Ciencias

Enerxías renovables, bioloxía, ciencias, política, historia, opinións…

Certificado o potencial antioxidante das verzas

without comments

Segundo os últimos resultados do proxecto da Misión Biolóxica de Galicia, dependente do CSIC, as verzas teñen un maior poder antioxidante fronte ao doutras Brásicas como o repolo, a coliflor, o brócoli, o asa de cántaro ou o nabicol de forma que o seu consumo habitual pode ser beneficioso para o organismo ao neutralizar os radicais libres relacionados con diferentes patoloxías cardiovasculares, inmunológicas, etc…

Na investigación, realizada ao longo de 2010 pola MBG, avaliouse e comparou o potencial antioxidante de varios cultivos hortícolas de brásicas como a verza (Brassica oleracea var. acephala), brócoli (Brassica oleracea var. italica Plenck ), repolo (Brassica oleracea var. capitata L.), coliflor (Brassica oleracea var. botrytis L.), asa de cántaro (Brassica oleracea L. var. costata DC. ) e o nabicol (Brassica napus L. var. pabularia (DC.) Rchb.).

Das cinco variedades de B. oleracea e da variedade de B. napus analizadas, a verza foi o cultivo que demostrou tiña un maior potencial antioxidante, seguido do brócoli, asa de cántaro, nabicol, repolo e coliflor.

Na mesma investigación, observouse que o potencial oxidante é maior cando a planta é nova (sobre os 2 primeiros meses do transplante) e que partes que habitualmente non se adoitan consumir como as follas que circundan as cabezas do repolo, teñen un elevado contido antioxidante.

Segundo Alicerce Soengas, unha das responsables do proxecto, se se coce en auga, como é habitual o seu consumo, deberíase de inxerir o líquido no que quedan estas propiedades antioxidantes, xa que o habitual é tirar este líquido.

Este tipo de estudos sobre a capacidade do potencial antioxidante xa se foron comprobando en diferentes ocasións, sabendo que conteñen un alto contido en Vitamina C, glutaminas e diferentes compostos fenólicos. (Recomendada lectura da tese de Carla Sara Ferreira de Sousa da Universidade de Porto, sobre o Perfil Metabólico e o Potencial Antioxidante de Brassica Olearacea var. Costata en PDF)

Nesta ocasión o que se realizou, é unha comparación entre diferentes tipos de plantas do xénero Brassica L., co fin de comprobar cal contén unha maior cantidade e calidade de compostos antioxidantes.

O consumo destas plantas, está amplamente estendido no Noroeste Peninsular, en especial en Galicia, Asturias e parte de León, formando parte da coñecida como Dieta Atlántica.

A importancia destes cultivos en Galicia, é tal que se ten constancia do cultivo destas variedades desde fai máis de 5.000 anos e nos últimos anos, estanse estudando en maior detalle polas súas supostas propiedades contra o cancro, a súa relación na capacidade inmunóloxica do individuo e polo seu valor nutritivo.

Segundo datos do MAPA do ano 2002, en Galicia, as coles (nome xenérico das variedades de B. oleracea) son a hortaliza por antonomasia, cunha superficie de 3.534 ha e cunha produción de 90.480 toneladas. (Valor agronómico dos cultivos de Brassica oleracea en Galicia PDF)

De momento estes datos, son parte das conclusións que deron a coñecer aos medios de comunicación, antes de preparar o artigo científico para publicar o artigo nas diferentes revistas especializadas.

Máis

Comunicado MBG – Las berzas tienen un elevado potencial antioxidante para el organismo

– Gómez Campo, C. Género Brassica – Flora Ibérica – PDF

Los poderes de la berza

La berza, fuente de juventud

La berza es un alimento muy rico en antioxidantes

– Valor agronómico de los cultivos de Brassica oleracea en Galicia – PDF

– Cartea, M.E.; Vilar M.;Francisco, M.; Lema , M. Velasco, P. Cultivo de Variedades tradicionales de Brásicas en la Agricultura Ecológica. Misión Biológica de Galicia (CSIC – Pontevedra)

Written by ar

Xullo 19th, 2011 at 9:28 p.m.