Ciencias

Enerxías renovables, bioloxía, ciencias, política, historia, opinións…

Archive for the ‘investigación’ Category

Bacterias que forman nubes

without comments

Unha das funcións do plancto, ademais de servir de alimento para os organismos da cadea trófica teñen un importante papel na regulación do clima mediante a fixación de CO2 e na liberación de sulfuro de dimetilo (DMS), implicado na formación de nubes.

As transformacións biogeoquímica, son vitais nos ciclos dos elementos da biosfera, sendo realizadas en moitos casos de forma exclusiva por bacterias e posiblemente sen a súa participación nos ciclos biogeoquímicos, a terra tal e como a coñecemos, non existiría.

Un dos ciclos nos que participan as bacterias, é o do ciclo do xofre que é un dos núcleos de condensación que participan na orixe das nubes. Neste ciclo do xofre, prodúcese sulfuro de dimetilo (DMS), unha forma de intercambio de azúfre entre os océanos e a atmosfera, responsable dese cheiro característico do mar.

O DMS fórmase pola descomposición enzimática de dimetilsulfoniopropionato (DMSP), un composto orgánico moi abundante nos océanos que funciona como unha especie de regulador osmótico das algas unicelulares, xeralmente individuos da División Haptophyta, como ocorre con Emiliania husleyi.

Este DMSP sintetízano e acumulan no interior celular para contrarrestar o efecto do sal da auga de mar, evitando a rotura lítica da célula e que pode chegar a representar o 10% do contido de Carbono e o 75% do xofre da célula.

Mediante procesos de degradación e morte celular (a través do zooplancto ou de virus que lles afectan) o DMSP transmítese na rede trófica, acabando por producir sulfuro de dimetilo ou DMS que vai ser expulsado á atmosfera xa que difunde desde a auga até a atmosfera. Unha vez na atmosfera, vaise a oxidar formando as principais partículas que actúan como núcleo de condensación no océano.

Kipinä S. Effect of UV-B radiation on DMSP contents of the coccolithophond Emiliania huxleyi. http://irs.ub.rug.nl/dbi/4ca3240ac0ec1

Que ocorre con este DMS na atmosfera?

Unha vez o DMS está libre na atmosfera, a radiación ultravioleta do sol provoca o seu oxidación e vanse a acabar formando aerosois de sulfato que van condensar pola humidade existente e van incrementar a densidade das nubes.

Ao aumentar a densidade das nubes, prodúcese unha redución da temperatura (de até 4ºC) provocando que chegue ao mar unha menor cantidade de radiación solar e un clima máis atenuado, provocando unha especie de regulación sobre a produtividade da zona, xa que esta redución da enerxía lumínica vai reducir a produción primaria do fitoplancto e por tanto do ecosistema mariño.

Por esta razón, relaciónase aos bloom de fitoplancto, coa produción de nubes na atmosfera.

Algo parecido observouse coa expedición SOFEX de fertilización do fitoplancto con ferro, no que observaron que as concentracións de DMS aumentaran 4 veces con respecto á zona non fertilizada.

Na seguinte imaxe podemos ver un bloom de fitoplancto.

Coccolithophorids in the Bering Sea – NASA Visible Earth
Sensor OrbView-2/SeaWiFS — Visualization Date 1998-04-25

Un intento de explicación do proceso

No seguinte vídeo, realizado polo Colectivo Axena, pódese ver como de forma experimental van fabricar unha nube”.

Cunha bomba sen carga extráese o aire do matraz que contén unha pequena cantidade de auga, para formar desa forma vapor de auga.

Posteriormente vaise engadir partículas de fósforo que están nun misto, para engadilas a un matraz e no que se vai a formar unha nube.

O fósforo actúa como núcleo de condensación para as partículas da nube, xa que o vapor de auga agrégase ás partículas do vapor de auga.

Fabricando una nube from Axena on Vimeo.

Regulación natural

Crese que a liberación do DMS é unha especie de sistema de regulación atmosférica, xa que a produción de DMS está relacionada coa temperatura da auga e a formación de nubes.

Cando hai unha gran produción de DMS, fórmanse nubes, increméntase o efecto albedo e redúcese a radiación solar que incide sobre o océano, polo que ademais de baixar a temperatura do océano, tamén se reduce a produción de algas unicelulares e por tanto do DMSP formado polas propias algas.

Podes votar a noticia en Bitácoras.

Máis información

– González J.M , Pedrós-Alió C. y Gasol J.P. Plancton bacteriano de los océanos. INVESTIGACION Y CIENCIA, diciembre, 2008 – PDF

– Thomas M.A. et al. Quantification of DMS aerosol-cloud-climate interactions using the ECHAM5-HAMMOZ model in a current climate scenario. Atmos. Chem. Phys., 10, 7425–7438, 2010 www.atmos-chem-phys.net/10/7425/2010/ – doi:10.5194/acp-10-7425-2010

– Katina Bucher Norris – Dimethylsulfide Emission: Climate Control by Marine Algae?

El bloom de los Haptophyta y la fijación de CO2.

Actividad solar, biota terrestre y cambio climático

¿De dónde vienen las nubes?

Corales, algas y formación de nubes

La danza de las nubes del fitoplancton

The science behind that fresh seaside smell

Relacionan a organismos marinos y cambio climático

– Noaa – Oceanic Dimethylsulfide (DMS) and Climate

– Whoi – DMS: The Climate Gas You’ve Never Heard Of

– Wikipedia – Sulfuro de dimetilo y las nubes

– Wikipedia – Cloud condensation nuclei

El papel del Sulfuro de dimetilo (DMS) en la regulación climática a escala global.

Emiliania huxleyi Home Page

Universität Bremen – Coccolithophores

¿Influye realmente la biosfera en el clima?

– Copley, J. All at sea. Nature 415, 572-574 (7 February 2002) | doi:10.1038/415572a

– Courtland, R. Phytoplankton responding to climate change [Home page]. Nature News. 17/04/2008.

– Hays et al. Climate change and marine plankton. TRENDS in Ecology and Evolution Vol.20 No.6 June 2005 (PDF)

– Kipinä S. Effect of UV-B radiation on DMSP contents of the coccolithophond Emiliania huxleyi. http://irs.ub.rug.nl/dbi/4ca3240ac0ec1

– Sallie W. Chisholm, Paul G. Falkowski, John J. Cullen. OCEANS: Dis-Crediting Ocean Fertilization. Science. 12/10/2001; Vol. 294. no. 5541 (pp. 309 – 310). Disponible en: SCIENCE

Possible dependence between the total solar irradiance and dimethylsulphide

– Temario de Biodiversidade de Prantas non Vasculares. Universidade de Vigo.

Written by ar

Xaneiro 31st, 2011 at 9:17 p.m.

Como manipular, con Sinde nun titular

without comments

En el día de hoy, El confidencial, publica un “artículo de investigación” en el que cuenta con todo lujo de detalles el supuesto “viaje privado a Israel” previa parada en Miami, de la Ministra de Cultura. Lo malo de hacer un artículo de investigación, es no contrastar las fuentes y manipular la realidad.

Máis en Ciencias y Cosas – Vía Menéame

Written by ar

Maio 3rd, 2010 at 10:07 p.m.

¿Onde radica a perigosidade da gripe A?

without comments

Versión en castellano, aquí

É certo, que a gravidade da gripe é leve polo que se pode ver nos casos que se están dando, xa que se curan como unha gripe estacional, pero hai cousas que se nos esquecen que son os rápidos casos de expansión do virus (cousa que non ocorre cunha gripe estacional), rápida mutación do virus e as franxas de idade ás que afecta con maior gravidade (persoas novas).

A diferenza da gripe común, a gripe pandémica afecta máis aos menores de 50 anos, xa que polo que parece, cos estudos de inmunidade desenvolvidos a partir dos cultivos do virus, os nados anteriormente a 1957 puideron ter contacto co último virus H1N1 coñecido e gozan de certa inmunidade.

Podemos ver, como nas franxas de idade comprendidas entre os 0 anos e os 49 anos, a incidencia da gripe A, é maior, como podemos observar a franxa de idade 18-49, como na gripe A afecta a un 31% de poboación, mentres que unha gripe estacional típica de cada outono non chega ao 20%.

Gripe A

Gripe común

É certo, que cada ano, a gripe común afecta a millóns de persoas e cada inverno morren miles e miles de persoas, pero unha das peligosidades da gripe A, radica en que a maior incidencia reside en persoas novas e sen problemas de saúde aparentes, mentres que a gripe común, incide sobre persoas maiores co sistema inmune debilitado.

En canto ao número de mortes que ocorren cada día, un 40% das mortes, son de persoas sen problemas anteriores, e aínda que hai un 60% de mortes con persoas con patoloxías anteriores, dese 60%, sobre un 35-40% son mortes agravadas pola existencia da gripe, agravando o estado do sistema inmune, xa que sen a gripe A, non morrían.

Coa gripe estacional, é bastante raro, casos nos que unha familia enteira contaxiásense de gripe estacional, mentres que coa gripe A, déronse casos de grupos de familia e oficinas con máis de 20 persoas que quedaron infectados (sendo casos leves), pero infectados a un mesmo tempo.

Durante o período no que México, estivo “sen entradas nen saídas”, moitos gobernos como Cuba e Arxentina, decidiron pechar fronteiras, pero aos poucos días, xa tiñan casos de brotes neses países que estaban pechados baixo sete chaves contra a gripe e en moi poucos días, había casos de gripe noutras partes do globo, tan distantes como Hong Kong. O virus da Gripe A, en seis semanas percorreu a mesma distancia que outros virus en seis meses.

Ademais, a gripe A, ten unha capacidade de mutación moi elevada.

A gripe A (H1N1) de 2009 é unha pandemia causada por unha variante do Influenzavirus A de orixe porcino (subtipo H1N1). O 30 de abril de 2009 a Organización Mundial da Saúde (OMS) decidiu denominala gripe A (H1N1).

Esta é unha descrición do virus en que a letra A designa a familia dos virus da gripe humana e da dalgúns animais como porcos e aves e as letras H e N (Hemaglutininas e Neuraminidases) corresponden ás proteínas.

A variante do Influenzavirus A de orixe porcino, é Virus ARN monocatenario negativo, e precisamente son os virus de tipo ARN, os máis perigosos, así como que a cepa de H1N1 parece ser leve ata o momento, con moitas persoas infectadas recuperándose ata sen tratamento, pero o problema da mutación e moi gorda, será se o virus H1N1 logra mutar co H5N1 da gripe aviaria que ten taxa de mortalidade entre 60% e 70%.

Como ben conta Manuel Sánchez da UMH:

O xenoma do virus da gripe está composto de oito cadeas ou segmentos de RNA monocatenario de polaridade negativa.

Cun total aproximado de 13.600 bases é capaz de codificar para dez proteínas, aínda que se descubriu recentemente que algunhas cepas producen a proteína PB1-F2 que induce apoptosis na célula hóspede.

Os 8 segmentos de RNA coas proteínas que codifican cada un son de diferente función e tipo.

O feito de que o xenoma do virus este fragmentado permite un gran intercambio de xenes no caso de que dous cepas distintas infecten a mesma célula simultáneamente. Desa forma pódense xerar novas cepas.

E isto pode suceder máis dunha vez co que un pode acabar atopándose a algo parecido ao actual virus da gripe A (H1N1) no que, cos diferentes illados secuenciados, identificáronse achegas de ata catro virus gripais distintos.

Ao parecer a nova cepa é o resultado dunha recombinación de dúas cepas de virus da gripe porcina, un norteamericano e outro europeo que estiveron circulando independentemente durante máis de 10 anos antes de mesturarse e dar o salto aos humanos.

Pero á súa vez a cepa norteamericana era o produto dunha recombinación anterior sucedida fai 10 anos e que portaba unha cadea PB2 de orixe aviar e unha cadea PB1 de orixe humana detectada por primeira vez en 1993.

De momento hai sorte en que o virus é bastante estable xeneticamente e sería fácil de producir unha vacina.


Con todo, non axudou, a existencia de noticias, nas que diferentes farmacéuticas e gobernos compraron Tamiflu en cantidades elevadas e excesivas, debido á gripe porcina de fai uns anos, pero hai algo que se obvia, xa que o Tamiflu non é efectivo contra a gripe A xa que o virus H1N1 é moi resistente, e a única solución é unha vacina que aínda non está en funcionamento, xa que aínda está en estudo.


Tampouco axuda, as noticias alarmistas, de partidos políticos queixándose de que non se vacine a toda a poboación ou xornalistas e columnistas (de esquerda e de dereita) reconvertidos en mestres da Microbioloxía que cren saber máis que todo o mundo, simplemente centrándose en que se unha empresa estaba con problemas económicos…

Parece que o mal, que afecta a España, no que todo o mundo é doutor honoris causa, de calquera temática, sen ter nin idea do que fala contaxiouse ao resto do mundo.

Matando ás células tumorais

without comments

Científicos do MIT de Massachusetts logran reproducir células en laboratorio que permiten a creación de novos tumores trala quimioterapia.

Un grupo de científicos estadounidenses acaban de escribir unha nova páxina na investigación contra o cancro ao achar un composto, capaz de eliminar única e exclusivamente a estas células, o salinomycin, xa que un dos problemas da quimioterapia é que un mecanismo xeral que non entende entre células boas e células malas.

Fotografía de RTVE

Este composto, que se emprega na cría de polos nas granxas para evitar enfermidades, seleccionado entre máis de 16.000, logra matar non só células nai canceríxenas producidas en laboratorio, senón aquelas que crecen de forma natural.

De feito, comparado co fármaco de quimioterapia máis común para o cancro de mama -o tipo de cancro que se estudou- o salinomycin multiplica por 100 o número de células nai mortas en ratos e ata é capaz de reducir o tamaño do tumor.

¿Esta noticia significa que xa está solucionado o cancro de mama?

NON. Esta noticia significa, que lograron descrifrar a ruta para poder atacar dunha forma eficaz o cancro de mama, a dose necesaria e o compoñente necesario. É certo que de aquí a que se poida aplicar a nivel xeral, pasarán como pouco 5 anos, xa que o que se logrou son probas positivas en ratos, pero é un avance do 70%.

Tampouco significa que sexa o tratamento definitivo, se non, que é un avance, pero un avance que equivale a anos e anos de investigación.

Ademais, esta noticia, se sae adiante, significará unha redución notable no tempo de convalecencia da enferma, algo que psicológicamente é moi importante tanto para ela como para a familia e especialmente, que se reduza o dano a tecidos sans, algo que a actual quimioterapia non asegura, xa que ao ser amplo espectro, ataca a todo.

Por certo, a modo de explicación, ¿que é a quimioterapia?

Máis info en Nature y RTVE