Ciencias

Enerxías renovables, bioloxía, ciencias, política, historia, opinións…

Archive for the ‘coruña’ tag

O descenso do Deportivo en Punto Pelota

without comments

O choro de Siro López (antigo Xefe de Prensa do Deportivo) especialmente crítico pola aparición de Losada polo palco e a intervención de Lendoiro no programa

Written by ar

Maio 22nd, 2011 at 7:30 p.m.

35 anos da Catástrofe do Urquiola

without comments

Written by ar

Maio 13th, 2011 at 11:42 p.m.

Banco de Sardiñas no Aquarium da Coruña

without comments

O seguinte vídeo mostra o proceso seguido polos responsables do Aquarium da Coruña, para poder manter na Sala de Maremagnum, un banco de sardiñas, un peixe de complicada captura para que siga vivo e con condicións de vida determinadas como a súa elevada velocidade de movimentos e a posibilidade de estres.

El mayor problema es la alta estresabilidad de dicha especie, y un claro ejemplo es que un solo golpe en el tanque de estabulación provocaría la muerte instantánea de más de un 20 o 30% de los ejemplares. El estrés además tiene efectos inmunodepresores, de tal manera que los individuos son más propensos a infecciones secundarias y muerte.

No todas las especies marinas reaccionan de la misma manera al estrés. Las sardinas y otros animales pelágicos, como bocarte y caballa, son especialmente sensibles. Por ello y para minimizar el estrés del cardumen, el trabajo diario se multiplica; se alimenta de manera muy rigurosa incluyendo productos inmunoestimulantes, se controlan posibles caídas de oxígeno en el tanque (muy comunes en este tipo de cardúmenes) y se controla varias veces al día la paramétrica de calidad de agua. Además, otro factor limitante es el manejo de los individuos para lo que el personal del acuario está muy bien formado.

Acuario de Gijón


Written by ar

Outubro 7th, 2010 at 7:44 p.m.

Células nai embrionarias dende unha fecundación in vitro (vídeo)

without comments

Cómo é a obtención de células nai embrionarias dende unha fecundación in vitro? Grazas a este vídeo da Casa das Ciencias, podemos ver unha explicación do proceso

Written by ar

Outubro 3rd, 2010 at 4:28 p.m.

Aliens dos fondos mariños

without comments

“Aliens dos fondos mariños” é un documental de divulgación científica protagonizado por polbos, os únicos animais invertebrados cunha intelixencia que lles permite resolver problemas e cambiar de estratexia en funcións dous resultados acadados.

O documental, en alta definición, segue a dous equipos de biólogos marinos que investigan a estas escorregadizas criaturas. Foi rodado en gran parte no Aquarium Finisterrae da Coruña; tamén se filmaron interesantes experimentos e secuencias noutros lugares do mundo, como Canadá, Italia, Mónaco ou Indonesia.

É unha produción franco-canadense, dirixida por dous expertos cinematógrafos, avalados por quince anos no equipo de “Mundo submariño” de Jacques Cousteau, John Jackson e Jerome Julienne. Estiveron apoiados polo tamén experto documentalista e biólogo Juan Antonio Romero, quen ademais de traballar dez anos con Cousteau, foi xefe de bioloxía de varios acuarios e colaborador habitual da BBC Natural History Unit (participando en series como Blue Planet, entre outras). Asimesmo, ás imaxes submariñas foron filmadas por Roberto Rinaldi, considerado hoxe en día como un dos mellores cámaras submariños do mundo.

Vía http://mc2paxinas.blogspot.com/

Written by ar

Setembro 15th, 2010 at 11:21 p.m.

Bu neno, soy el nuevo dueño de Coruña!

without comments

Coruña ten novo dono, El Freddy.

Written by ar

Setembro 7th, 2010 at 7:02 p.m.

KORUÑO, legado de Hércules

without comments

El falso documental ha estado en boga en los últimos años gracias a las películas de artistas como Sacha Baron Cohen o Christopher Guest. Las posibilidades cómicas y narrativas de este género están siendo aprovechadas por el director Daniel López para intentar explicar el origen de las expresiones y palabras que conforman el ‘koruño’, la jerga propia de la ciudad. En la pieza, que se estrenará en el mes de julio, participan actores de reconocida trayectoria teatral y televisiva como Isabel Risco y David Perdomo

La Opinión Coruña

Nadie sabe de dónde surgió hace ya más de dos décadas. Ni el secreto de su arraigo. Pero lo cierto es que el koruño, la jerga urbana que brotó entre los más jóvenes de los barrios populares, acabó por formar parte del patrimonio y seña de identidad de A Coruña. Incluso los puriles (personas mayores, progenitores) lo entienden y a veces lo practican sin tan siquiera saberlo. Pasado el puente de A Pasaxe, carece de significado para cualquiera pedir una truja (cigarillo), pasear al chukel (perro), preguntar por un kel (vivienda) o irse con la já.

Nadie sabe porque jicho o jicha, de uso tan frecuente en Vigo para designar a un tío o tía, es en A Coruña un macarrilla. O por qué “achantar”, que en castellano significa “detenerse, parar”, se utiliza en koruño para decir todo lo contrario: “achanta de ahí” es “apártate”, “quítate de en medio”.

El País

Written by ar

Xuño 25th, 2010 at 11:43 p.m.

A incineración dos RSU non é a solución

without comments

Despois das recentes declaracións de Luís Lamas, presidente de Sogama (entidade xestora da maioría de R.S.U. en Galicia) na que mostra a súa total ignorancia achega do tratamento de residuos, mostrándose totalmente favorable á construción dunha nova incineradora en Galicia para “reducir os gastos de transporte” así como que “queimar os residuos é a mellor solución”, debemos dicir que a INCINERACIÓN NON PODE SER A SOLUCIÓN aos RSU.

“Quemar residuos es la mejor opción. Es que hay que ir a lo que funciona, las demás opciones son soluciones residuales que pueden funcionar en zonas muy concretas pero no son más que sistemas complementarios que no funcionan con volúmenes importantes.”

Luis Lamas en Faro de Vigo

Na actualidade, Galicia conta cunha planta de incineración en Cerceda (A Coruña) que actualmente recibe 900.000 toneladas métricas anuais, cando foi deseñada para pouco máis de 300.000 toneladas métricas anuais; aínda que SOGAMA di que é capaz de tratar preto de 500.000 toneladas métricas anuais, pero a base de prexudicar ao medio.

É evidente que hai un grave problema de xestión de residuos que leva herdando desde hai anos, pero a solución non pasa pola construción de máis plantas incineradoras causantes de emisións contaminantes e de “mercadeo da enerxía producida”, xa que Unión Fenosa é a adxudicataria da incineradora en Cerceda.

Hoxe en día, a planta de Cerceda, é coñecida como o “buraco negro de Galicia” pola súa inoperancia para o tratamento así como o seu mal funcionamento con exceso de emisión de partículas e desde logo unha nova planta, vistos os antecedentes, non é a solución.

Non é a solución, xa que:

1 – Coa incineración estamos a emitir en cantidades elevadas, as emisións de CO2 e outros GEI, ademais de micropartículas que afectan os municipios limítrofes da planta, xa que se están incinerando residuos sólidos tóxicos.

Precisamente debido a esa queima de residuos sólidos tóxicos, as cinzas producidas son totalmente inservibles, a diferenza de que si fosen cinzas de materia orgánica que si se poderían empregar en compost e como biorremediación.

2 – Galicia non conta cun verdadeiro plan de xestión dos residuos, xa que os existentes están enfocados á incineración, cando é necesario unha xestión dos residuos coa reciclaxe e a reutilización, previa separación.

Na actualidade, SOGAMA só é capaz de recuperar coa recollida selectiva, algo menos do 15% dos envases, o 17% do papel e o 6% do vidro recibido; unhas cifras totalmente irrisorias. Desta forma, estamos a queimar residuos potencialmente reciclables, debido á pésima xestión de reciclaxe e separación que ten SOGAMA

Desde a Ou.E. hai tempo que leva pedindo aos países membros, que se reduza a valorización enerxética dos residuos, xa que desde Bruxelas considérase prioritario tanto a redución e a reutilización dos mesmos; que son métodos moitísimo máis beneficios tanto para o medio ambiente, a saúde das persoas e mesmo o emprego.

Así mesmo da Ou.E. pídese unha maior concienciación ambiental, con plans de educación ambiental como ocorre en Alemaña.

En Alemaña as empresas de toda a cadea do proceso alimentario; teñen incentivos para a reutilización dos envases producidos con recollidas nos supermercados dos plásticos, botellas de vidro, latas, etc… logrando así unha redución dos residuos xerados.

Debemos reciclar e reutilizar os residuos

1 – SOGAMA debe de cambiar o plan de residuos co que conta, xa que debe de fomentar en maior medida a separación dos residuos nas casas, así como a creación de novas plantas de separación e cribado dos residuos en comarcas e non facer como se fai na actualidade, con empacadoras en concellos grandes aos que se envía o lixo por camións e trens até SOGAMA sen unha previa separación, máis que a suponse que se realiza nos fogares galegos.

2 – A estratexia debe de pasar pola REDUCIÓN + RECICLAXE + REUTILIZACIÓN

3 – En Galicia existen algúns exemplos de facer ben as cousas como nos casos da Coruña – As Mariñas e os concellos da Mancomunidade do Barbanza, cunha valorización brutal dos residuos, logrando unha redución dos residuos que se mandan a vertedoiros.



Adega

4 – Hai que apostar con máis ansia na biodegradación de residuos e na produción de compost, algo que na actualidade non se está facendo ou si está a realizarse faise dunha forma totalmente ineficiente.

O peor de todo, é que a idea xa non é nova, xa que no 2004 (tamén co PP no goberno), o conselleiro de Medio Ambiente daquel momento, Xosé Manuel Barreiro, tamén se mostraba favorable á creación dunha nova planta no sur de Galicia.

La planta tiene capacidad para tratar los residuos de Santiago -su alcalde, el socialista Xosé Sánchez Bugallo, que gobierna en coalición con el BNG, tiene previsto enviar la basura a Cerceda a partir del 2005-, pero de cara el futuro hay que pensar en una ampliación. Y hay dos posibilidades. Ampliar las actuales instalaciones, o abrir una nueva en el sur, de cara a avanzar en un mayor equilibrio territorial. No hay una decisión tomada a este respecto. Una vía intermedia es algo en lo que ya se está trabajando, que es producir a través de los residuos combustible para plantas de cemento o plantas térmicas, con lo que se reduciría en parte el consumo de carbón. Se conseguiría así una finalidad doble. Damos salida a un residuo, y evitamos que este tipo de instalaciones consuman un combustible que esta emitiendo CO2. La capacidad de Sogama para producir este combustible es limitada, pero es una forma de seguir avanzando en el proceso de tratamiento de residuos».

LVG

Máis información

123 4 5

Written by ar

Marzo 6th, 2010 at 5:28 p.m.

Paralizada a construción da pasarela nas Cíes

without comments

A controversia está servida. A Dirección Xeral de Costas e do parque nacional das Illas Atlánticas iniciaron a construción dunha pasarela nas illas Cíes que será a única vía de acceso para que os turistas poidan percorrer de forma ordenada o parque. A empresa pública Tragsa tendeu a base para a tarima, que terá tres metros de ancho. A súa construción suporá eliminar o actual camiño de cemento. Os promotores da obra xustifícana para dar un mellor acceso aos minusválidos que visitan a illa e ao público en xeral.

Organizacións ecoloxistas como Adega e científicos da Universidade de Vigo e de Santiago alertaron do dano que produce esta obra ao ecosistema. A construción impide o libre paso da area e de distintas especies por baixo da pasarela, provocando un movemento antinatural das areas da duna. «Por iso paramos a construción, xa que debe ter un metro de altura media», replica José Antonio Fernández Bouzas, director do parque. Fernández sinala que a pasarela se está levantando nunha duna fixa que non se move e di que se garantirá o transporte de area entre a praia e a duna.

Os críticos avisan de que se se destrúe a duna provocarase a perda de flora única en Galicia como a camariña (Corema album) -planta da que antigamente se facían infusións para baixar a febre- ou a herba de namorar dás dunas (Armeria pungens).

«Resulta sorprendente que a comunidade científica non sexa consultada estando representadas no Padroado do Parque Nacional as tres universidades galegas e existindo especialistas acreditados en todas elas», sinala Javier Guitián, investigador do departamento de Botánica da Universidade de Santiago e membro do padroado do parque. «En definitiva, é un atentado contra o patrimonio do parque e, consecuentemente, contra todos e que pon de manifesto unha actuación arbitraria que non conta coa comunidade científica».

Segundo José Antonio Fernández, o parque consultou con membros da Universidade de Vigo e con grupos ecoloxistas e «a semana próxima abordaremos este asunto no padroado». «Hai científicos que están a favor da actuación e outros que están en contra», sinala Fernández, que recalca que no parque estanse recuperando todas as dunas e asegura que «en Doñana hai pasarelas semellantes».

Vía La Voz

Written by ar

Outubro 10th, 2009 at 3:20 p.m.