Ciencias

Enerxías renovables, bioloxía, ciencias, política, historia, opinións…

Conxeladas as axudas á Investigación en Galicia

without comments

Seguindo a política redución de Gasto que leva aplicando a Xunta de Galicia, acábase de anunciar a conxelación de novas axudas á investigación en Galicia e a redución dos programas de investigación actuais.

O pasado martes 14 de Xuño, na Secretaría Xeral de Universidades da Xunta de Galicia, explicouse aos vicerreitores das tres universidades galegas, que xa se atopan transferidas as competencias en materia de Investigación desde a Consellería de Industria e desde a Consellería de Educación (Secretaria Xeral de Universidades).

Ao mesmo tempo, nesa mesma reunión, informouse aos vicerreitores de investigación sobre as previsións da Xunta no referido ás convocatorias que se esperan realizar ao longo de 2011.

Estas previsións resúmense en cinco puntos segundo o comunicado a Vicerreitoría de Investigación da USC; sendo o punto cinco o clave:

1 – Consolidación de grupos. Estase a resolver a recente convocatoria de grupos, e esperan sacar unha nova convocatoria de grupos este ano para ‘grupos preconsolidados’.

2 – Sairá unha convocatoria de contratos predoutorais (posiblemente a principios de Xullo), dentro do plan I2C, que substitúe ao antigo plan INCITE.

3 – Sairá unha nova convocatoria para estancias, pero só para os contratados María Barbeito e Anxeles Alvariño.

4 -Sairán as prórrogas dos programas Parga Pondal, Isabel Barreto e María Barbeito correspondentes ao anterior plan INCITE 2006-2010.

En concreto, a Consellería de Educación comprometeuse onte ao financiamento da consolidación, durante tres anos, de todos os investigadores do programa Parga Pondal contratados polas tres universidades galegas.

Segundo o comunicado da Xunta

“A Consellería de Educación anunciou que financiará durante tres ano a aqueles investigadores procedentes do programa Parga Pondal, e que estean contratados de xeito estable polas universidades galegas. Vázquez Abad sinalou que estas axudas supoñen un investimento de 1.118.000 non ano 2011 para a consolidación de 26 investigadores que levan contratados desde ou 1 de xaneiro de 2010 ata ou 1 de xuño do presente ano. Cómpre destacar que 4 destes están contratados pola Universidade dá Coruña; 6 pola de Vigo; e 16 pola de Santiago de Compostela.”

5 – Non se convocarán novas axudas para proxectos de investigación, nin axudas para agrupacións estratéxicas, nin contratos posdoutorais, nin de tecnólogos.

É este último punto, o que máis ou menos se esperaba pero non desta forma, cunha conxelación total ás novas axudas á investigación, xa que había a esperanza de que se convocase algunhas novas axudas.

Algo parecido ocorreu co programa Manuel Colmeiro, creado polo Bipartito e no que se anunciou recentemente que só se manterían un total de 15 prazas, moitas menos das que existían. A argumentación da Dirección Xeral de I D, é que o anterior goberno bipartito sobredimensionou os seus programas de recursos humanos.

Xa no mes de Decembro, os investigadores das Universidades galegas concentráronse ante todas as sedes da Xunta en Galicia para protestar por devandita situación

Written by ar

Xuño 21st, 2011 at 6:59 p.m.