Ciencias

Enerxías renovables, bioloxía, ciencias, política, historia, opinións…

Archive for the ‘eleccións’ tag

Puigcercós e as provincias

with 2 comments

Hoxe na ronda de declaracións demagóxicas de toda elección, temos as declaracións demagóxicas de Joan Puigcercós, candidato de ERC ó Parlament de Catalunya no que conta que mentras en Catalunya ten un déficit fiscal, en Andalucía non paga impostos nin “Deus”

“El régimen tributario español esta yendo en contra de las empresas catalanas. Cada día cuántos empresarios de Cataluña tienen en su casa instalado a un inspector de Hacienda cuando Madrid es una fiesta fiscal y en Andalucía no paga ni Dios”, ha afirmado en un mitin en La Seu d’Urgell (Lleida) ante 200 personas.
El candidato ha reprochado al Estado que el mensaje sistemático que lanza a Catalunya es que algunas comunidades autónomas tienen “privilegios” que se fundamentan en el esfuerzo fiscal catalán, que nunca se ha visto recompensado. En este sentido, ha recordado a CiU que su partido reclama el concierto económico desde 1993 porque ya entonces ERC criticaba que el Estado es “moroso” cuando se trata de pagar a Catalunya. “Hacemos un esfuerzo fiscal y luego nos maltratan con nuestro dinero”, ha lamentado.

La Vanguardia

Polo que parece o señor Puigcercós, volta coa matraca de que os Andaluces non fan nada e que son pobres porque queren.

O señor Puigcercós non recorda que se Catalunya e Madrid son comunidades ricas e coas melloras empresas, débese a que esas comunidades teñen condicións moi vantaxosas con respecto ás outras. En Galicia sabémolo moi ben, xa que a Enerxía que producimos tributa en Madrid e Barcelona, no canto de tributar en Galicia, que é onde se produce.

E xa non falemos dos privilexios históricos que tiveron os Cataláns, en materia de téxtil e co proteccionismo no algodón, xa que cando o liño veu a menos, os galegos non puideron importar algodón, para non foderlle o negocio á burguesía catalá.

Nótase que Puigcercós naceu en casa rica. Se fora de Galicia, Andalucía ou Estremadura outro galo cantaría.

Written by ar

Novembro 14th, 2010 at 10:36 p.m.

Crise de goberno en profundidade

without comments

A crise de goberno anunciada hoxe, é unha crise de moito calado e que traerá cousas moi interesantes. Xa non só polo número e os ministros que se cambiaron (moitos deles estaban moi queimados), tamén polas cousas que poden ocorrer nos próximos meses, como un posible cambio na Reforma Laboral, como lle ocorreu a Aznar co decreatazo.

– A sabida marcha de Corbacho, substitúese por Valeriano Gómez, un ex secretario xeral dos tempos de Caldera, que se manifestou contrario á reforma laboral e “próximo” a UXT.

Aznar tardou poucos meses en quitar o decretazo, polo que o cambio a esta persoa, posiblemente teña algo que ver cun cambio na reforma laboral, como quitala.

Logo da última folga xeral, co decretazo de Aznar o 20 de Xuño de 2002, o goberno de entón, cambiou ó Ministro de Traballo (Aparicio -> Zaplana) e tardou uns meses ata que retirou as partes máis conflictivas do decretazo. elmundo.es/mundodinero/2007/03/30/economia/1175263243.html

Agora o novo Ministro, é un crítico coa reforma laboral e de feito, manifestouse no día 29S.

Tanto es así,que el pasado 29 de septiembre acudió a la manifestación convocada por los sindicatos contra dicha reforma. Aquel día, Gómez destacó que “en este momento no tengo ningún inconveniente en venir a la manifestación”, ya que los sindicatos “han ejercido un derecho constitucional”. Como el mismo ha reconocido, sus 17 años como afiliado a UGT, “pesan”.

http://www.elmundo.es/elmundo/2010/10/20/espana/1287556710.html

– A saída de Aído, débese a que está moi queimada, especialmente polos medios da dereita.

A pesar de que funcionou ben e algunha que outra cagada, levou a cabo unha reforma do aborto exitosa, pero está moi moi queimada pola prensa da dereita.

Técnicamente a súa función era levar a trámite a Lei do Aborto, e levouna ó final. Ademais as súas competencias, dependen máis de Interior ou de Traballo, que do seu propio Ministerio.

Devandito isto, que agora Igualdade pase a Sanidade…. en fin.

– A entrada de Pajín a Ministra de Sanidade, creo que é o erro máis gordo deste cambio de Ministros.

Entre outras cousas, porque para ese posto que require bastante bastante coordinación con comunidades do PP non é a mellor persoa, xa que era mellora unha persoa de consenso, non alguén tan marcado.

Outra cousa é a súa capacidade, que a vexo en dúbida como para Ministra. Para Secretaria de Estado si, pero para Ministra non. Outra cousa é que logo o faga ben, como Branco.

– A saída de De la Vega é algo estraña, tendo en conta que era das mellores valoradas, aínda que nos últimos meses comezaban a queimarlle o posto, especialmente desde determinados medios. Que veña Jáuregui… un pouco/bastante erro o recuperar á vella garda. De la Vega, posiblemente acabe en Valencia.

– A saída de Moratinos é mala, porque é un dos Ministros mellor valorados en toda a UE e con moitísima influencia entre Israel e Palestina. Poida que haxa algo máis, como esgotamento.

O cambio por Trindade era o lóxico, porque ela foi Secretaria de Estado para Iberoamérica e con bastante éxito na súa etapa e neste momento, co que hai en Xogo, parece que Iberoamérica, terá un papel importante.

– Sorpréndeme a chegada de Rosa Aguilar, ex de IU, e especialmente para o posto para o que vai. Vale que Espinosa, nos últimos tempos estivese cuestionada, pero non o facía do todo mal.

Agora quédalle un tema moi gordo como é o da cota láctea e os prezos de alimentos en orixe. Esperemos que non leve todo para Andalucía, porque con Espinosa o resto de provincias tiñan algo máis.

– A desaparición de Vivenda parecía normal tendo en conta que o que facían até agora, apenas se sabía explicar ou se explicaba mal. Posiblemente nomeen a alguén de relevancia para unha secretaría de estado para Vivenda.

– Que pase Rubalcaba a Vicepresidente 1º é unha forma de nomealo como o sucesor que prefire o presidente, imos que agora é o home forte do goberno, como o era Rajoy con Aznar.

De todos os xeitos, a crise de goberno, antóllaseme curta ou errónea porque Cultura podería pasar a Educación e sacar a Sinde, unha persoa que está moi marcada e moi cuestionada. E mesmo o mesmo con Industria, Sebastián, outro ministro que está moi cuestionado e marcado, especialmente co carbón.

Non descartemos unha posible saída de Sebastián de aquí a Marzo.

Por certo, tanto Aído como Corredor, seguirán de Secretarias de Estado de Igualdade e Vivenda, respectivamente

La hasta ahora ministra Bibiana Aído será designada secretaria de Estado de Igualdad en el Departamento de Sanidad y Políticas Sociales que dirigirá Leire Pajín, han informado a Efe fuentes del Gobierno.

Aído ha aceptado la propuesta de estar al frente de esa secretaría de Estado, de la misma forma que la también hasta ahora ministra de Vivienda, Beatriz Corredor, ha aceptado ser secretaria de Estado de esta materia en el organigrama del ministerio de Fomento, dirigido por José Blanco.

ADN

Máis

Zapatero: “remodelação é para ganhar energia e impulso”

Zapatero sitúa a Rubalcaba como nuevo hombre fuerte de su Gobierno

Cambio radical en el Gobierno

Written by ar

Outubro 20th, 2010 at 4:10 p.m.

Resposta de Hugo Chávez ó ser preguntado polo reparto de escanos á oposición

without comments

Resposta de Hugo Chávez a Radio France Internacional, sobre o reparto de escanos nas eleccións de Venezuela, onde a oposición “burguesa” acadou o 52% dos votos e a pesar de eso, apañou 37 deputados menos.

Convén recordar que a Burguesía = Oposición, acadou o 52% dos votos nas eleccións

Pero un dato muy importante que no se puede ignorar es que el volumen nacional total de los votos contrarios al chavismo se ubicaron esta vez en un 52%, a pesar de que los triunfos en las circunscripciones le dieron la mayoría al PSUV.

Aporrea

Convén tamén recordar que o goberno modificou a Lei Electoral xusto antes das eleccións, para favorecer ó estado nas circunscripcións con menor poboación ou máis favorables ó chavismo

“Se trata de un sistema mayoritario que no se corresponde con el número de votos que se obtiene con los escaños que se ostenta. Con esta ley se puede dar que alguien con el 50% de los votos obtenga el 80% de los cargos”, indicó Mujica.

No obstante, afirmó el dirigente opositor, “esta ley puede favorecer a cualquiera, puede ocurrir que la oposición gane las elecciones, pero gane quien gane el sistema sigue siendo antidemocrático”.

Mujica también advirtió que con la nueva legislación el Consejo Nacional Electoral (CNE) “tiene vía libre para modificar los circuitos electorales establecidos geográficamente por municipios o circunscripciones”, algo que según el diputado podría jugar a favor del gobierno.

BBC

Written by ar

Setembro 28th, 2010 at 2:13 p.m.

Jaime Cabeza e as sombras sobre a súa candidatura a reitor da UVIGO.

without comments

Durante estas semanas, a UVIGO está en plena campaña electoral para reitor. Con dous candidatos, Jaime Cabeza e Salustiano Mato, a campaña está a porse dura con acusacións dun lado e doutro, vídeos “sexistas”… Con todo asáltannos as dúbidas de como se pagaron as publicidades grandilocuentes de Jaime Cabeza? Axuda por baixo da mesa? Pode estar o OPUS detrás do candidato? As sombras do PP e de Corina Porro co candidato?

Hoxe falaremos de Jaime Cabeza, catedrático de Dereito e candidato de Nova Universidade ao reitorado da UVIGO. O seu nome correu como a pólvora cando se presentou, debido á entrada de “aire novo” na campaña, para acabar coa omnipresente Alternativa Universitaria.

Ao longo da campaña e a través do seu blogue coa sección “Tano sen tino” dedicouse a criticar ao seu opoñente, Salustiano Mato, ademais de non permitir o acceso de cámaras aos debates cos alumnos. A última, foi tanto o apoio explícito dos “cachorros de Novas Xeracións”, como as dúbidas de onde sacou o diñeiro para a súa campaña electoral?.

Ambas as candidaturas, dispoñen de 6.000 euros, aínda que resulta rechamante, como eses 6.000 euros dan para moito, con cartelaría asulagando todas as facultades, grandes publicidades ás entradas das facultades e valos publicitarios nos viarios de acceso ao campus de Vigo.

Fotografía de Jaime Cabeza

A última noticia foi a irrupción do apoio explícito de Novas Xeracións na campaña de Jaime Cabeza e a posibilidade de que o Opus poida estar detrás do candidato dunha ou doutra forma.

A nadie puede extrañarle, dice un miembro de Nuevas Generaciones, la organización juvenil del Partido Popular, «que pidamos el voto para Jaime [Cabeza]». Y se refiere a un elemento singular de la lista con la que el candidato de Nova Universidade ha planificado su asalto al rectorado. Ese elemento se llama María José Bravo y, además de aspirar a ser la secretaria general de la Universidad de Vigo, acaba de ser aupada por Corina Porro a la vicesecretaría de comunicación del PP de Vigo.

Nuevas Generaciones envió recientemente a sus miembros un correo electrónico en el que pide que se decanten por Jaime Cabeza. «Es un buen candidato, con las ideas claras, mejor que Salustiano Mato. Demuestra que tiene una buena formación y que tiene capacidad de gestión», afirma un dirigente de esa organización política juvenil. El hecho de que Cabeza sea militante del BNG -poco activo- no es obstáculo para que apuesten por él.

La Voz

O certo, é que até agora aínda non soubemos nada do programa de Jaime Cabeza, xa que un simple acceso polo seu blogue, móstranos as críticas cara ao seu adversario (e ti máis). Suponse que é un candidato a reitor? Hai demasiadas dúbidas sobre o candidato Jaime Cabeza, que debería de aclarar, se non quere que a bóla siga aumentando.

Tampouco é que o seu opoñente Salustiano Mato, durante esta campaña fixese moito, aínda que de momento é a opción menos mala.

Nota

Transcribimos a mensaxe, segundo chegounos á redacción. Ciencias  desmárcase de todo o publicado, aínda que permitimos a liberdade de expresión e non como fan outros.

Uns apuntamentos sobre as eleccións cubanas

without comments

Coas eleccións municipais cubanas, sería oportuno facer algunhas matizacións ante as informacións do goberno cubano e do seu “sistema electoral”.

No día de onte celebráronse eleccións municipais en Cuba, nas que se elixían a máis de 15.000 delegados para renovar os órganos locais do Poder Popular e nas que participación foi do 88,4%. Os medios oficiais falan dun éxito da democracia, pero o certo é que a democracia tal e como se pode entender en Europa non existe.

A función dos candidatos é a de actuar como intermediarios entre os seus veciños e as autoridades, con poderes políticos moi reducidos.

O Partido Comunista de Cuba, o único autorizado na illa, non propón candidatos, aínda que o Partido Liberal (unha especie de partido que agrupa a parte da disidencia) puido optar a postular opositores en varios municipios, non sen problemas previos.

Os aspirantes a delegado acoden ás eleccións sen programa político, nin campaña electoral, e as autoridades instan á poboación a elixir entre aqueles que teñen os maiores “méritos, capacidade e virtudes”. Para decidir, foron expostas as súas biografías en lugares de acceso público.

Sus biografías sólo dicen que pertenecen a las organizaciones sociales y de masa, y su membresía en el PCC es casi segura. Esos datos son insuficiente para que un elector decida con su voto cuál de ellos es el mejor y el más capaz para representarlos en el gobierno. Mucho menos asegura que sus intereses (elector/elegidos) sean coincidentes.

Cubanet

A elección

Os medios oficiais do Goberno Cubano dinnos que os candidatos son elixidos democraticamente polo pobo. A afirmación ten cousas certas, aínda que peca de certa manipulación, xa que non todo o mundo pode ser elixido, xa que o aparello do Estado traballa moi ben.

A pesar de que nos aseguraron que en otras asambleas de nominación existieron presiones contra los disidentes que se presentaron, en esta ocasión todo transcurrió con total normalidad. Hubo cuestionamientos pero sin agresiones ni insultos.

Entre las opiniones reinantes, un anciano cuestionó la postulación del disidente porque, según él, no tiene las cualidades descritas en Granma. Sin embargo, obviando el veto propuesto, el presidente de la asamblea llevó el nombre de Silvio a votación.

Finalmente el resultado, según nuestras cuentas, fue de 50 votos por la candidata del Partido Comunista, 14 a favor de Silvio y unas 50 abstenciones. Esta última es una cifra extremadamente grande para la realidad política de Cuba.

BBC

A realidade das eleccións

Como periodista extranjero no es mi papel decirles a los cubanos que sistema político debe regirlos, así que me limitaré a escribir sobre los órganos vigentes. Y creo que en ese proceso es clave el Poder Popular, desde la base hasta el parlamento.

Claro que será más fácil conseguir un delegado efectivo para mi barrio que convertir al parlamento en un ente independiente, teniendo en cuenta que en sus 35 años de historia nunca, ninguno de los 600 diputados votó en contra de una propuesta oficial.

Ya hasta el propio Raúl Castro cuestiona ese tipo de “unidad”. El pasado año expresó que “la falsa unanimidad resulta perniciosa y se requiere estimular el debate y la sana discrepancia, de donde salen generalmente las mejores soluciones”.

Sin embargo, están tan acostumbrados a esa “unanimidad” que cuando un miembro del Consejo de Estado (poder ejecutivo electo por el parlamento) obtuvo “sólo” el 98,5% de los votos, provocó tal inquietud que el Presidente se vio obligado a defenderlo públicamente.

Evidentemente los diputados no son “clones ideológicos”, pero se rigen por una concepción de “unidad” basada en no cuestionar “lo que viene de arriba”, del Consejo de Estado o del Buró Político del Partido Comunista, que son los centros del poder.

BBC

O aumento da abstención

Tanto nas eleccións dos candidatos nas asembleas, como nas eleccións propiamente ditas, a abstención é a gran reinante, característica dun pobo no que por moito que voten e elixan candidatos, a man de ferro o Estado é máis forte.

Cuando llegó la hora de postular candidatos, dos personas propusieron que continuara la actual delegada, una medico, miembro del Partido Comunista y jefa de salud pública regional. El otro que levantó la mano fue Silvio para auto proponerse, algo totalmente legal.

Entre las opiniones reinantes, un anciano cuestionó la postulación del disidente porque, según él, no tiene las cualidades descritas en Granma. Sin embargo, obviando el veto propuesto, el presidente de la asamblea llevó el nombre de Silvio a votación.

Finalmente el resultado, según nuestras cuentas, fue de 50 votos por la candidata del Partido Comunista, 14 a favor de Silvio y unas 50 abstenciones. Esta última es una cifra extremadamente grande para la realidad política de Cuba.

Benítez no logró el suficiente apoyo para ser candidato pero provocó que muchos se abstuvieran en la asamblea de postulación y, este domingo, en su colegio electoral se duplicó el número de personas que no apoyaron a ninguno de los candidatos.

Entre abstenciones (14), votos anulados (39) y en blanco (10) superan el 20% del total de electores. La cifra es muy alta dado que la media nacional en escrutinios anteriores era de alrededor del 10% del padrón electoral.

BBC

Unha visión desde Europa

A demostración de que a Lei Electoral Cubana non é a panacea universal na que se empeñan persoas como Pascual Serrano ou outros defensores dle Goberno Cubano, que din que en Cuba hai democracia, que poden votar libremente…

Claro que poden votar libremente os cidadáns, pero aos membros do partido. O mesmo que con Franco (calquera se podía presentar se era do “partido” e pasaba os tamices)

Cando os únicos aos que podes votar, son aos membros do partido ou aos que pasaron previamente polo tamiz… malo (o mesmo vale para ANV en Euskadi, coa excepción de que non se prohiben todos os partidos como en Cuba).

A nosa ten tantas ou máis carencias, pero de distinto calibre. En canto á gravidade dos fallos, diría que a cubana restrinxe enormemente as opcións políticas, quedando nunha democracia condicionada a aceptar previamente unha ideoloxía concreta coa que participar.

Cando logras un 98% de aprobación…malo. Lembra a Obiang en Guinea Ecuatorial que elección tras elección sempre gaña cunha porcentaxe similar que anda polo 96,7% de aprobación.

O certo, é que as eleccións de Cuba, cada vez máis, lémbrannos á mesma pantomima que tiña Franco coas Leis Fundamentais do Reino e o principio VIII que ordenaba a participación política a través da familia, do municipio e do sindicato.

La Ley de Bases del Régimen Local de 1945 estableció la designación gubernativa de los alcaldes y presidentes de Diputación, así como la elección por los cabezas de familia de un tercio de los concejales en los ayuntamientos. Las primeras elecciones municipales del franquismo se celebraron en 1948. El control político del proceso era total, como se desprende de la documentación existente en el Gobierno Civil de Málaga, con la palabra “acordado” escrita a lápiz en la carpeta de cada localidad, y por los informes de los alcaldes y de la Guardia Civil sobre los candidatos propuestos al gobernador, que era quien decidía en última instancia.

En la década de los años sesenta se produjeron algunos cambios. En primer lugar, porque se aflojó la presión oficial para conseguir altas cifras de participación, con lo que aumentó el abstencionismo y las consultas pasaron a celebrarse en días laborables. Además, quedó instituida por la Ley Orgánica del Estado la figura de los procuradores familiares, a cuya elección se incorporaban las mujeres casadas. En las primeras elecciones a Cortes por el tercio familiar de 1967, Rafael Merino fue el procurador más votado, por encima de Luis Peralta España, mientras que la participación alcanzaba al 52% de los electores.

Diario Sur

Como ben dicía César Calderón (Netoraton) no seu twitter

Hoy hay elecciones municipales en Cuba, los ciudadanos podrán elegir libremente si quieren alcaldes comunistas, o comunistas alcaldes.

Máis info:

Unanimidad: falsa y perniciosa

Cuba votó por primera vez en la era Raúl Castro

Se registra una participación del 88,4% en las elecciones municipales cubanas

Disidentes cubanos en campaña electoral

Damas de Branco impedidas de protestar em Havana

Ley de Principios del Movimiento Nacional

Las elecciones del franquismo

– Sistema electoral cubano 1 e 2

Qué dictadura más rara…

Elecciones en Cuba

Written by ar

Abril 26th, 2010 at 1:20 p.m.

Xulgado por pedir sufraxio universal

without comments

黄丝带-释放Liu Xiaobo
Fotografía en Flickr de jeanyim

Os tribunais chineses comezaron este mércores o xuízo contra Liu Xiaobo, un dos máis prominentes disidentes do país asiático, no medio das sospeitas das organizacións de dereitos humanos de que Pequín tenta acelerar o caso durante o Nadal en Occidente para atraer menos atención internacional.

Seguindo o ronsel do movemento checo de 1977, o 9 de Decembro de 2008, máis de 300 intelectuais, xornalistas e antigos membros do Partido dos Traballadores pediron nunha carta (a Carta 08 en Inglés) 19 medidas.

En ella se piden 19 medidas: una constitución democrática, separación de poderes, democracia legislativa, un poder judicial independiente, control público de la Administración, derechos humanos, elección de los cargos públicos, igualdad entre campo y ciudad, libertad de reunión, expresión y religión, educación cívica, protección de la propiedad privada, reforma fiscal, seguridad social, protección del medio ambiente, una república federada y confianza en la reconciliación.

Periodistas 21

Pero lo cierto es que, tras los Juegos Olímpicos, Pekín parece echar de nuevo el cerrojo: reanudación de ejecuciones, inflexibilidad y lenguaje duro en la negociación con los representantes del Dalai Lama, detención de militantes a favor de los derechos humanos, mayor control de Internet y de los medios de comunicación… Las promesas de transparencia, mayor autonomía social y amplio y progresivo reconocimiento de las libertades individuales, dejan paso preferente a la acción represiva y ejemplar contra la corrupción, que goza de amplio favor popular, mientras, en el más absoluto silencio, se procura aislar cualquier disidencia política. En un artículo publicado el pasado 18 de enero en la revista Qiushi, Jia Qinglin, uno de los máximos dirigentes chinos, alertaba contra “los falsos ideales de la democracia a la occidental”, evidenciando las fronteras de la evolución ideológica del régimen.

Xulio Ríos

O día anterior ao coñecemento da Carta O8, era detido por “socavar o poder estatal”.

Xa en 1989, Liu Xiaobo, coñecido entón polas súas críticas literarias e os seus escritos filosóficos, pasou case dous anos na cadea por defender a actuación dos estudantes e pedir unha explicación da masacre.

Onte día 23 celebrouse o xuízo que durou preto de 2 horas e media, e mañá día 25 de Decembro, aproveitando o “silencio informativo” mundial polo Nadal, o Goberno Chinés dará a coñecer a sentenza que pode chegar até 15 anos de cárcere.

O xuízo foi criticado por EEUU, a UE, organizacións defensoras dos dereitos humanos e un grupo de premios Nobel, que pediron a China que deixe en liberdade ao disidente. Con todo, Pequín rexeitou estas peticións, tachándoas de “inaceptables”.

15 anos de cadea, por pedir democracia.

Vídeo de Liu Xiaobo xa pedindo liberdades

E desde logo non é o primeiro nin será o último. Logo das protestas de Tiananmen, Zhao Ziyang que foi un político da República Popular China, ademais de Primeiro Ministro da República Popular China e Secretario Xeral do Partido Comunista de China xa apoiou aos estudantes da Praza e xa naquel momento pediu liberdades políticas e democráticas en China.

Iso custoulle pasar os seus últimos 15 anos de vida en arresto domiciliario a pesar de ser un destacado membro do partido.

Pouco despois do cinco da mañá do 19 de maio, Zhao apareceu na Praza de Tiananmen e deambulou entre a multitude de manifestantes. Usando un megáfono suplicou que abandonasen a praza dicindo:

“He llegado demasiado tarde. No podéis continuar así. Nosotros fuimos jóvenes también y teníamos arranques de energía semejantes. También hemos organizado manifestaciones y recuerdo aquella situación. Tampoco pensábamos en las consecuencias”.

Máis información en  1234567 89101112 – 12+1

Written by ar

Decembro 24th, 2009 at 5:47 p.m.

A intriga do TGV entre España e Portugal.

with 3 comments

Versión en Castelán en Ciencias y Cosas e tamén en Soitu

No debate celebrado neste sábado en Portugal entre os dous principais candidatos entre José Sócrates (Partido Socialista) e Manuela Ferreira Leite (Partido Popular Democrático – Partido Social Democrata), deu ademais dos habituais temas (economía, educación…) un tema candente na actualidade portuguesa como foi o proxecto do AVE/TGV entre España e Portugal, tanto polo ramal de Galicia, como no extremeño.

A gran “nova electoral” veu pola parte de Ferreira Leite, xa que prometeu anular os investimentos do AVE con España, sendo uns investimentos que ela mesmo asinou no Cume de Figuera dá Foz, co anterior executivo de Aznar, asinando un AVE Internacional que uniría España e Portugal, cando Durao Barroso era o Primeiro Ministro Portugués e con Ferreira Leite como Ministra de Finanzas.


O PSD, herdeiro do Partido Popular Portugués, propuxo a través da súa candidata, Manuela Ferreira a paralización do AVE-INTERNACIONAL por excesivo gasto, endebedamento e outras cuestións varias que esconden nas súas costas o verdadeiro motivo: non desexa un AVE INTERNACIONAL que conecte con España, e aínda persiste o odio entre as súas filas como ben comenta David Santos no seu blogue.

Onte mesmo, no citado debate, Ferreira Leite declarou:

“Non me gusta aos españois mesturados cos portugueses. Non me gusta aos españois metidos na política portuguesa. Eu non intento resolver os problemas de Portugal en función dos intereses españois” así como declarar que “Portugal non é unha provincia de España”.

Con todo, o que conta agora Ferreira Leite é Falso.


Agora o PSD argumenta o excesivo custo (estímase que custaría a unión España-Portugal por Galicia e Estremadura, cun custo de 9.000 millóns de euros para Portugal ), xa que non beneficiaría á economía nacional (algo que apoian os pequenos empresarios xa que sempre argumentaron que a unión supoñería un aumento de impostos ), cando Portugal ten unha rede ferroviaria en moi malas condicións. Por exemplo entre Vigo e Porto, leva o mesmo tempo que fai 30 anos, aínda que nos últimos anos reduciron un pouco o tempo con novos convoios.

Todas as compañías aéreas que están operando desde Sá Carneiro (Porto), que é un dos que ten maior crecemento en toda Europa, con preto dun 20% anual, pediron en reiteradas ocasións unha unión do aeroporto ao ramal que uniría Porto e Galicia, xa que iso representaría miles de pasaxeiros para viaxar desde Porto, xa que cada ano preto de 400.000 galegos empregan o aeroporto e a cifra podería chegar ata o millón ao atraer a pasaxeiros do terzo norte peninsular, xa que co tgv a distancia entre Vigo e Porto cubriríase en 60 minutos, cando na actualidade requírense 3 horas en tren.

Por outra banda as diferentes empresas que se marcharon desde Galicia a Portugal, atraídas polos impostos 0, tamén piden unha conexión con trens de alta velocidade así como unha mellora da rede ferroviaria.

O trasvase desde o PSD ao PS

Como xa dixemos, o TGV Portugal-España foi impulsado polo PP xunto co seu socio de dereita portugués, o partido actual da oposición (PSD) pero cando o partido actual gobernante (PS) chegou ao poder non estaba por labor de continuar a obra xa que tamén consideraban un gasto excesivo e preferirían dedicalo educación e traballo e como proba foron os diferentes atrasos que leva a obra (de finalizalo en 2013 pasaron a dicir que o rematarían no 2015 e se rumorea que pode chegar ao 2017) malia levar investidos miles de millóns e acordar tanto coa Xunta de Galicia como co Goberno Central que garantían a unión con Lisboa e Porto.

Agora, o PS é o que se atopa favorable a seguir coas obras, pero o PSD ( impulsor do proxecto) móstrase en contra e Sócrates xa dixo por activa e por pasiva, que se ou se, seguirán adiante co proxecto da Alta Velocidade xa que paralizar o proxecto, significa paralizar Portugal.

¿Que di España?

Este domingo, José Branco, mostrou a súa preocupación polo debate que se está producindo en Portugal e Branco delcaró a decisión de parar os corredores do Ave desde Lisboa a Badajoz e desde Oporto a Vigo, sería “un contrapié que, de producirse, deberiamos tratar de superar”.

Os corredores con Lisboa e Oporto son moi importantes porque supoñen “integrar de verdade a Península Ibérica” e por iso o ministro reafirmó a preocupación que se produciu en pleno debate electoral no país veciño por unha posible paralización do proxecto. (Diario Hoy)

E é normal, a preocupación, xa que Fomento é dos poucos ministerios que manteñen partida presupuestaria e o propio ministro acelerou notablemente os trámites nas declaracións de estudo previas á obra, así como nas licitaciones ferroviarias, que estiveron moi paradas cando Magdalena Álvarez era ministra.

Desde logo, a unión por alta velocidade entre España e Portugal, sería a ideal de calquera telenovela de intriga venezolá.

PD: O debate compreto, pódelo ver abaixo.

Debate Ferreira Leite vs J Sócrates