Ciencias

Enerxías renovables, bioloxía, ciencias, política, historia, opinións…

Archive for the ‘televisión’ Category

David Beriain: Sea Bites (Percebeiros)

without comments

Written by ar

Decembro 6th, 2011 at 2:48 p.m.

David Beriain: “El periodismo ha claudicado”

without comments

David Beriain forma, junto con el fotógrafo y cámara Sergio Caro, uno de los equipos de reporterismo de conflictos más destacados del momento. Su peculiar forma de enfrentarse a la realidad trabajando semanas en el terreno, interrogando a todas las posibles fuentes y, sobre todo, huyendo del periodismo opinativo y de los juicios de valor, convierte a cada uno de sus trabajos una clase magistral de cómo hacer periodismo sólido, clásico en el método y multimedia en la era de Internet. Narraciones claras e incisivas de qué está pasando y cómo está pasando. Ejemplos de ello son la series Días con las FARC, en la que logró vivir en un campamento con la guerrilla, y Perdiendo Afganistán, donde demostraba a las claras, hace dos años, que la misión español en Afganistán vivía una situación de guerra de facto. En la actualidad continúa su labor en el programa REC de Cuatro.

Vía La Información

Written by ar

Setembro 19th, 2010 at 9:26 p.m.

Bu neno, soy el nuevo dueño de Coruña!

without comments

Coruña ten novo dono, El Freddy.

Written by ar

Setembro 7th, 2010 at 7:02 p.m.

Unha perda para a cultura Galega

without comments

Hoxe anunciouse a perda de dous medios de información en Galego como son Vieiros e o portal de novas Chuza!. Ambos medios, con temáticas diversas, eran parte do referente cultural e do internet en Galego. Unha ventá aberta ó exterior en galego que marchan “até sempre” como dicía Vieiros.

Até sempre

Hoxe, 24 de xullo de 2010 e véspera do Día Nacional, Vieiros pecha logo de 15 anos de ilusión e esforzo por manter o medio que sempre soñaramos.

Nacemos cando a rede galega estaba aínda en cueiros e ningún medio do país estaba na web. Tivemos a mesma forma de entender Galiza que aquela revista homónima do exilio liderada por Luís Soto: un país moderno e aberto ao mundo, sen complexos e con todo o futuro por diante.

Vieiros foi desde o comezo unha iniciativa aberta e independente, que pretendeu abeirar a toda a comunidade de galegos alí onde estiveren, na crenza de que Galiza non é só un territorio, senón tamén un espazo de comunicación. E nese espazo, Vieiros converteuse no cerne de múltiples proxectos, tanto propios como alleos. Do seu impulso xurdiu o primeiro especial electoral on-line (Eleccións Galegas de 1997), a primeira ciber-charla cun persoeiro (Isaac Díaz Pardo), o primeiro vocabulario sexual realizado coa colaboración dos lectores, a primeira experiencia de creación literaria en rede (Por conto alleo, de Camilo Franco), ou a creación de ‘A Polo Ghit’, o primeiro concurso da canción galega do verán.

Como punto de referencia dos internautas galegos no mundo, Vieiros chegou a ter até máis de trinta correspondentes-colaboradores en diferentes lugares do mundo: desde Gotemburgo a Nova York pasando por Bos Aires e O Bierzo . Asemade, deulle abeiro a colectivos e outras publicacións, como o IGADI, Tempos Novos, Canal Ciencia, Federación Ecoloxista Galega ou Irimia.

Mais foi o labor informativo diario o que consolidou Vieiros como medio de referencia da Internet galega, sobre todo a partir do Prestige, cando -cun esforzo informativo sen precedentes- acompañamos a resposta social diante da catástrofe mentres a meirande parte dos medios maioritarios miraban cara a outro lado.

Sen embargo, e a pesar dos seus máis de 20.000 lectores diarios, Vieiros nunca foi un medio rendible e necesitaba absorber parte dos recursos necesarios para sobrevivir dunha empresa do mesmo accionariado.

En xuño de 2009, nunha situación de aparente bonanza económica no seo das dúas empresas, unha auditoría externa desvelou irregularidades económicas e administrativas de extrema gravidade, cuxa responsabilidade foi asumida por escrito polo daquela xerente e apoderado das empresas, Óscar Martínez, quen terá que responder diante da xustiza.

Este proceso levou ao peche da outra empresa e de forma inmediata deseñouse xunto cos traballadores un plan de viabilidade para salvar Vieiros, cousa que non foi posible dada a gravidade da situación, á que houbo que sumarlle o duro golpe da crise económica.

Foi pois un ano moi difícil no que empresa e traballadores intentamos de todos os xeitos manter acesa a estrela de Vieiros, pero chegou a hora de renderse.

Neste momento, só resta darlles as grazas a todos os lectores, aos que creron neste proxecto, colaboraron nel e puxeron o seu grao de area para que outro xornalismo galego fose posible. E moi especialmente aos traballadores e aos opinadores, pola súa entrega e compromiso inesgotable.

Foi un pracer. Até sempre.

Lois Rodríguez, editor de Vieiros

EDITORIAL
Un país normal

A crise que se está a vivir revela a febleza do noso sistema mediático (o que aposta polo uso normal do idioma), a pesar dos titánicos esfozos dos seus editores.

Os medios en galego viviron e viven fundamentalmente da publicidade e convenios institucionais e en moita menor medida do escaso mais valioso apoio privado. A aposta pola publicidade en galego e en medios en galego ainda non callou nas nosas empresas. A situación na prensa noutras linguas non é moi diferente, e en maior ou menor grao, o apoio das administracións é decisivo para a súa supervivencia. Pero os nosos medios son máis novos, con menos capacidade empresarial e máis febles ca outros sistemas mediáticos que acumulan décadas (cando non séculos) de experiencia ás súas costas.

Se a lingua é o principal eixo sobre o que vira a nosa identidade, o apoio aos medios que intentan que sexa unha ferramenta cotián debería ser unha cuestión estratéxica de calquera poder público, chámese este Xunta, Deputacións ou Concellos. A realidade, cando xa logo van tres décadas da nosa Autonomía, foi e é ben outra.

Nin os primeiros executivos propios, nin a longa etapa Fraga, nin o bipartito, nin aínda menos o actual Goberno amosaron interese en favorecer un espazo real para o florecemento dos medios privados en galego. Mais tamén é certo que de todos é a responsabilidade última. Non sermos quen de construír medios fortes que sexan o espello dun país máis dono e orgulloso do seu, non é máis que o reflexo no cristal da nosa realidade como sociedade.

Houbo e hai iniciativas que intentan facer normal o que é anormal. Sen dúbida o mellor exemplo son os xornais e publicacións que comparten a Asociación de Medios en Galego. Constituída en 2004, esta entidade procura consolidar un espazo comunicativo empresarial e profesionalizado na nosa lingua. Eis o pulso case heroico que seguen a manter medios imprescindíbeis como A Nosa Terra, Terra Cha Xa, A Peneira, Galicia Hoxe, O Sil, De Luns a Venres ou Tempos Novos. Tarefa de todos é soprar para que esta agra sexa cada vez máis vizosa, un alicerce fundamental para conseguir a arela de sermos un país normal.

Independencia, creatividade e esplendor

No limiar da edición facsimilar do Vieiros de México (1959-1968), publicada por Edicións A Nosa Terra, Margarita Ledo principiaba: “Estás tocando galego, como decisión de sermos independentes, criativos e esplendorosos”. A histórica publicación da que collemos o nome procurou unha Galiza moderna, aberta a Portugal, feita desde o exilio e a emigración para unha comunidade única de galegos no mundo. Esa foi a arela que tiveron aqueles visionarios (Luís Soto, Carlos Velo, Florencio Delgado…). É unha forma de entender Galiza, de pensar o país dun xeito moderno, ecléctico e desacomplexado. Foi a base editorial do actual Vieiros.

Manter esa liña e o noso labor informativo diario consolidounos como referente. O seguimento da crise do Prestige pode ser un exemplo paradigmático, Vieiros, espremendo ao máximo os seus limitados recursos abriu unha fenda nun contexto de forte presión censora. Esa forma de facer, aplicable a moitos máis casos, foi o espirito do que nunca desfalecemos.

Dedicámonos asimesmo a abrir o campo de xogo, demos voz a todas as sensibilidades dunha sociedade plural que compartía a arela de defender e facer avanzar o país. Nel sempre estivemos centrados, tanto editorial como formalmente, pensando o mundo desde aquí.

Vieiros optou desde os seus comezos por converterse no medio de comunicación dunha sociedade que estaba por vir, pero que un día chegaremos a ser. Camiñar cara a realidade na que nos gustaría vivir implica non deixarse controlar. A nosa radical independencia trouxo custos. Vivimos nun país cun escaso nivel de cultura democrática, cun quefacer informativo moi centrado en persoas no canto de ideas ou procesos. Informar desde esa postura independente e poñer ideas enriba da mesa provocou problemas, incomprensións e mesmo ataques desde todas as opcións ideolóxicas.

Pero tamén é xusto dicir que neste camiño gañamos moitos amigos e moitos parabéns. Aquí sempre atoparon abeiro todas aquelas persoas e entidades que buscasen un espazo aberto, plural, normalizador, independente e en galego. Sempre cremos que entre todos, sexan de quen sexan, con repecto e esforzos compartidos, é como vai avanzar o país.

Ao longo destes quince anos, o editor e todos os que aquí traballaron, especialmente os directores Daniel, Rocío, Anxo, María e Ramón, así como Roberto, o xefe de redacción, e os xornalistas que até aquí chegamos, compartimos a idea de que este medio se tiña que ir facendo en colaboración con opinadores e lectores. E así foi, mesmo contando con personalidades tan plurais, demos conseguido manter unha liña editorial clara ao longo do tempo e realizar un xornal que moito máis que dunha ou outra persoa foi un logro colectivo. Esa foi a nosa máis rendíbel aposta pola creatividade.

A maiores desta, esplendor e independencia, foi o que intentamos achegar a uns lectores que coma ti son creativos, respectuosos, ilusionados, críticos e solidarios, en definitiva, esplendorosos e independentes, e agardamos ter aberto novas rutas para que o país, algún día, tamén o sexa.

Unha mágoa, porque ademais de Chuza!, tamén pecha Vieiros, un referente histórico durante 15 anos na información en Galego na internet, no que tiñan acollida todas as posturas políticas.

No tema de Chuza, vai ó peche, máis pola falla de tempo do seu creador, Berto Yáñez, que polos usuarios. Como ben comentaba un xOsse, na nova da chuzada

O Boicoz acabou con chuza! Si, esa é a miña conclusión. Nin sequera a entrevista do administrador se permitiu levar a portada…,

Logo a escasa presenza dos blogs escritos en galego, a discriminación do blogomillo botou daquí a moitos blogueiros,… En fin.

Berto, poderías aclarar cales son as asociacións que rexeitaron continuar o proxecto?

Ou galeguzo

Não procuremos responsáveis ao feche. Manter Chuza não é só meter dinheiro, é também fazer um pouco de moderador, atender queixas dos usuários, fazer de ‘mecânico’… Nem todo o mundo tem a capacidade nem a paciência, e menos se não vê possibilidades de rendimento, difíceis sobretudo no contexto de crise.

E como se comentou antes, a internet galega tem ainda muitos micro-espaços que podem servir como viveiro de criatividade…

… e queda-nos o Facebook 😉

Comi dizia Vixia, há, acima de tudo, uma Galiza não virtual, mas real. Neste Festigal podemos aproveitar para vê-la e começar a preparar o futuro.

Obrigado por me ajudares a topar tanta boa gente, Chuza. Obrigado pola tua grande generosidade, Berto.

Ou Casdeiro

Eu xa hai anos, nos tempos de Arredemo, falara cun persoeiro que traballa para La Coz pero que aínda así moito fai pola cultura galega (cada quen que adiviñe…) sobre a necesidade de unirmos forzas.

Se algún día damos superado o castrismo social dos galegos (nada que ver con Fidel: falo de cada un no seu castro, e que se fodan os que machaquen os romanos), poderíamos analizar a maneira de crear unha infraestrutura humana, técnica e económica autoxestionada e autosuficiente ao máximo, que dea acubillo a todos os proxectos online non lucrativos culturais e sociais galegos.

Sego a pensar firmemente que é o camiño, se algo disto ten que server para algo.

Teño os meus apuntamentos e reflexións sobre esta leria nalgures e estou disposto a compartir ideas cando queirades e poidamos.

E Vixia

O importante de Chuza! é que é referente e punto de encontro de numerosas iniciativas e perspectivas en clave galega. Abranxe novas de todos os aspectos. Non é apenas unha parte de todo iso, tenta acollelo todo. Así que, se non ten continuidade Chuza! como tal, eu non quero substituílo por unha desas parcelas, que merecen todo o respeito. Interésame un proxecto galego amplo, para todos, ou sexa un proxecto nacional.

Igual ca publicidade aínda se podería aguantar un pouquechiño máis ou…unha mágoa.

Unha tristura de nova para os usuarios da rede galegos, porque súmase a morte doutro medio non fai moito como era Gznación e agora Vieiros e Chuza!, os dous medios, xustamente a véspera do día da Patria.

Chuza pecha

Dende hai meses, e por múltiples circunstancias, o mantemento de chuza fíxose cada vez máis complexo para min. Despois de avaliar moitas opcións decidín deixar este proxecto e ofrecer a súa xestión a determidadas asociacións e entidades que crin adecuadas para darlle continuidade.

Ninguén puido facerse cargo, polo que decidin que era o momento de poñerlle fin a chuza. E mañá é un día como calquera outro.

Chuza e, nomeadamente, outros medios históricos que desaparecen esta finde, deixan un oco importante niso que chamamos moitas veces rede galega. Pero os ocos están para enchelos. Todo o que queda a partir de agora é mellorar.

Moitas grazas por todos estes anos de colaboración.

Preguntas:

* Porque non me ofreciche chuza a min? Eu queria seguir co proxecto!!
Ben, o traspaso dunha web é algo máis complexo que pasar un contrasinal. Cando decidín que a miña etapa de administrador de chuza remataba, escollín varias organizacións e entidades que consideraba adecuadas para a continuidade e centreime nesas. Pero sempre podes coller o código fonte de chuza ou, case mellor, do menéame orixinal e montar a túa propia rede.

* Como vai ser o peche?
(actualizado) Será o 25 de xullo ás 23:59. Apagarase o servidor web. Non haberá arquivo online incialmente. Traballarase en publicar unha versión estática e reducida do arquivo. (Ver este chio)

En galego tamén se fai ciencia

without comments

A defensa do galego vai máis alá do seu emprego literario ou da reflexión lingüística. A defensa do galego inclúe tamén o seu uso cotián en todos os ámbitos da sociedade. En espazos específicos de investigación, hoxe en galego tamén se fai ciencia.

En galego tamén se fai ciencia from En galego tamén se fai ciencia on Vimeo.

En galego tamén se fai ciencia é unha campaña promovida pola Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística

* Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo
* Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña
* Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago

Máis información na ligazón “En Galego tamén se fai ciencia

Written by ar

Maio 31st, 2010 at 10:15 p.m.

Contra a manipulación da RTVG na cobertura da manifestación de Queremos Galego!

without comments

O domingo 18 de outubro entre 50.000 (cifra dada pola Policía Local de Compostela) e 100.000 (cifra dada pola organización) galegas e galegos, de diferentes adscricións ideolóxicas, estratos sociolóxicos, e usos da lingua, nos manifestamos na defensa do noso idioma fronte o reiterado ataque que está a sufrir por parte do goberno da Xunta de Galiza presidido por Alberto Núñez Feijóo (PP), convocadas e convocados pola Plataforma Cidadá Queremos Galego integrada por unha diversidade plural de centos de colectivos e persoas.

Os medios de comunicación públicos do noso país (a Radio Galega e maila Televisión de Galicia) non ofreceron unha información veraz que se axustase á realidade do verdadeiro impacto que tivo a mobilización, que contou cun resultado histórico en participación. Nese senso é preciso denunciar a obscena manipulación que por parte dos Servizos Informativos da TVG se quería levar a cabo, pretendendo iniciar unha conexión en directo coa manifestación, no momento xusto en que a primeira lectura do manifesto rematara, e as xentes que ateigaban a Praza da Quintana ían abandonándoa paulatinamente para permitir a entrada dos milleiros de persoas que inda non puideran entrar, e que agardaban nas Praza das Praterías e os seus arredores, e que finalmente encheron por segunda vez a Quintana. É evidente que a distorsión informativa tiña a intencionalidade de ofrecer unha imaxe minorizada dunha mobilización masiva, nun intento claro de manipulación que os milleiros de persoas presentes contestaron berrando, durante preto de dez minutos e con notábel indignación, a consigna “Televisión, manipulación”, o que provocou que o equipo da TVG abandonase a praza.

Fronte a esa situación é preciso denunciar e difundir publicamente o acontecido, ao tempo que esixir que os medios de comunicación que pagamos todas e todos os galegos, deixen de ser un instrumento para a deformación interesada, cando non para a propaganda, en beneficio do Partido Popular no goberno do país.

Written by ar

Outubro 19th, 2009 at 9:04 p.m.

A nova política informativa da TVG

without comments

Despois dun tempo, co PP xa no poder, xa podemos ver as liñas xerais da nova política informativa da TVG.

A nova política consiste en:

1 – Cambiar a todos os xornalistas e volver a poñer aos que estaban cando silenciaron o Prestige e as únicas imaxes que saían eran as de T5 e Canal +. Os xornalistas que estiveron durante o bipartito, simplemente pasaron a galeras.

2 – Eliminar gran parte dos programas que lograran que CRTVG se convertese nunha das televisións e radios autonómicas con máis share, á vez con TV3 en moitos meses.

3 – Silencio de temas espiñentos

Nin palabra sobre a trama Gürtel

4 – A nova política informativa é bochornosa e volve á etapa máis forte de Fraga

4.1 – Na televisión non hai máis que “O amado líder fai isto e aquilo”…”O amado líder desprazouse aquí e alá”

4.2 – A oposición non existe, cando na lexislatura pasada había días nos que saía tanto tempo Feijóo como o bipartito.

Aínda que a verdade, non nos debería de sorprender. Xa nolo esperabamos

Written by ar

Outubro 7th, 2009 at 10:14 p.m.

O nacemento do cine porno

without comments

Probablemente entre os asistentes á presentación en sociedade do cinematógrafo dos irmáns Lumière atoparíase algunha mente avispada que pensou que aquel invento, que podía reflectir tan fidedignamente a chegada dun tren á estación, era susceptible de ser utilizado como obxecto para o goce visual do espectador, como o foi a fotografía unhas décadas antes. Porque, paralelamente ao comezo da produción de películas como elemento case de ilusionismo, o cine empezou a mostrar sexo en todo o seu esplendor. Os cortometrajes que mostraban espidos femininos, no vestidor ou no baño, tiveron a súa época de esplendor en Francia durante o tránsito entre os dous séculos e ata o recrudecimiento da censura, cara a 1905. O cine erótico pasou, pola conxuntura legal, a distribuírse clandestinamente, o que provocou, por unha banda, a marginación do xénero, e, en contraposición, o atrevimiento de quen o realizaban para incluír escenas de sexo explícito.
Durante estes titubeantes anos, crese que Bos Aires capitalizó a produción de cortometrajes clandestinos. Esta circunstancia, sobre a que os historiadores albergan moitas dúbidas, baséase en testemuños como o relato de Louis Sheaffer, na biografía do escritor Eugene Ou?Neill, onde conta a impresión que produciu ao dramaturgo norteamericano a súa visita a unha sala de cine X nos arrabales bonaerenses, e a constancia física dun cortometraje singular: ?O Sartorio?, que conta os xogos eróticos dun demo cunha ninfa que é sorprendida bañándose no río con dúas compañeiras.

Malia a posible existencia do mercado arxentino, considérase que o cine porno como tal naceu en Francia. Co oscurantismo que supuxo a distribución ilegal de películas, o consumidor destes filmes (principalmente burgués) comezou a demandar algo máis que escenas de sexo. Esta circunstancia propiciou a aparición de breves tramas argumentales, que xustificasen as relacións sexuais, cuxo principal cometido era o de dotar de certa verosimilitud á acción. Se en 1907 atopamos aínda un curto como “Lle voyeur” que recorre á anécdota do mirón que, excitado cando espía a unha dama, decide seducila, en “Lle bonne auberge” (1908) xa se percibe a intención de crear unha situación dramática que xustifique a escena de sexo: na Francia de Luís XIII, un mosquetero acode a unha pousada a saciar a súa fame pero acaba degustando os manjares carnales que lle ofrecen dúas camareiras.

Esta incipiente industria de cine porno recibiu en Francia o nome de “cinema polisson” (cine licencioso) e, pese ao intrincado do seu funcionamento, constituíu un notable negocio. As películas eran adquiridas por clientes adiñeirados (entre os que se atopaban o Sha de Persia ou o rei Faruk de Egipto) para a súa proxección en sesións exclusivas. Do mesmo xeito, os prostíbulos europeos de máis renombre posuían os seus propios equipos de proxección e un completo repertorio de películas porno para entreter, máis se cabe, aos seus clientes.

Nos Estados Unidos estes cortometrajes clandestinos recibiron o nome de “smokers”, pois se exhibían en clubs privados masculinos onde, ademais do visionado destes filmes, fumábase opio. Posteriormente se acuñó o término “stag films” (películas só para homes) para designar a este cine sicalíptico.

Artigoo de PACO GISBERT

Written by ar

Agosto 21st, 2009 at 12:46 p.m.

Spain on the road, unha gran cagada

without comments

Durante estas semanas, púidose ver na canle Viaxar, a serie sobre viaxes “Spain on the road” no que Gwyneth Paltrow e tres íntimos amigos: o chef italo-estadounidense Mario Batali, o escritor e crítico gastronómico do New York Times Mark Bittman e a actriz española Claudia Bassols percorren España, probando a gastronomía tipica das diferentes rexións.

Nesta semana, puidéronse ver episodios de Galicia.

Pois ben, no desta semana (Episode 103: Coasting Along in Galicia) tiveron 3 fallos escandalosos.

1-2 – Nun mapa sitúan diferentes lugares que percorreron (Santiago de Compostela, A Coruña, Cambados…) pero o máis chocante é ver RIBEIRA SACRA.

Non se escribe Ribeira Sacra, xa que se escribe Ribeira Sacra con i latina. É un fallo do copón, xa que cando un escribe Southampton, non pon Hampton do Sur.

– No mapa do capítulo (aínda se pode ver na web), sitúan a Ribeira Sacra en plena costa, cando en realidade está no centro-leste de Galicia e non no oeste, en plena costa, xa que a costa da Ribeira Sacra queda a máis de 100 quilómetros.

Na imaxe pódese ver o gran fallo escandaloso.

3 – Durante o capítulo o chef italo-estadounidense Mario Batali, en pleno percorrido pola Ribeira Sacra, cita.

“Oh, estamos na Ribeira Sacra…que vén sendo como unha especie de campiña Galega”

¿Campiña? ¿A Ribeira Sacra unha campiña?.

campiña.
(Do mozár. e ár. hisp. *kanpínya, e leste do lat. campan?a).
1. f. Espazo grande de terra chá labrantía.

A Ribeira Sacra, si é un lugar no que hai cultivo de infinidade de productos, pero dende logo chá non é.

Non podemos chamar como unha chá, a unha zona, cuns desniveles impresionantes e onde o máis parecido a unha campiña, que existe é algo na cima dos canóns do Sil, pero desde logo a Ribeira Sacra non o é, salvo o Val de Lemos, pero non estaban estaban nese lugar.

Outono na Ribeira Sacra - A Cova

Fotografías en Flickr de diegoperez74

Sería interesante, que á hora de facer os programas, informáranse e non a cagaran tan estrepitosamente.