Ciencias

Enerxías renovables, bioloxía, ciencias, política, historia, opinións…

Archive for the ‘documental’ tag

David Beriain: Sea Bites (Percebeiros)

without comments

Written by ar

Decembro 6th, 2011 at 2:48 p.m.

Memoria da lingua

without comments

As Candongas do Quirombo, nome colectivo baixo o que traballan Andrea Núñez, Xandra Santos, Lara Rozados, Laura Fernández e Raquel Rey, vén de rematar a realización de Memoria da lingua, un documental no que a través de vinte entrevistas investigan a memoria social da lingua galega. Xa se pode ver na rede.

A memoria da lingua from as candongas do quirombo on Vimeo.

Written by ar

Outubro 29th, 2010 at 8:56 p.m.

Posted in vídeo

Tagged with , , , ,

Pailáns de San Caetano, pailáns do carallo.

with 3 comments

Núñez Feijóo

Fotografía de Xornalcerto

A vosoutros vos falo, os que vivides entre San Caetano e a TVG. Os mesmos que vos queixabades dos “dispendios” do bipartito, pero que vos gastades 500 euros por silla para a Cidade da cultura, reducides delegados en número pero non en custe… Os mesmos que falaban de austeridade pero que financian a Visita do Papa coa Televisión e co financiamento da Xunta. Os que falaban de orzamentos con razón, pero que os ides reducilos en 950 millóns, mentras reducides os impostos as vivendas e non os aumentados os que máis teñen como fan outras comunidades.

Os que falaban de dereitos pero que financian e apoian ás organizacións ultraconservadoras do Opus Dei para que non aborten. Voltamos ós tempos de Franco? Os que se queixaban das axudas do bipartito ós medios, pero que vos tamén o facedes (e base de ben).

Os mesmos que vos queixabades do concurso eólico, pero que agora ides a dalo a Iberdrola e Endesa. Casualidade?

Toma de Posesión de Feijóo – Fotografía de La Voz de Galicia

Os que decían que querían unha sanidade pública pero que no Hospital de Vigo escollen a oferta máis cara e con menos servizos públicos cunha privatización encuberta. Os que se laiaban de que mellorarían a sanidade pública pero que agora as listas de espera non deixan de aumentar e aumentar.

Os que iades a apostar pola I+D pero que acabades coas bolsas de estudantes, as bolsas de comedores escolar e deixades se pagar ós comedores, as bibliotecas, os orzamentos das universidades (2), reducides mestres en todos os institutos, reducides as axudas ós libros, a educación para maiores

Os que teñen un conselleiro imputado por falsidade documental que aprobou obras rematadas, cando non o estaban.

Agustín Hernández
Fotografía de Xornalcerto

Os que se queixaban polas obras públicas do bipartito pero que agora dan autovías ás empresas que presentan a oferta máis cara e con maior impacto ambiental e son empresas nas que traballou o Conselleiro encargado de adxudicar a obra.

Os mesmos que falaban de educación e se queixaban da “imposición” do bipartito, cando sodes vos os que impoñedes e eliminades o galego, a lingua de Galicia, das aulas.

Pailáns de San Caetano, pailáns do carallo.

KORUÑO, legado de Hércules

without comments

El falso documental ha estado en boga en los últimos años gracias a las películas de artistas como Sacha Baron Cohen o Christopher Guest. Las posibilidades cómicas y narrativas de este género están siendo aprovechadas por el director Daniel López para intentar explicar el origen de las expresiones y palabras que conforman el ‘koruño’, la jerga propia de la ciudad. En la pieza, que se estrenará en el mes de julio, participan actores de reconocida trayectoria teatral y televisiva como Isabel Risco y David Perdomo

La Opinión Coruña

Nadie sabe de dónde surgió hace ya más de dos décadas. Ni el secreto de su arraigo. Pero lo cierto es que el koruño, la jerga urbana que brotó entre los más jóvenes de los barrios populares, acabó por formar parte del patrimonio y seña de identidad de A Coruña. Incluso los puriles (personas mayores, progenitores) lo entienden y a veces lo practican sin tan siquiera saberlo. Pasado el puente de A Pasaxe, carece de significado para cualquiera pedir una truja (cigarillo), pasear al chukel (perro), preguntar por un kel (vivienda) o irse con la já.

Nadie sabe porque jicho o jicha, de uso tan frecuente en Vigo para designar a un tío o tía, es en A Coruña un macarrilla. O por qué “achantar”, que en castellano significa “detenerse, parar”, se utiliza en koruño para decir todo lo contrario: “achanta de ahí” es “apártate”, “quítate de en medio”.

El País

Written by ar

Xuño 25th, 2010 at 11:43 p.m.

Arraianos

without comments

Documental sobre o contrabando que se produciu na raia que separa Galicia e Portugal durante a posguerra. Os testemuños están recollidos nos concellos de Vilardevós e Monterrei (Ourense). Este documental foi realizado polos alumnos de 3º de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela.

Written by ar

Marzo 24th, 2010 at 10:08 p.m.

Cales son as razóns polas que se pretende subir a idade de xubilación até os 67 anos?

without comments

Logo do anuncio realizado por Zapatero no que se contempla subir a idade de xubilación, é moi bonito dicir que se xubilen ao 65 pero España sofre un problema de envellecemento brutal e segundo os datos do INE, por cada dez acodes en idade de traballar, en 2049 residirían no país case nove acodes potencialmente inactivas (menor de 16 anos ou maior de 64), o que significa que a taxa de dependencia elevaríase até o 89,6%, desde o 47,8% actual.

Por non falar de que as esperanzas de vida aumentáronse nos últimos anos chegando a medias de 80 anos, algo impensable hai 20 anos e nos últimos anos de vida é cando hai maior gasto sanitario, maior gasto de dependencia, etc… polo que a caixa non dá para tanto a menos que privaticemos o sistema de pensións algo moi moi malo. 

Cunhas perspectivas así, a España non quedará outra que subir a idade de xubilación si quere ter traballadores para pagar as pensións, tal e como están a facer outros países europeos.

Europa ya se está moviendo y muchos países, como los siguientes, ya han movido ficha, aunque no hay unidad en las edades ni en los años de ajuste:

Read the rest of this entry »

Written by ar

Xaneiro 30th, 2010 at 5:49 p.m.