Ciencias

Enerxías renovables, bioloxía, ciencias, política, historia, opinións…

Archive for the ‘informática’ Category

Unha perda para a cultura Galega

without comments

Hoxe anunciouse a perda de dous medios de información en Galego como son Vieiros e o portal de novas Chuza!. Ambos medios, con temáticas diversas, eran parte do referente cultural e do internet en Galego. Unha ventá aberta ó exterior en galego que marchan “até sempre” como dicía Vieiros.

Até sempre

Hoxe, 24 de xullo de 2010 e véspera do Día Nacional, Vieiros pecha logo de 15 anos de ilusión e esforzo por manter o medio que sempre soñaramos.

Nacemos cando a rede galega estaba aínda en cueiros e ningún medio do país estaba na web. Tivemos a mesma forma de entender Galiza que aquela revista homónima do exilio liderada por Luís Soto: un país moderno e aberto ao mundo, sen complexos e con todo o futuro por diante.

Vieiros foi desde o comezo unha iniciativa aberta e independente, que pretendeu abeirar a toda a comunidade de galegos alí onde estiveren, na crenza de que Galiza non é só un territorio, senón tamén un espazo de comunicación. E nese espazo, Vieiros converteuse no cerne de múltiples proxectos, tanto propios como alleos. Do seu impulso xurdiu o primeiro especial electoral on-line (Eleccións Galegas de 1997), a primeira ciber-charla cun persoeiro (Isaac Díaz Pardo), o primeiro vocabulario sexual realizado coa colaboración dos lectores, a primeira experiencia de creación literaria en rede (Por conto alleo, de Camilo Franco), ou a creación de ‘A Polo Ghit’, o primeiro concurso da canción galega do verán.

Como punto de referencia dos internautas galegos no mundo, Vieiros chegou a ter até máis de trinta correspondentes-colaboradores en diferentes lugares do mundo: desde Gotemburgo a Nova York pasando por Bos Aires e O Bierzo . Asemade, deulle abeiro a colectivos e outras publicacións, como o IGADI, Tempos Novos, Canal Ciencia, Federación Ecoloxista Galega ou Irimia.

Mais foi o labor informativo diario o que consolidou Vieiros como medio de referencia da Internet galega, sobre todo a partir do Prestige, cando -cun esforzo informativo sen precedentes- acompañamos a resposta social diante da catástrofe mentres a meirande parte dos medios maioritarios miraban cara a outro lado.

Sen embargo, e a pesar dos seus máis de 20.000 lectores diarios, Vieiros nunca foi un medio rendible e necesitaba absorber parte dos recursos necesarios para sobrevivir dunha empresa do mesmo accionariado.

En xuño de 2009, nunha situación de aparente bonanza económica no seo das dúas empresas, unha auditoría externa desvelou irregularidades económicas e administrativas de extrema gravidade, cuxa responsabilidade foi asumida por escrito polo daquela xerente e apoderado das empresas, Óscar Martínez, quen terá que responder diante da xustiza.

Este proceso levou ao peche da outra empresa e de forma inmediata deseñouse xunto cos traballadores un plan de viabilidade para salvar Vieiros, cousa que non foi posible dada a gravidade da situación, á que houbo que sumarlle o duro golpe da crise económica.

Foi pois un ano moi difícil no que empresa e traballadores intentamos de todos os xeitos manter acesa a estrela de Vieiros, pero chegou a hora de renderse.

Neste momento, só resta darlles as grazas a todos os lectores, aos que creron neste proxecto, colaboraron nel e puxeron o seu grao de area para que outro xornalismo galego fose posible. E moi especialmente aos traballadores e aos opinadores, pola súa entrega e compromiso inesgotable.

Foi un pracer. Até sempre.

Lois Rodríguez, editor de Vieiros

EDITORIAL
Un país normal

A crise que se está a vivir revela a febleza do noso sistema mediático (o que aposta polo uso normal do idioma), a pesar dos titánicos esfozos dos seus editores.

Os medios en galego viviron e viven fundamentalmente da publicidade e convenios institucionais e en moita menor medida do escaso mais valioso apoio privado. A aposta pola publicidade en galego e en medios en galego ainda non callou nas nosas empresas. A situación na prensa noutras linguas non é moi diferente, e en maior ou menor grao, o apoio das administracións é decisivo para a súa supervivencia. Pero os nosos medios son máis novos, con menos capacidade empresarial e máis febles ca outros sistemas mediáticos que acumulan décadas (cando non séculos) de experiencia ás súas costas.

Se a lingua é o principal eixo sobre o que vira a nosa identidade, o apoio aos medios que intentan que sexa unha ferramenta cotián debería ser unha cuestión estratéxica de calquera poder público, chámese este Xunta, Deputacións ou Concellos. A realidade, cando xa logo van tres décadas da nosa Autonomía, foi e é ben outra.

Nin os primeiros executivos propios, nin a longa etapa Fraga, nin o bipartito, nin aínda menos o actual Goberno amosaron interese en favorecer un espazo real para o florecemento dos medios privados en galego. Mais tamén é certo que de todos é a responsabilidade última. Non sermos quen de construír medios fortes que sexan o espello dun país máis dono e orgulloso do seu, non é máis que o reflexo no cristal da nosa realidade como sociedade.

Houbo e hai iniciativas que intentan facer normal o que é anormal. Sen dúbida o mellor exemplo son os xornais e publicacións que comparten a Asociación de Medios en Galego. Constituída en 2004, esta entidade procura consolidar un espazo comunicativo empresarial e profesionalizado na nosa lingua. Eis o pulso case heroico que seguen a manter medios imprescindíbeis como A Nosa Terra, Terra Cha Xa, A Peneira, Galicia Hoxe, O Sil, De Luns a Venres ou Tempos Novos. Tarefa de todos é soprar para que esta agra sexa cada vez máis vizosa, un alicerce fundamental para conseguir a arela de sermos un país normal.

Independencia, creatividade e esplendor

No limiar da edición facsimilar do Vieiros de México (1959-1968), publicada por Edicións A Nosa Terra, Margarita Ledo principiaba: “Estás tocando galego, como decisión de sermos independentes, criativos e esplendorosos”. A histórica publicación da que collemos o nome procurou unha Galiza moderna, aberta a Portugal, feita desde o exilio e a emigración para unha comunidade única de galegos no mundo. Esa foi a arela que tiveron aqueles visionarios (Luís Soto, Carlos Velo, Florencio Delgado…). É unha forma de entender Galiza, de pensar o país dun xeito moderno, ecléctico e desacomplexado. Foi a base editorial do actual Vieiros.

Manter esa liña e o noso labor informativo diario consolidounos como referente. O seguimento da crise do Prestige pode ser un exemplo paradigmático, Vieiros, espremendo ao máximo os seus limitados recursos abriu unha fenda nun contexto de forte presión censora. Esa forma de facer, aplicable a moitos máis casos, foi o espirito do que nunca desfalecemos.

Dedicámonos asimesmo a abrir o campo de xogo, demos voz a todas as sensibilidades dunha sociedade plural que compartía a arela de defender e facer avanzar o país. Nel sempre estivemos centrados, tanto editorial como formalmente, pensando o mundo desde aquí.

Vieiros optou desde os seus comezos por converterse no medio de comunicación dunha sociedade que estaba por vir, pero que un día chegaremos a ser. Camiñar cara a realidade na que nos gustaría vivir implica non deixarse controlar. A nosa radical independencia trouxo custos. Vivimos nun país cun escaso nivel de cultura democrática, cun quefacer informativo moi centrado en persoas no canto de ideas ou procesos. Informar desde esa postura independente e poñer ideas enriba da mesa provocou problemas, incomprensións e mesmo ataques desde todas as opcións ideolóxicas.

Pero tamén é xusto dicir que neste camiño gañamos moitos amigos e moitos parabéns. Aquí sempre atoparon abeiro todas aquelas persoas e entidades que buscasen un espazo aberto, plural, normalizador, independente e en galego. Sempre cremos que entre todos, sexan de quen sexan, con repecto e esforzos compartidos, é como vai avanzar o país.

Ao longo destes quince anos, o editor e todos os que aquí traballaron, especialmente os directores Daniel, Rocío, Anxo, María e Ramón, así como Roberto, o xefe de redacción, e os xornalistas que até aquí chegamos, compartimos a idea de que este medio se tiña que ir facendo en colaboración con opinadores e lectores. E así foi, mesmo contando con personalidades tan plurais, demos conseguido manter unha liña editorial clara ao longo do tempo e realizar un xornal que moito máis que dunha ou outra persoa foi un logro colectivo. Esa foi a nosa máis rendíbel aposta pola creatividade.

A maiores desta, esplendor e independencia, foi o que intentamos achegar a uns lectores que coma ti son creativos, respectuosos, ilusionados, críticos e solidarios, en definitiva, esplendorosos e independentes, e agardamos ter aberto novas rutas para que o país, algún día, tamén o sexa.

Unha mágoa, porque ademais de Chuza!, tamén pecha Vieiros, un referente histórico durante 15 anos na información en Galego na internet, no que tiñan acollida todas as posturas políticas.

No tema de Chuza, vai ó peche, máis pola falla de tempo do seu creador, Berto Yáñez, que polos usuarios. Como ben comentaba un xOsse, na nova da chuzada

O Boicoz acabou con chuza! Si, esa é a miña conclusión. Nin sequera a entrevista do administrador se permitiu levar a portada…,

Logo a escasa presenza dos blogs escritos en galego, a discriminación do blogomillo botou daquí a moitos blogueiros,… En fin.

Berto, poderías aclarar cales son as asociacións que rexeitaron continuar o proxecto?

Ou galeguzo

Não procuremos responsáveis ao feche. Manter Chuza não é só meter dinheiro, é também fazer um pouco de moderador, atender queixas dos usuários, fazer de ‘mecânico’… Nem todo o mundo tem a capacidade nem a paciência, e menos se não vê possibilidades de rendimento, difíceis sobretudo no contexto de crise.

E como se comentou antes, a internet galega tem ainda muitos micro-espaços que podem servir como viveiro de criatividade…

… e queda-nos o Facebook 😉

Comi dizia Vixia, há, acima de tudo, uma Galiza não virtual, mas real. Neste Festigal podemos aproveitar para vê-la e começar a preparar o futuro.

Obrigado por me ajudares a topar tanta boa gente, Chuza. Obrigado pola tua grande generosidade, Berto.

Ou Casdeiro

Eu xa hai anos, nos tempos de Arredemo, falara cun persoeiro que traballa para La Coz pero que aínda así moito fai pola cultura galega (cada quen que adiviñe…) sobre a necesidade de unirmos forzas.

Se algún día damos superado o castrismo social dos galegos (nada que ver con Fidel: falo de cada un no seu castro, e que se fodan os que machaquen os romanos), poderíamos analizar a maneira de crear unha infraestrutura humana, técnica e económica autoxestionada e autosuficiente ao máximo, que dea acubillo a todos os proxectos online non lucrativos culturais e sociais galegos.

Sego a pensar firmemente que é o camiño, se algo disto ten que server para algo.

Teño os meus apuntamentos e reflexións sobre esta leria nalgures e estou disposto a compartir ideas cando queirades e poidamos.

E Vixia

O importante de Chuza! é que é referente e punto de encontro de numerosas iniciativas e perspectivas en clave galega. Abranxe novas de todos os aspectos. Non é apenas unha parte de todo iso, tenta acollelo todo. Así que, se non ten continuidade Chuza! como tal, eu non quero substituílo por unha desas parcelas, que merecen todo o respeito. Interésame un proxecto galego amplo, para todos, ou sexa un proxecto nacional.

Igual ca publicidade aínda se podería aguantar un pouquechiño máis ou…unha mágoa.

Unha tristura de nova para os usuarios da rede galegos, porque súmase a morte doutro medio non fai moito como era Gznación e agora Vieiros e Chuza!, os dous medios, xustamente a véspera do día da Patria.

Chuza pecha

Dende hai meses, e por múltiples circunstancias, o mantemento de chuza fíxose cada vez máis complexo para min. Despois de avaliar moitas opcións decidín deixar este proxecto e ofrecer a súa xestión a determidadas asociacións e entidades que crin adecuadas para darlle continuidade.

Ninguén puido facerse cargo, polo que decidin que era o momento de poñerlle fin a chuza. E mañá é un día como calquera outro.

Chuza e, nomeadamente, outros medios históricos que desaparecen esta finde, deixan un oco importante niso que chamamos moitas veces rede galega. Pero os ocos están para enchelos. Todo o que queda a partir de agora é mellorar.

Moitas grazas por todos estes anos de colaboración.

Preguntas:

* Porque non me ofreciche chuza a min? Eu queria seguir co proxecto!!
Ben, o traspaso dunha web é algo máis complexo que pasar un contrasinal. Cando decidín que a miña etapa de administrador de chuza remataba, escollín varias organizacións e entidades que consideraba adecuadas para a continuidade e centreime nesas. Pero sempre podes coller o código fonte de chuza ou, case mellor, do menéame orixinal e montar a túa propia rede.

* Como vai ser o peche?
(actualizado) Será o 25 de xullo ás 23:59. Apagarase o servidor web. Non haberá arquivo online incialmente. Traballarase en publicar unha versión estática e reducida do arquivo. (Ver este chio)

Uns apuntamentos sobre a subida de impostos

without comments

*Versión en catelán, picando acó

Aprobouse este sábado unha batería de subidas de impostos a pesar da situación de recesión económica e de contracción do consumo, co obxectivo de conter e reducir o déficit público desde o 10% sobre o PIB actual, uns 100.000 millóns de euros.

Hai dous partes.

Subida de Impostos

Supresión da dedución dos 400 euros no IRPF.

Pero non quedaramos en que as deducións eran malas malísimas? Supostamente una das críticas que realizou no momento da medida, era que beneficiaba tamén aos ricos. Pois xa ten a masa o que pedía. Total, como moitos o vían como unha bobada…pois dúas cuncas.

– Subida do imposto ás Rendas do Capital: aquí entran toda clase de rendementos xerados por depósitos, fondos de investimento, plans, accións, bonos? O incremento da tributación será progresivo: os primeiros 6.000 euros xerados tributan ao 19% (vs 18% actual), en tanto que o resto sobe tres puntos, até o 21% (vs 18% actual). Con esta medida podería recadar até 800 millóns máis.

Xa se lles toca ás SICAV. Supoño que estarán contentos os que pedían subidas aos ricos, que me parece totalmente correcto, pero o problema será ver si eses ricos que tributaban en España, iranse a outros países con 0% como Luxemburgo.

IVE xeral: os impostos sobre o valor engadido (IVE) dos produtos de consumo subirá do 16% actual até o 18%.

– IVE reducido: o imposto para os produtos básicos, coñecido como superreducido, do 4% non se toca. O superreducido do 7%, sobe ao 8%.

Desta maneira incentívase o consumo até o día do aumento, algo que había proposto o BBVA hai un tempo. É unha medida valente, que fixeron en Portugal e Alemaña hai poucos anos, aínda que coa situación de soidade que ten o goberno nestes momentos, afectaralle electoralmente.

A baixada do IVE e o estímulo da economía non é tan real.

Portugal subiu 6 puntos de golpe hai uns anos cando estaban nunha situación peor á que ten España e o consumo non estivo afectado e con soldos a metade de aquí.

En canto aos países, que baixaron de forma temporal como Reino Unido; até o 15%, será durante este ano, xa que para o ano que vén será do 17%.

En Alemaña e Portugal hai medidas para reducir o IVE, pero aínda que o reducisen, sería aínda máis alto que o Español, e son medidas electorais.

Por certo, esta é unha medida que a leva pedindo a UE desde hai anos, xa que ten uns dos tipos impositivos máis baixos da UE (o cuarto pola cola), cando o xeral é un 18%-20% mesmo en países con menores salarios como a República Checa cun 19% ou Portugal cun 20%.

Aínda coa subida, España seguirá estando á cola de impostos, tendo por detrás a Chipre (15%), Luxemburgo (15%), Reino Unido (17,5%).

Baixadas

Baixa o Imposto de Sociedades (empresas): Esta medida podería restar até 700 millóns de euros á recadación. Redúcese en cinco puntos o imposto de sociedades a empresas con menos de 25 traballadores que manteñan ou aumenten estes empregos e teñan unha cifra de negocio inferior a 5 millóns de euros. Así mesmo adóptase unha medida similar no IRPF para os traballadores autónomos que manteñan ou creen emprego.

Debemos de lembrar que máis do 80% do emprego, é xerado por pequenas e medianas empresas e realizarase en empresas que non despidan, co que se mantén o emprego e favorecerá a algunhas para contratar.

Por certo, o PP dirá algo disto? Acabará omitíndoo

– O gasto do Estado: os orzamentos do Estado tamén conteñen un recorte os gastos do Estado, situaranse nos 185.249 millóns de euros, un 3,9% menos que en 2009.

Xa estarán contentos moitos dos que pedían recorte de gasto.

Reflexión

Si quérense uns servizos como Finlandia, necesítanse uns impostos; aínda que ninguén queira pagalos e daquela todo o mundo queira sanidade gratis, educación gratis, estradas públicas…

E como din os suecos

Nom é um segredo que os suecos adoram seu estado do bem-estar social, mas um novo estudo amossa que eles estam mais que dispostos a aceitar impostos mais altos para o financiar. Segundo um estudo o 90% dos suecos preferem alta qualidade e bem-estar social a impostos mais baixos; eles preferem pagar impostos mais altos para ter melhor sistema sanitário, melhores escolas e cuidados aos maiores. (the local.se –  vía chuza)

Written by ar

Setembro 27th, 2009 at 12:21 p.m.

BlogDay 2009

with 2 comments

Co gallo do día do blogday aproveitamos para felicitar a todos os blogueiras e blogueiras e para recomendar a lectura de 5 blogs, que consideramos de interese.

Capítulo 0, un dos blogues referenciais en galego, escrito por Manuel Gago, nun blogue, onde mestúrase comunicación, con viaxes, gastronomía, viños, comunicación…

Con los pobres de la tierra, escrito polo xornalista Vicente Romero de TVE, seguramente, un dos poucos bos xornalistas en temas de reportaxes que quedan nese ente público xunto a galega Ángela Rodicio.

Revolución Energética (Helios y Eolos) feito por Xavier Cugat, onde cada pouco, amósanos un pouco das realidades das Enerxías Renovables e desmitificacións dos mitos de que as renovables non son rendibles, ou que dependemos da Nuclear…

Intentando Cambiar el Mundo, curiosidades e anotacións, sobre o mundo da minería e relacionados, escrito por unha estudante de Minería da Universidade de León.

Strange Maps, amósanos mapas estanos, curiosos…aínda que a pega é que estea en Inglés. Existe a súa alternativa en fala castelá, de Fronteras Blog, que aínda que teñen a temática da xeografía, fronteras, estuda máis curiosidades de países ou lugares con fronteiras de por medio.

– Aínda que son 5 blogs os do BlogDay, recomendaremos outro máis. Fotonikka, feito polo usuario cantro de menéame, no que podemos ver fotografías, pequenos relatos, rutas turísticas (e fermosas mulleres)

¿Recomendarías algún blogue máis? Deixa un comentario.

¿Qué marca de portátiles é mellor?

without comments

Apple MacBook and Sony VAIO

Fotografía en Flickr de isz

Á hora, de elixir entre diferentes marcas de portátiles, podemos atoparnos diferentes gamas de prezos e especialmente diferentes gamas de calidades; tanto a nivel exterior como interior.

Polo tanto, diferenciaremos,  tres gamas cualitativas: gama alta, media e baixa:

* Gama alta:

– Sony VAIO

Teñen portátiles de gran calidade, para moitos mellores que os Apple, pero son caros, cuns magníficos acabados, así como un bo servizo técnico; algo moi importante á hora de comprar un portátil e o que é máis importante, teñen unhas boas calidades internas.

– Apple MacBook

Quizais, dos portátiles máis caros, pero tamén dos de máis calidade e de mellor asistencia postventa. Non empregan Windows, aínda que si se pode instalar co que os portátiles de Apple estarían nun principio, máis destinados a usuarios un pouco avanzados.

– Asus

Cando comezaron, fabricaban placas base e na actualidade realizan case todo o proceso de fabricación de todas as pezas.

O seu servizo postventa, é moi bo, aínda que os seus prezos bastante altos, pero tamén a súa calidade, é das mellores.

* Gama media:

– Toshiba

Quizais unha das marcas máis coñecidas, a súa calidade é media alta; aínda que segundo a gama que compremos, temos diferentes calidades. As series Tecra e Quosmio, son das mellores; cunha calidade alta; aunuqe tamén máis caros, mentres que a serie Satellite, é unha gama media, pero cunhas boas calidades.

En canto ao seu servizo técnico, é dos mellores, en canto a rapidez e prezos.

– HP/Compaq

HP comprou Compaq no 2002, e aínda que seguen fabricando ordenadores por separado. Os ordenadores adoitan ser idénticos, adoitan ter modelos idénticos que únicamente diferéncianse na parte exterior. Son bos, aínda que nalgúns casos caros.

Compaq está revivindo un novo rexuvenecer, xa que fai uns anos era bastante raro atopalos. De todos os xeitos, os HP son unha opción bastante recomendable.

Dell

O maior fabricante de ordenadores do mundo, con máquinas excelentes en canto a robustez e unha boa calidade prezo; generalmente podendo configuralos á hora de pedilos (non se adoitan vender en tendas, salvo nalgunhas grandes superficies nalgunhas ocasións).

En canto aos problemas de baterías que tiveron fai anos, xa está solucionado.

– Samsung

As calidades dos portátiles Samsung, están ascendendo desde fai tempo, con portátiles de boa calidade tanto en acabados como en pezas.

– IBM/Lenovo

Pouco logo da compra de IBM por Lenovo, apareceron muchísimos Lenovo polas tendas, aínda que na actualidade é bastante complicado atopalos.

A súa calidade é media, con acabados normais…

– Fujitsu-Siemens

Xuntáronse en 1999, e caracterízanse por fabrican ordenadores que cumpren os estándares ecolóxicos e do medio ambiente, así como ter ordenadores que veñen con SO Libre de fábrica, con calidades medias, pero que tamén son unha boa opción.

* Gama baixa:

– Acer/EMachines

Son dos máis vendidos, así como dos máis ofertados, debido ao seu baixo prezo; xa que son dos máis baratos, pero os portátiles de ACER son os portátiles de peor calidade; que aínda que teñen uns acabados medios, as súas pezas son das peores, dando problemas sempre e o servizo técnico é dos peores, podendo chegar a estar esperando 2 meses por algunha peza.

Hai moita xente que di que non lle dan problemas, pero unha vez abres un ACER, non che explicas como non lle deu problemas antes.

Así mesmo, teñen a segunda marca EMachines, que aínda é máis barata, pero aínda máis mala.

– Portátiles clónicos

A diferenza dos sobremesa, salvo en moi contadas ocasións, os portátiles clónicos non son unha boa opción, debido a un acabado generalmente feo, con múltiples problemas e gran parte dos fabricantes non producen compoñentes por separado para eses portátiles.

Fai uns anos, era habitual nas franquicias de informática, atopar portátiles clónicos, aínda que hoxe en día, é bastante raro atopalos á venda, salvo os BEEP, pero a súa calidade é mínima

De todos os xeitos, existe a posibilidade de que compremos un portátil moi bo e acábenos dando problemas, pero xeralmente a calidade vai unida ao prezo.

Written by ar

Agosto 15th, 2009 at 12:21 a.m.

Melloras en OpenOffice 3.10 con respecto ós seus predecesores

without comments

A suite ofimática de código aberto, alcanzou a versión 3.1.0, e con ela chegan bastantes melloras con respecto aos seus predecesoras.

Fun un apaixonado de OpenOffice nas súas primeiras versións, xusto cando saíu, debido a que era gratis e era ideal para ordenadores con poucos recursos de memoria e espazo no disco duro xa que era moi sinxelo.

Con todo conforme foron lanzando novas versións, OpenOffice foi diminuíndo a súa calidade, ata ser insufrible en moitas ocasións, con constantes problemas nos gráficos e especialmente o relacionado cos tempos de carga que era insufribles.

Á hora de abrir os documentos, por exemplo un de 50 páxinas con imaxes e gráficos tardaba preto de 40 segundos segundo ía cargando, amentas que un con Word 2007 cunha maior cantidade de páxinas e tamén con imaxes e gráficos facíase de inmediato, por non falar das súas constantes caídas, algo que MS Office dáballe mil voltas, malia o que poida parecer vindo de Microsoft.

Polo que vemos, a versión 3.1 chega cargada de novas características, como son antialising de fontes e gráficos en todos os programas.

Ademais inclúese unha mellor visualización do arrastre de obxectos grazas á súa representación semitransparente mentres os movemos. A iso únese unha mellora no aspecto de xeración de gráficas en Calc e corrección gramatical en Writer.

O control multimedia das presentacións, a xestión de macros en Base e a adición do coloreado segundo sintaxe no editor SQL, ao mais puro estilo editor HTML, son algunhas das funcións incluídas.

Vantaxes

Maior rapidez contra as súas predecesores, tanto á hora de cargar de forma inicial como á hora de cargar arquivos; especialmente arquivos grandes.

Non ocupa un excesivo espazo no disco duro. Moito menos espazo, do que ocupa MS Office.

Segue sendo o mellor para ordenadores sinxelos en canto a memoria e disco duro, así como para usuarios que só piden funcionalidades básicas.

– Á hora de instalalo, no escritorio instálase unha icona, a partir do cal podes elixir todas as opcións de OpenOffice sen necesidade de ter varios iconas no escritorio (un para cada programa).

Desvantaxes

O tempo de carga é excesivo, especialmente en presentacións.

Actívase un lanzador (a icona xunto ao reloxo), que non poden moverse a outra localización.

– Para usuarios avanzados que necesiten unha elevada cantidade de funcionalidades, MS Office segue sendo mellor.

Conclusión

Víronse avances importantes e de enorme relevancia, pero aínda lle queda para parecerse a MS Office 2007.

Agora, se o que queremos é un office sinxelo e que calquera o poida manexar, perfecto.
Pero se necesitamos un pouco de funcionalidades, segue sendo MS Office.

Descarga de OpenOffice en todos os idiomas posibles e todas as plataformas posibles, aquí. (posibilidade de descargalo en Galego)

Máis info en Superalumnos