Ciencias

Enerxías renovables, bioloxía, ciencias, política, historia, opinións…

Milleiros de persoas na marcha pola sanidade pública galega

without comments

Menor asistencia da agardada na marcha pola sanidade pública galega na cidade de Vigo na que se pediu a berros a dimisión da conselleira Pilar Farjas pola “política de privatizacións” que realiza a Xunta. Segundo a Policía Local e organizadores coinciden con case 10.000 persoas participaron na marcha, nada que ver coas máis de 40.000 da manifestación en Marzo do 2010. (Faro de Vigo fala de 3.000 persoas unha cifra moito máis aproximada á realidade)

A marcha partiu ás 20.00 horas da rúa Pizarro, fronte ao hospital Xeral, e tras percorrer a praza de España, Gran Vía, Urzáiz e Colón, culminou ante a sede administrativa da Xunta, na praza da Estrela. Encabezada por unha pancarta coa lema “SOS Sanidade Pública en Perigo, non á privatización'”, na manifestación participaron algúns líderes políticos como o alcalde vigués, Abel Caballero, ou o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez.

Tamén os sindicatos representados nos comités dos diferentes centros sanitarios de Vigo; agás o sindicato Médico que decidiu absterse e diferentes coletivos da defensa da sanidade pública galega en especial os da ría viguesa.

Privatización do Novo Hospital.

Os manifestantes, reclamaban a non privatización do novo hospital vigués, que se comeza a construir en Beade, ademáis da recuperación do proxeto do hospital oncolóxico do Meixueiro e os módulos de investigación clínica do novo hospital.

O novo hospital de Vigo, inicialmente planificado durante o bipartito supuña un custe de pouco máis de 450 Millóns de Euros e case 1.500 camas.

O novo proxecto do governo Feijóo, supón a replanificación do proxecto, ó só ter 900 camas e un custe de 1.800 millóns de euros; no que se inclúe a concesión durante 30 anos dos servizos de lavandería, cociña e limpeza a empresas privadas, ademáis do peche dos hospitais Xeral, Nicolás Peña e Cíes.

Vídeo do BNG na Manifestación

Written by ar

Outubro 27th, 2011 at 9:50 p.m.