Ciencias

Enerxías renovables, bioloxía, ciencias, política, historia, opinións…

Archive for the ‘vigo’ Category

Milleiros de persoas na marcha pola sanidade pública galega

without comments

Menor asistencia da agardada na marcha pola sanidade pública galega na cidade de Vigo na que se pediu a berros a dimisión da conselleira Pilar Farjas pola “política de privatizacións” que realiza a Xunta. Segundo a Policía Local e organizadores coinciden con case 10.000 persoas participaron na marcha, nada que ver coas máis de 40.000 da manifestación en Marzo do 2010. (Faro de Vigo fala de 3.000 persoas unha cifra moito máis aproximada á realidade)

A marcha partiu ás 20.00 horas da rúa Pizarro, fronte ao hospital Xeral, e tras percorrer a praza de España, Gran Vía, Urzáiz e Colón, culminou ante a sede administrativa da Xunta, na praza da Estrela. Encabezada por unha pancarta coa lema “SOS Sanidade Pública en Perigo, non á privatización'”, na manifestación participaron algúns líderes políticos como o alcalde vigués, Abel Caballero, ou o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez.

Tamén os sindicatos representados nos comités dos diferentes centros sanitarios de Vigo; agás o sindicato Médico que decidiu absterse e diferentes coletivos da defensa da sanidade pública galega en especial os da ría viguesa.

Privatización do Novo Hospital.

Os manifestantes, reclamaban a non privatización do novo hospital vigués, que se comeza a construir en Beade, ademáis da recuperación do proxeto do hospital oncolóxico do Meixueiro e os módulos de investigación clínica do novo hospital.

O novo hospital de Vigo, inicialmente planificado durante o bipartito supuña un custe de pouco máis de 450 Millóns de Euros e case 1.500 camas.

O novo proxecto do governo Feijóo, supón a replanificación do proxecto, ó só ter 900 camas e un custe de 1.800 millóns de euros; no que se inclúe a concesión durante 30 anos dos servizos de lavandería, cociña e limpeza a empresas privadas, ademáis do peche dos hospitais Xeral, Nicolás Peña e Cíes.

Vídeo do BNG na Manifestación

Written by ar

Outubro 27th, 2011 at 9:50 p.m.

A arquitectura perdida de Vigo

with one comment

Neste vídeo, pódense apreciar algúns dos edificios emblemáticos que se perderon na cidade de Vigo. É interesante saber como lucirían hoxe en día na cidade actual. Grazas a esta reconstrución, podemos ver os edificios antigos e que foron desaparecendo nos seus emprazamentos orixinais.

Written by ar

Abril 20th, 2011 at 4:35 p.m.

Bacterias que forman nubes

without comments

Unha das funcións do plancto, ademais de servir de alimento para os organismos da cadea trófica teñen un importante papel na regulación do clima mediante a fixación de CO2 e na liberación de sulfuro de dimetilo (DMS), implicado na formación de nubes.

As transformacións biogeoquímica, son vitais nos ciclos dos elementos da biosfera, sendo realizadas en moitos casos de forma exclusiva por bacterias e posiblemente sen a súa participación nos ciclos biogeoquímicos, a terra tal e como a coñecemos, non existiría.

Un dos ciclos nos que participan as bacterias, é o do ciclo do xofre que é un dos núcleos de condensación que participan na orixe das nubes. Neste ciclo do xofre, prodúcese sulfuro de dimetilo (DMS), unha forma de intercambio de azúfre entre os océanos e a atmosfera, responsable dese cheiro característico do mar.

O DMS fórmase pola descomposición enzimática de dimetilsulfoniopropionato (DMSP), un composto orgánico moi abundante nos océanos que funciona como unha especie de regulador osmótico das algas unicelulares, xeralmente individuos da División Haptophyta, como ocorre con Emiliania husleyi.

Este DMSP sintetízano e acumulan no interior celular para contrarrestar o efecto do sal da auga de mar, evitando a rotura lítica da célula e que pode chegar a representar o 10% do contido de Carbono e o 75% do xofre da célula.

Mediante procesos de degradación e morte celular (a través do zooplancto ou de virus que lles afectan) o DMSP transmítese na rede trófica, acabando por producir sulfuro de dimetilo ou DMS que vai ser expulsado á atmosfera xa que difunde desde a auga até a atmosfera. Unha vez na atmosfera, vaise a oxidar formando as principais partículas que actúan como núcleo de condensación no océano.

Kipinä S. Effect of UV-B radiation on DMSP contents of the coccolithophond Emiliania huxleyi. http://irs.ub.rug.nl/dbi/4ca3240ac0ec1

Que ocorre con este DMS na atmosfera?

Unha vez o DMS está libre na atmosfera, a radiación ultravioleta do sol provoca o seu oxidación e vanse a acabar formando aerosois de sulfato que van condensar pola humidade existente e van incrementar a densidade das nubes.

Ao aumentar a densidade das nubes, prodúcese unha redución da temperatura (de até 4ºC) provocando que chegue ao mar unha menor cantidade de radiación solar e un clima máis atenuado, provocando unha especie de regulación sobre a produtividade da zona, xa que esta redución da enerxía lumínica vai reducir a produción primaria do fitoplancto e por tanto do ecosistema mariño.

Por esta razón, relaciónase aos bloom de fitoplancto, coa produción de nubes na atmosfera.

Algo parecido observouse coa expedición SOFEX de fertilización do fitoplancto con ferro, no que observaron que as concentracións de DMS aumentaran 4 veces con respecto á zona non fertilizada.

Na seguinte imaxe podemos ver un bloom de fitoplancto.

Coccolithophorids in the Bering Sea – NASA Visible Earth
Sensor OrbView-2/SeaWiFS — Visualization Date 1998-04-25

Un intento de explicación do proceso

No seguinte vídeo, realizado polo Colectivo Axena, pódese ver como de forma experimental van fabricar unha nube”.

Cunha bomba sen carga extráese o aire do matraz que contén unha pequena cantidade de auga, para formar desa forma vapor de auga.

Posteriormente vaise engadir partículas de fósforo que están nun misto, para engadilas a un matraz e no que se vai a formar unha nube.

O fósforo actúa como núcleo de condensación para as partículas da nube, xa que o vapor de auga agrégase ás partículas do vapor de auga.

Fabricando una nube from Axena on Vimeo.

Regulación natural

Crese que a liberación do DMS é unha especie de sistema de regulación atmosférica, xa que a produción de DMS está relacionada coa temperatura da auga e a formación de nubes.

Cando hai unha gran produción de DMS, fórmanse nubes, increméntase o efecto albedo e redúcese a radiación solar que incide sobre o océano, polo que ademais de baixar a temperatura do océano, tamén se reduce a produción de algas unicelulares e por tanto do DMSP formado polas propias algas.

Podes votar a noticia en Bitácoras.

Máis información

– González J.M , Pedrós-Alió C. y Gasol J.P. Plancton bacteriano de los océanos. INVESTIGACION Y CIENCIA, diciembre, 2008 – PDF

– Thomas M.A. et al. Quantification of DMS aerosol-cloud-climate interactions using the ECHAM5-HAMMOZ model in a current climate scenario. Atmos. Chem. Phys., 10, 7425–7438, 2010 www.atmos-chem-phys.net/10/7425/2010/ – doi:10.5194/acp-10-7425-2010

– Katina Bucher Norris – Dimethylsulfide Emission: Climate Control by Marine Algae?

El bloom de los Haptophyta y la fijación de CO2.

Actividad solar, biota terrestre y cambio climático

¿De dónde vienen las nubes?

Corales, algas y formación de nubes

La danza de las nubes del fitoplancton

The science behind that fresh seaside smell

Relacionan a organismos marinos y cambio climático

– Noaa – Oceanic Dimethylsulfide (DMS) and Climate

– Whoi – DMS: The Climate Gas You’ve Never Heard Of

– Wikipedia – Sulfuro de dimetilo y las nubes

– Wikipedia – Cloud condensation nuclei

El papel del Sulfuro de dimetilo (DMS) en la regulación climática a escala global.

Emiliania huxleyi Home Page

Universität Bremen – Coccolithophores

¿Influye realmente la biosfera en el clima?

– Copley, J. All at sea. Nature 415, 572-574 (7 February 2002) | doi:10.1038/415572a

– Courtland, R. Phytoplankton responding to climate change [Home page]. Nature News. 17/04/2008.

– Hays et al. Climate change and marine plankton. TRENDS in Ecology and Evolution Vol.20 No.6 June 2005 (PDF)

– Kipinä S. Effect of UV-B radiation on DMSP contents of the coccolithophond Emiliania huxleyi. http://irs.ub.rug.nl/dbi/4ca3240ac0ec1

– Sallie W. Chisholm, Paul G. Falkowski, John J. Cullen. OCEANS: Dis-Crediting Ocean Fertilization. Science. 12/10/2001; Vol. 294. no. 5541 (pp. 309 – 310). Disponible en: SCIENCE

Possible dependence between the total solar irradiance and dimethylsulphide

– Temario de Biodiversidade de Prantas non Vasculares. Universidade de Vigo.

Written by ar

Xaneiro 31st, 2011 at 9:17 p.m.

Teatro Clandestino – Persoas sen fogar

without comments

Actuación do grupo Teatro Clandestino po las rúas de Vigo durante o Día Internacional das Persoas Sen Fogar no 2005. Colaboración con Cruz Vermella Vigo. Simone Negrin, Xoque Crbajal, Pablo Alvarado.

Written by ar

Outubro 13th, 2010 at 10:22 p.m.

Vigo na Folga Xeral

without comments

En Vigo parece un día de ano novo. Case non hai nada aberto e a cantidade de persoas pola rúa é pequena, do mesmo xeito que os coches. Os bares que sempre se resistían agora nin abriron. Algún colexio ten xente e profesores (menos que de costume) e nos institutos parecido, cumprindo os servizos “mínimos”.

En canto á cidade o porto está parado desde onte á noite, do mesmo xeito que Citröen que entrou moi pouca xente e sen xente non poden funcionar.

O mesmo nas auxiliares de Valadares e Porriño, que teñen unha cantidade de persoas similar ás de Citröen. Nos estaleiros igual e onte entraron menos de 5 persoas a traballar en Barreiras, que é o máis importante da Ría. En Vulcano a cousa é similar

El Corte Inglés nin tentou abrir, logo de que onte sufrirá un estoupido dun cóctel molotov e con Alcampo parecido, aínda que neste caso, tiñan colectores ardendo impedindo a entrada. Caixanova (central) abriu, aínda que entraron polo garaxe.

E a noite foi moi quente con bombeiros saíndo cada pouco e lanzamento de cócteles molotov

Na UVIGO (20 km. de Vigo) algo parecido porque só hai 2 das 4 liñas de autobús e a contagotas, unha delas só vai ir até 1 km antes da Universidade, co que só hai unha liña.

En canto á prensa, Xornal e Faro non se puideron imprimir e no resto de xornais máis do mesmo, porque apenas hai quioscos abertos.

No resto de Galicia a situación é similar, aínda que hai varios detidos por lanzamento de cócteles molotov.

No que respecta as manifestacións dos sindicatos, Vigo era a cidade central das movilizacións.

Na de UXT e CCOO, a policía fala de 30.000 persoas, aínda que os sindicatos falan de 75.000 persoas. O certo, é que ocuparon a metade da Gran Vía de Vigo, e a manifestación chegou ata máis de un kilómetro de lonxitude

Ademais de UXT e CCOO, no final da manifestación tamén estaba Esquerda Unida, a CNT e o CUT.

No canto da CIG, fálase de 30.000, aínda que a CIG sobe a cifra ata as 50.000 persoas.

#folgaxeral #huelgageneral #vigo #29S

Auditorio Caixanova – Vigo

without comments

Auditorio de Caixanova (Vigo)

Situado no corazón da cidade de Vigo, o Centro Cultural Caixanova inaugúrase en 1984. Trátase dunha obra de recuperación de patrimonio histórico sobre o magnífico teatro que o arquitecto <a href=”http://es.wikipedia.org/wiki/Antonio_Palacios”>Antonio Palacios</a> proxectase a principios do século XX.

O seu estilo cualifícase de neobarroco, dentro da corrente modernista de comezos da centuria pasada, coas características curvas e contra curvas do arquitecto galego, que se inspirou na <a href=”http://es.wikipedia.org/wiki/%C3%93pera_Garnier”>Ópera Garnier de París</a> para proxectar este maxestuoso edificio.

Written by ar

Agosto 14th, 2009 at 11:26 p.m.