomento do coche eléctrico con Nissan como beneficiaria.

 

Antecedentes

En 2008 Portugal anunciaba o acordo co consorcio Renault-Nissan para promover o coche eléctrico mediante a creación dunha gran rede de postos de recarga (320 para 2010 e 1.300 para 2011) e amplos incentivos fiscais para a compra dos coches, tanto no prezo de compra como no pago de impostos nos anos posteriores á compra co obxectivo de que no 2011, o 20% da frota de automóbiles do país fosen de emisións cero.

No marco de todo este ambicioso plan de fomento do coche eléctrico, o pasado 11 de Febreiro, o Chief Operating Officer de Nissan, Toshiyuki Shiga e o entón presidente José Sócrates, anunciaban a creación dunha fábrica de baterías eléctricas en Cacia ás fóra de Aveiro (Portugal) nun ambicioso proxecto que suporía o investimento de 156 millóns de euros e a creación de 200 postos de traballo directos.

Portugal, partía cunha gran vantaxe con respecto a outros países debido á súa privilexiada situación xeográfica e porque se trata do quinto produtor mundial de litio .

Nissan anuncia a cancelación da fábrica

Esta semana coñeceuse o anuncio da cancelación do proxecto de Nissan en Portugal. En declaracións á Axencia Lusa do portavoz de Nissan en Portugal, António Pereira-Joaquim, dixo que a alianza Renault-Nissan “decidiu suspender a fábrica de baterías eléctricas en Portugal porque, despois de analizar detalladamente o plan de negocios, chegouse á conclusión de que as catro fábricas repartidas por todo o mundo serían suficientes para os obxectivos da compañía para uns 1,6 millóns de coches eléctricos en 2016 en todo o mundo”.

“O Mundo cambiou moi rápido e Nissan tivo que tomar unha rápida decisión sobre o investimento que estaba a realizar en Aveiro, na fábrica para producir as baterías: fai quince días confirmouse a inviabilidade da fábrica en Aveiro para abastecer as baterías para as fábricas de Nissan en Turquía, Inglaterra, Barcelona e Estados Unidos, porque xa teñen subministración por outras fábricas do grupo que están a producir” segundo declarou a Expresso unha fonte de Nissan en Portugal. Nissan prefire fomentar a produción nas fábricas xa existentes en Sunderland (Reino Unido), Vama (Xapón), Smyrna (Estados Unidos) e Slinns (Francia), en lugar de abrir a nova fábrica de Aveiro.

Un dos problemas do investimento de Nissan en Portugal era que non estaba asociada a unha fábrica de vehículos eléctricos, polo que “como Xapón está a producir máis baterías do que inicialmente foi previsto, tense a capacidade para abastecer a produción anual de vehículos eléctricos, polo que os proxectos da fábrica de Aveiro son inviables”. As cifras máis baixas de produción serían dunhas 50.000 baterías anuais, nunha área de 20.000 metros cadrados de produción.

Con todo, para tentar saír da lea, o consorcio Renault-Nissan anunciou que estaría disposta a ampliar a fábrica de Renault en Cacia, no lugar no que se ía a construír a planta de baterías, aínda que sen confirmar a noticia.
Portugal e as axudas a Nissan

O Goberno Luso htivo que saír ao paso do anuncio de Nissan con dúas frontes de batalla.

Por unha banda, o Presidente da Agência para ou Investimento e Comércio Externo de Portugal (AICEP), Pedro Reis, aseguraba que non era unha cancelación porque “unha suspensión non é unha cancelación“.

“Hai que facer unha diferenza entre unha suspensión e unha cancelación, ou sexa, unha cancelación é algo definitivo, mentres que unha suspensión é colocar nun estado de hibernación esa mesma decisión”. “Nissan sinalou que Portugal é un país competitivo para a localización dos proxectos industriais e con boas condicións para atraer investimento, especialmente para o cluster do automóbil”.

Esta opinión é tamén a defendida tamén polo Ministerio de Economía e polo primeiro ministro Passos Coelho que dixo que Nissan non decidiu “cancelar” nin “deslocalizar” o investimento en Portugal, máis ben o que fixo foi “atrasar o investimento”.

Pola súa banda o secretario de Estado dos Asuntos Fiscais, Paulo Núncio, dixo que “o acordo asinado coa Troika impide ofrecer novos beneficios fiscais para manter o proxecto da fábrica”.

“O acordo asinado entre o Estado portugués e a ‘troika’ impide expresamente novos beneficios fiscais ou alargar os existentes”. O Secretario de Estado con todo, decidiu non facer comentarios ás contrapartidas que realizara o anterior executivo con Nissan e outras empresas antes de ter que ser rescatada pola Troika.

Dos 156 millóns de euros de investimento previsto por Nissan, o goberno luso poría 44,2 millóns de euros mediante investimentos do QNRE (Quadro Nacional de Referência Estratéxica) xa que o goberno de Sócrates declarara o investimento de Nissan como PIN (Proxecto de Interese Estratéxico Nacional).

A cualificación de PIN, garantía ao promotor do proxecto a máxima celeridade para a licitación e o acceso preferente a incentivos financeiros mediante créditos a interese cero así como beneficios fiscais por parte do Estado como ocorreu no pasado coa recente piscifactoría de Pescanova, pola que Portugal achegaba máis da metade do investimento a fondo perdido e en beneficios fiscais, pola que o grupo galego obtivo unhas axudas de 45 millóns de euros dos 140 millóns totais do proxecto.

A Câmara de Aveiro tamén beneficiara a Nissan coa devolución do 96% dos impostos correspondentes á fábrica (127.000 euros) e que agora provocou que pidan a Nissan explicacións.

A burbulla do coche eléctrico en Portugal

A pesar dos numerosos incentivos fiscais anunciados en 2008, Nissan só vendeu 92 vehículos Leaf (o modelo estrela do grupo automobilístico) entre Xaneiro e Novembro dos cales 42 foron comprados por empresas, ademais de que os pagos dos coches se facían con atraso.

Sen os incentivos fiscais, un Nissan Leaf ten un custo de 35.850 euros en Portugal, nun dos países cos salarios máis baixos da zona euro.

Por outra banda, a posta en marcha das electrolineras anunciadas en 2008 polo goberno, non levaron a cabo en tempo e forma. Segundo Nissan, faltan por instalar uns 50 postos de recarga rápida que terían que estar xa operativas en 2010.

Dentro do propio executivo recoñeceuse a existencia da burbulla do coche eléctrico na que viviu Portugal e o secretario de Estado dá Enerxía, Henrique Gomes, relativizou a decisión tomada pola empresa de cancelar o investimento á vez que recoñecía a posible burbulla: “A empresa ten tres fábricas de baterías en todo o mundo. Se considerásemos a produción máxima de Cacia, estariamos a falar dunha produción de 500.000 baterías en catro anos. Persoalmente non vexo onde habería mercado en Europa”.

Nas últimas semanas o Instituto de Engenharia de Sistemas e Computadores do Porto (INESC) tivo que cambiar a previsión de 250.000 coches eléctricos para tan só 50.000 (estímase que a cantidade real de coches exclusivamente eléctricos apenas chegue á metade) e o propio secretario recoñece que aínda nos atopamos nunha fase piloto na que o sistema eléctrico debe de cubrir os custos”.
Máis información

Governo não pode dar incentivos fiscais para a Nissan ficar em Portugal

Renault-Nissan suspende fábrica de baterias elétricas em Portugal

Nissan decidiu cancelar fábrica de baterias há duas semanas

Nissan cancela investimento de 156 milhões em Aveiro

Nissan decidiu cancelar fábrica de baterias há duas semanas

Nissan: BE pede esclarecimentos ao Governo sobre contrapartidas

Fábrica Nissan: Governo não pode dar incentivos fiscais para empresa ficar em Portugal – Secretário de Estado

Renault-Nissan avalia ampliação da actual fábrica em Aveiro

Fábrica da Nissan ia receber apoios públicos de 44 milhões

Nissan recebeu devolução de 127 mil euros

AICEP lê recuo da Nissan em Aveiro como “hibernação”

Acordo com a troika inviabiliza negociação com a Nissan

Fábrica da Nissan: não há nada que o Governo possa fazer

2008 – Renault-Nissan y Portugal firman un acuerdo para promover el coche eléctrico

Es la física, estúpido

Al coche eléctrico le falta chispa

Fábrica da Nissan já não vai para Cacia, Aveiro: comprem mais Qashqai

Written by ar

Decembro 14th, 2011 at 2:19 p.m.

A actual reforma laboral, non é causante da temporalidade en España

with one comment

(Versión en castelán)

Dende a entrada en vigor da nova Reforma Laboral, sindicatos e representantes da esquerda, veñen criticándoa porque é a responsable de que o 90% dos novos contratos sexan temporais. O certo é que deberían de revisar as hemerotecas, porque o dato de 90% de contratos temporais, é o mesmo que cando o desemprego estaba no 9%.

UGT asegura que la reforma laboral “eleva la temporalidad”

El sindicato UGT PV ha asegurado este miércoles, ante la publicación de los datos del paro de octubre, que la reforma laboral “no genera empleo y eleva la temporalidad” y ha destacado la necesidad del diálogo social “como vía para rediseñar las bases de un crecimiento sostenido, duradero y equilibrado, apostando por la consolidación de nuestro estado de bienestar”.

Diario Crítico

Toxo dice que la reforma laboral está aumentando la temporalidad

El secretario general de CC.OO., Ignacio Fernández Toxo, no se ha mostrado sorprendido por el repunte del paro en el mes de octubre y ha puesto el acento en el incremento de la temporalidad que, a su juicio, una vez superada la época estival, sólo se puede achacar a la reforma laboral.

Europa Press

CGT denuncia que la Reforma Laboral ha causado aún más paro y temporalidad

La Confederación General de Trabajadores (CGT) ha denunciado que la reforma laboral aprobada por el gobierno del PSOE ha producido aún más paro y temporalidad en los últimos 4 meses.

Tercera Información

El 91,22% de contratos de octubre son temporales

Laboro-Spain

Que ocorreu noutros anos cando as cousas ían ben coas taxas de temporalidade e os contratos temporais?

Unha vez achegadas as opinións nesgadas, conviría tirar de hemerotecas para ver como eran as contratacións temporais cando o desemprego era do 9% e cando había porcentaxes de contratacións temporais similares aos da actualidade.

Ano 200210,5% de Desemprego

La importancia de la temporalidad del empleo se confirma con el porcentaje de contratos temporales en proporción al total de los registrados en el Inem, casi el 91% (el 90,9% en los 11 primeros meses de 2002), es decir, la inmensa mayoría de los nuevos contratos registrados en el Inem son temporales.

Cinco Días

Ano 2003, con 9,04% de Desemprego

Los contratos temporales, que representan más del 92% del total, crecieron en diciembre muy por encima de los fijos, un 19,29% respecto al último mes de 2002. La media de duración de los contratos eventuales ascendió a 77 días, una cifra que no engloba aquellos contratos en los que el empresario no tiene la obligación de declarar el tiempo inicial por el que se firman (por ejemplo, los contratos por obra y los eventuales por circunstancia de la producción).

El País

– Ano 2006 con un 8,53% de Desemprego

Así, los contratos indefinidos aumentaron un 41,1% y pasaron de representar el 9% de los contratos totales en 2005 al 11,8% en 2006.

Esta evolución de la contratación indefinida se debe, en gran parte, a la conversión de contratos temporales en indefinidos incentivada por el plan extraordinario de la reforma laboral, ya que los contratos convertidos en indefinidos supusieron el 58% de los indefinidos totales (2.177.245).

Derecho Laboral

Setembro 2008 con 11,3% de Desemprego

En septiembre se han registrado 173.481 contratos de carácter indefinido, la tercera mejor cifra de un mes de septiembre, tras las de los dos últimos años, en plena vigencia de la reforma laboral .La contratación indefinida representa el 11,6% del total de contratos firmados y supone una reducción de 18.808 (-9,7%) sobre igual mes del año anterior.

Tasa de Paro

Setembro 2009 con 18,5% de Desemprego

El porcentaje de contratos indefinidos estuvo por debajo del 10% del total: 128.374 contratos de trabajo de carácter indefinido, que representan el 9,4% de todos los contratos, esto es, una reducción interanual del 26%. La vicepresidenta segunda y ministra de Economía y Hacienda, Elena Salgado, confía en que los presupuestos para el año que viene y otras medidas adoptadas por el Gobierno contribuyan a reducir el desempleo, pero advirtió de que esto “va a tardar un poco”, según ha señalado en Gotemburgo, Suecia, después de la reunión del Ecofin.

Expansión

E non é unha cousa de anos concretos. En realidade o problema da temporalidade é algo estrutural de España, que vén xa de moi atrás e sempre foi máis do dobre que a media da UE:

– Unha poboación laboral pouco ou nada cualificada (salvo nos últimos 20 anos que mellora a cousa) que á vez está directamente relacionada cos outros factores.

– Unha industrialización moi tardía (anos 80) e unha forte puxanza da agricultura/pesca en determinadas comunidades que xeralmente tiveron as maiores taxas historicamente (Andalucía, Estremadura e Galicia)

– Unha forte dependencia do turismo e da construción, ambos os sectores creadores e eliminadores de empregos dunha forma moi rápida, que fai que Canarias sexa outra as comunidades cun paro máis elevado do normal historicamente e con gran cantidade de temporais.

E estes datos, é algo recoñecido polos propios sindicatos e partidos políticos que agora critican a reforma laboral:

UGT 2003

En los últimos siete años (desde 1998, un año después de la firma del Acuerdo Interconfederal para la Estabilidad del Empleo), se ha reducido sólo 0,6 puntos, situándose en el 31,8%. Esta reducción ha sido tan escasa porque el empleo temporal no ha dejado de crecer: un 35% desde 1998 hasta 2004. No existen razones derivadas de la estructura económica que expliquen la elevada tasa de temporalidad en España. La temporalidad obedece básicamente a una errónea cultura empresarial de contratación, pero no se trata en absoluto de una práctica necesaria ni ajustada a las necesidades económicas.

La temporalidad en España casi triplica la de la UE

España es el país de la UE con mayor número de trabajadores temporales: trabajan el 26% de los asalariados temporales de la zona euro, y en cambio sólo aporta el 7% de la ocupación total de la zona. La tasa de temporalidad en España alcanza el 32,5%, mientras que en la UE, tanto de los 25 como de los 15,
la media se sitúa en el 12,8%. En los últimos años, la tasa de temporalidad en la UE disminuyó 0,8%, mientras que en España, al tiempo, se elevaba 2,2%.

A menor nivel educativo, más temporalidad

A medida que aumenta el nivel formativo, disminuye la temporalidad, si bien no garantiza un acceso más directo al trabajo indefinido. En España la temporalidad es mayor cuanto menores son los requerimientos de cualificación del puesto de trabajo, mientras que en Europa afecta en términos muy similares a todas los grados profesionales.

www.rel-uita.org

Incluso víndose a tempos máis próximos de informes de empresas de traballo temporal.

Ano 2009

“El trabajo temporal es uno de los rasgos más significativos del mercado laboral en España esta situación afecta al 30% de los empleos de baja cualificación españoles frente al 17% de media de la Unión Europa; y al 23% de los trabajos que requieren una formación superior frente al 11% europeo.”

Joseba Angulo

Podemos estar de acordo en que a actual reforma laboral, podería ser infinitamente mellor elaborada e con maior consenso*, pero non podemos negar que tanto desde sindicatos como partidos de esquerdas, están a aproveitar uns datos para criticar algo, sen revisar o que ocorría noutros tempos.

*Non estaría mal que retirasen a reforma laboral, como fixo Aznar co “decretazo” cando cambiou a Aparicio por Zaplana.

Máis información

UGT asegura que la reforma laboral “eleva la temporalidad”

Toxo dice que la reforma laboral está aumentando la temporalidad

CGT denuncia que la Reforma Laboral ha causado aún más paro y temporalidad

El 91,22% de contratos de octubre son temporales

El paro creció en 2003 por tercer año consecutivo con 23.419 desempleados más

España registra la tasa de temporalidad laboral más alta de toda Europa.

– Año 2000: LÍMITES A LA CONTRATACIÓN TEMPORAL EN EUROPA – PDF

2007 – Las ETT gestionaron el 42% de los nuevos contratos temporales

Written by ar

Novembro 10th, 2010 at 11:06 p.m.