Ten algún perigo para a saúde a construción do ATC?
Coa polémica que se formou coa elección dos lugares que aspiran á construción do ATC (Almacén Temporal Centralizado), diferentes grupos ecoloxistas esgrimiron entre os seus argumentos un suposto perigo que levaría o ATC para a saúde humana. Existe perigo para a saúde humana? NON. En realidade o único perigo existente é a ignorancia e o medo que se inculca aos cidadáns para rexeitalo, pero tampouco é a panacea.
Almacén temporal de residuos de Borssele (Holanda) - Fotografía de Radio Nederland Wereldomroep
O pasado 23 de xuño, o Consello de Ministros aprobou o VI Plan Xeral de Residuos Radioactivos (PGRR), no que se destaca a prioridade da construción dun Almacén Temporal Centralizado (ATC), para albergar o combustible gastado das centrais nucleares e outros materiais procedentes do desmantelamento das mesmas.
Na actualidade unha parte gárdanse nas propias centrais e outra parte é enviada a Francia cun custo de preto de 40.000 euros diarios, pero chegará un momento onde non se poida albergar máis residuos nas centrais. Estímase que para 2013 a central de Ascó non poida albergar máis residuos nas súas piscinas.
Para a construción abriuse un prazo de solicitudes para ser sedes nas que pór o ATC, coa consecuente contrapartida económica algo clave para pobos pequenos e que perden poboación a un ritmo constante.
A construción do ATC supón un investimento total de 700 millóns de euros e, ademais, o municipio que o albergue recibiría 2,4 millóns de euros anuais do Estado, xa que a Empresa Nacional de Residuos Radioactivos (Enresa) entregará un total de 6 millóns de euros anuais que se dividirán da seguinte forma: un 40 por cento para o municipio (2,4 millóns) e un 60 por cento (3,6 millóns de euros) para o resto de municipios da contorna, é dicir, aqueles que se atopen na área nuclear que comprende doce quilómetros á redonda da localización final do ATC.
Na elección do emprazamento, participa, unha Comisión Interministerial que está encargada de remitir ao Goberno a proposta de emprazamento do ATC, tendo presente na selección do municipio elixido múltiples factores loxísticos, socioeconómicos e ambientais, así como os estudos xeolóxicos e hidroxeolóxicos dos terreos, que aseguren a estabilidade estrutural da instalación e a estanquidade hidroxeolóxica dos residuos.
O ATC español estará deseñado para un período máximo de 100 anos, espazo de tempo en que se deben implementar os estudos xeolóxicos e radiolóxicos necesarios para abordar o Almacén Xeolóxico Profundo (AGP), autentica solución definitiva para a xestión dos residuos nucleares de alta actividade.
Na actualidade xa funciona un AGP en México, no que se albergan os residuos de Estados Unidos, pero en España desde hai tempo están a analizarse diferentes emprazamentos.
O modelo de ATC español, será igual ao existente na poboación de Borssele (Holanda), aínda que cunha capacidade 10 veces maior.
HABOG, siglas que en holandés se corresponden a las españolas ATC, ha sido diseñado a prueba de terremotos de grado 6, inundaciones, explosiones de gas licuado, huracanes o al choque de un avión F-16.
El impacto radiológico "sería nulo" en caso de que ocurrieran cualquiera de esos fenómenos, ha asegurado el responsable de COVRA, quien ha explicado que los muros exteriores de hormigón armado tienen 1,70 metros de espesor.
El almacén, que está en funcionamiento desde 2003, está ubicado en Borsselle, una localidad de unos 20.000 habitantes, que alberga también la única central nuclear en funcionamiento de Holanda, además de una central térmica, otra de carbón, una fábrica de aluminio y una planta de fosfatos.Habog tiene capacidad para albergar entre 600 y 700 toneladas de residuos radiactivos y está dividido en tres secciones: la recepción, donde son recibidos los residuos que llegan en ferrocarril o en camión; el área de tratamiento y el almacén propiamente dicho, en el que permanecerán los residuos durante un periodo de cien años.
Perigos para a saúde?
Nun principio, debemos de dicir que NON existe ningún perigo para a saúde humana pola instalación do ATC, a diferenza dunha central nuclear que si representa un perigo debido a posibles accidentes (a URSS ten un bo historial de accidentes en centrais) e por danos ao ecosistema, mentres que co ATC os perigos son mínimos.
Non hai ningún estudo que demostre o perigo para a saúde do ATC e en realidade son moitísimo máis perigosos os residuos que existen na fosa Atlántica, que durante os anos 80 foron lanzados ao mar polos holandeses e ingleses.
La primera expedición contra los vertidos nucleares en la fosa atlántica se realizó en 1981 en el "Xurelo" con 14 personas a bordo. X. Castro - Faro de Vigo
Os residuos foron lanzados en bidóns metálicos con cemento e en diferentes estudos a mediados dos 90 demostrouse que o substrato da costa galega estaba contaminada pola radioactividade procedente dos residuos.
E se alguén pensa que eran 4 bidóns está equivocado porque eran preto de 140.000 toneladas de residuos nucleares que se atopan desde hai 27 anos a 300 millas de Fisterra, na “Fosa Atlántica”, que son unha auténtica bomba de reloxaría que nos pode explotar en nada e os galegos non tivemos a oportunidade de dicir non.
Aínda que con todo, tamén debemos de dicir que pode representar algún problema o transporte até o lugar onde se poña o ATC, pero é un risco similar ao que existe na actualidade co traslado dos residuos a Francia.
Estamos de acordo que a Enerxía nuclear ten os seus riscos e a longo prazo é mala, pero iso é outro tema. Que facemos cos residuos que se xeran na actualidade? Mandámolos ao fondo do Atlántico como os holandeses?
Iso é algo que nunca din as organizacións ecoloxistas e neste momento o ATC é a única medida posible, porque a alternativa é mandalo a Francia (pasámoslle o marrón a outro)
O único perigo que ten o ATC, é o medo da poboación inducido por organizacións contrarias á enerxía nuclear e que non valoran consecuentemente todas as alternativas.
PD: Se alguén pensa que son un pronuclear, nada diso xa que me parece unha enerxía daniña para os ecosistemas e con problemas a longo prazo, pero con todo, estou concienciado que o ATC é algo que non queda máis remedio que facelo.
Máis información en 1 - 2 - 3 - 4 - 5 - 6 - 7 - 8 - 9 - - 10 - 11


























